Calendario
Info da proba

Ares-Mugardos-Ares

26/12/2021 11:00 - 12:30
Regulamento XVI CARREIRA DE FIN DE ANO
Regulamento da Proba:
“ XVI Carreira de fin de ano 2021 Ares-Mugardos-Ares”
• DATA: 26 DE DECEMBRO DE 2021. Proba incluída no calendario da FGA
• HORARIO: Saída ás 11 da mañá do pavillón polideportivo municipal de Ares.
• LUGAR: Acreditacións e meta no Pavillón polideportivo de Ares.
• DISTANCIA A PERCORRER: 10 km.(non homologados)
• IDADE: Ter cumpridos 16 anos na data da proba.
• CLASIFICACIÓN: A clasificación e a cronometraxe será electrónica e apoiada polo
Comité galego de xuíces. Farase unha clasificación xeral única.
• INSCRICIÓNS : Ate as 23:59 do 21 de decembro na pasarela
http://www.carreirasgalegas.com realizando un pago de 4 € . Número máximo de prazas 500.
Retirada de dorsais o xoves 23 de 8:00 a 13:30 e 16:00 a 22:00 o venres 24 de decembro de
8:00 a 13:00 no Complexo acuático do Castro e e o propio día da proba no pavillón
polideportivo de Ares de 9:00 a 10:30. A retirada do dorsal será a confirmación da asistencia á
proba. A entrega de dorsais aos atletas federados farase a un representante do seu club de
forma conxunta.
PERCORRIDO:Ares-Mugardos-Ares.
Ás 10’50 horas concentración previa a presaída da proba na rúa Celso Emilio Ferreiro en Ares,
dende a saída faise un percorrido polo casco urbano, Avenida de Mugardos, Rúa San Simón,
Rúa María, Paseo marítimo, Avenida Saavedra Meneses, Avenida Federico García Exposito,
Avenida de Mugardos, AC-130, Rúa dos Corzás, Avenida de Galicia, rúa San Telmo, Rúa Alta,
Rúa do Cristo, Rúados Corzás e logo dirección Ares (AC-130), entrase na vila de Ares pola
Avenida de Mugardos e menta na Rúa Celso Emilio Ferreiro.
Tempo máximo de control da chegada 75’ logo da saída. Avituallamento sólido e líquido para
todas as persoas participantes ao chegar á meta. Por cuestións alleas á organización como
obras públicas ou privadas poderá haber pequenas variacións no circuíto descrito. Durante
toda a carreira o tráfico estará restrinxido e todos os cruces controlados por policía e
protección civil debendo os participantes atender as súas indicacións.
O tempo estimado da proba é de entre 31 min e 70 min.
Ao remate da carreira farase unha clasificación xeral por tempos nunha categoría única. Todas
as persoas participantes que rematen a proba participaran no sorteo de 10 cestas do Nadal.
As dúbidas e interpretación das normas serán resoltas segundo a normativa en vigor da FGA
para probas de estas características.
A cobertura do seguro de accidentes deportivos non cubre patoloxías nin lesións anteriores ou
alleas á proba sendo responsabilidade de cada participante a cobertura das mesmas así como
o de estar nas condicións físicas axeitadas para realizar a proba.
Protocolo COVID-19
A organización establece para esta edición un protocolo COVID específico nun documento
elaborado expresamente titulado PROTOCOLO ANTI COVID19
• Organizan: Concellos de Mugardos e Ares e a Federación Galega de Atletismo