Calendario
Info da proba

Carreira

08/12/2021 10:00 - 11:30
Regulamento II CRONOESCALADA A PÉ PEDRA DA RÁ
A ANPA de Carreira patrocina e organiza coa colaboración do Concello de
Ribeira , o martes 8 de decembro de 2021, a partires das 10 horas, a II
CRONOESCALADA A PÉ PEDRA DA RÁ.
Tódolos cartos recaudados irán destinados para as ANPAS DOS
COLEXIOS DE CARREIRA , para material contra o Covid 19.
A saída terá lugar dende a CAPELA DA NOSA SEÑORA DA GUÍA e a meta
será na PEDRA DA RÁ cunha distancia de 7.200 km, por camiños de terra
nun 94% do recorrido, totalmente marcado e señalizado.
REGULAMENTO
1-Poderán participar todas as persoas que o desexen cun límite de 100
inscritos e maiores de 18 anos.
2-A saída dos participantes será ás 10 horas cun 30 segundos de
diferencia , entre cada 2 participantes. A saída será na capela Virxe da
Guía.
3-Habilitarase unha zona de quencemento restrinxido ó tráfico, dende a
zona da saída.
4- Correrán unha distancia de 7.200 metros .
5-Trofeo aos 3 mellores tempos na categoría masculina.
-Trofeo aos 3 mellores tempos na categoría feminina.
-Trofeo ao clube máis numeroso.
-Entregaránse agasallo conmemorativas a tódolos participantes que
finalicen a proba.
6-As inscricións realizaránse en galitiming ata o día 5 de decembro ás 00
horas cun custe de 6 euros.
7-Por motivos de seguridade do covid 19 ,non haberá duchas nin entrega
de trofeos e os gañadores absolutos recibirarán os trofeos por correo.
8-Tódolos corredores deberán levar mascarilla ata o momento da saída.
9-Tódolos participantes deben recoñecer estar en perfecto estado físico
e de saúde ó realizar a inscrición e no momento da proba.
10-Tódolos participantes ao chegar á meta terán que voltar por conta
propia ata o seu destino. Habilitarase un circuito alternativo para chegar
ata o punto de saída e así facilitar o regreso.
11-A organización resérvase o dereito de modificar a data e horario da
proba se fose necesario.
Colaboran :AAVV DE CARREIRA, ANPA DE CARREIRA, CONSTRUCCIONES
AGUIÑO, BAR TENERIFE, ESCUELA DE BOXEO EL CANARIO, PODIUM
SPORT, AROUSA NEO, PROTECCION CIVIL E POLICIA LOCAL DE RIBEIRA.