Calendario
Info da proba

Santiago - San Silvestre

31/12/2021 17:00 - 18:00
Regulamento REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados (para os cales realizarase una
licenza de día) haberá unha soa clasificación conxunta. Todos O control técnico das
carreiras estará a cargo do Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2. A SAÍDA da proba será a partir das 17:00 horas desde a Avenida de Xoan XXIII. A
zona de meta estará ubicada na Praza do Obradoiro.
3. A idade mínima para poder tomar parte na proba será a de aqueles atletas nados/as no
ano 2009. Os atletas menores de esa idade non poderán participar na proba, a
organización non se fará responsable deles.
4. CATEGORIAS E HORARIOS
Nesta edición de 2021, haberá caixóns de saída segundo a normativa Covid-19 vixente,
agrupados en grupos de 300 personas. A saída farase coa mascarilla posta e só poderá
baixarse una vez se obteña a distancia interpersoal de seguridade de 1,5 metros despois
de ser efectuada a saída do seu correspondente caixón.
Publicarase de xeito previo un horario de saídas por caixóns e a composición dos
mesmos. O horario das probas será o seguinte:
CATEGORÍA ANOS DE
NACEMENTO DISTANCIA HORA
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ESCOLARES
do 2004 ó 2009
5 km
homologados
pola RFEA
A partir das
17:00 h
SAN SILVESTRE POPULAR
CATEGORÍA ADULTOS
2003 e anteriores
5 km
homologados
pola RFEA
A partir das
17:00 h
A ENTREGA DE PREMIOS SERÁ ÁS 18:15 HORAS APROX.
5. LUGAR DE SAÍDA E META
A saida de todas as probas realizarase desde a Avenida de Xoan XIII.
A meta será na Praza do Obradoiro.
6. INSCRICIÓNS
As inscricións poderán realizarse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com e
www.atletismo.gal, con data límite o luns 27 de decembro ás 22:00 horas.
Deberán cubrir o formulario cos datos requiridos e finalizar o proceso de inscrición
(poderán consultar o listado provisional de inscritos en ditas webs).
Establecerase un límite de 2000 inscritos na proba. Unha vez chegada a esa cifra
pecharase a inscrición.
CAIXÓNS SAN SILVESTRE:
Os caixóns de competición faranse por orde de marcas na distancia, e no caso de non existir,
faranse por orde aleatorio establecido previamente.
Esta medida farase para realizar de xeito máis fluído a saída da proba e respectar o protocolo
Coivd-19 vixente no día da proba (saídas de 300 coa mascarilla posta).
PREZOS E PRAZOS DA INSCRICIÓN
 CATEGORÍA ESCOLARES e ADULTOS: 3 €
* O pago da inscrición poderá realizarse pola pasarela de pago da páxina web
www.carreirasgalegas.com .
Para calquera dúbida co proceso de inscrición poderán poñerse en contacto co
teléfono 981 291 683 (Federación Galega de Atletismo), ou no em@il
info@carreirasgalegas.com.
Teléfonos de información xeral da proba:
981 291 683 / 981 528 730
Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin se admitirán inscricións o
día da proba.
PREMIOS E AGASALLOS
SAN SILVESTRE:
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría adultos (5 km
homologados pola RFEA).
Trofeo para as/ós 3 primeiros/as clasificados/as da categoría escolares (5 km
homologados pola RFEA).
Premio participación ao club de atletismo federado feminino con máis
participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación ao club de atletismo federado masculino con máis
participantes ADULTOS nas probas.
Premio participación ao grupo popular con máis participantes na proba
(deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación a EMPRESA con máis participantes na proba (deberán
reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio participación ao Centro Deportivo ou Ximnasio con máis participantes
na proba (deberán reflexar o mesmo nome na inscrición).
Premio ao mellor disfraz de grupo (mínimo 3 integrantes).
Premio aos 3 mellores disfraces individuais.
7. RECOLLIDA DE DORSAIS
Para a recolida de dorsais será necesaria a presentación do certificado Covid-19
(admitirase a presentación a través de smartphone, tablet ou similares) ou un test de
antíxenos ou PCR feitos cunha antelación máxima de 72 horas antes da
competición.
A recollida de dorsais realizarase nos seguintes prazos:
 LUGAR: Centro Comercial As Cancelas
 Horarios e días:
 29 de decembro de 16:00 a 20:30 horas
 30 de decembro de 11:00 a 20:30 horas
 31 de decembro de 11:00 a 15:00 horas
NON SE ENTREGARAN DORSAIS NA PRAZA DO OBRADOIRO
Na proba todos atletas correrán cun chip que irá situado na parte traseira do dorsal que
non poderá manipularse. Permitirase correr disfrazado, pero o dorsal deberá levarse de
xeito visible na zona anterior do corpo.
8. CIRCUITO
A proba disputarase sobre un circuito de 5 km en ruta homologados pola Real
Federación Española de Atletismo e as marcas pasarán ao ranking galego e
nacional na distancia. O circuito estará publicado nas web
www.carreirasgalegas.com e www.atletismo.gal.
A saída será na Avenida de Xoan XXIII e a meta será na Praza do Obradoiro.
9. Todo o non recollido no presente regulamento rexerase pola normativa de probas
en ruta da FGA e da RFEA en vigor.
10. A Organización resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento. A participación nas probas
suporá a total aceptación deste Regulamento.
Queda totalmente prohibido correr na proba sen estar previamente inscrito.
Prégase precaución na proba polo alto volumen de participantes na mesma. A
seguridade é o primeiro
11. Protocolo Covid-19
Aplicarase o protocolo Covid-19 vixente o día da proba, feito que será comunicado
previamente por email a todos/as os/as participantes.
A proba poderá ser suspendida ou alterada se as circunstancias sanitarias así o
aconsellan.
12. OUTRAS CONSIDERACIÓNS:
RESPONSABILIDADE
A organización non se fará responsable dos danos que puidesen causar ou causarse os
participantes por imprudencias ou neglixencias destes. Igualmente, o participante declara,
baixo a súa responsabilidade, terse realizado o oportuno recoñecemento médico que lle
permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, eximindo á organización da
devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá as
incidencias inherentes á proba.