Calendario
Info da proba

Foz

24/12/2021 17:00 - 18:00
Regulamento 1. DATA:
A Run Foz Run en colaboración co Club Atletismo Ría de Foz e o Concello de Foz organizan a V Edición
da RUN FOZ RUN o día 24 de Decembro de 2021.
2. PARTICIPANTES:
Poderán participar na categoría absoluta todas aquelas persoas nacidas dende o ano 2005 (incluído) que
o desexen, sempre que estean inscritas nos prazos e formas establecidos ao efecto pola Organización.
O evento desenvolverase en tres fases diferenciadas, andaina cun máximo de 100 participantes, carreiras
de categorías inferiores cun máximo de 50 atletas por categoría e a proba absoluta que terá un cupo
máximo de 300 participantes. A organización resérvase 50 prazas a maiores para deportistas
convidados/as.
A Organización asignará os dorsáis de saída en función da marca indicada que confirme o/a inscrito/a no
formulario de inscrición. Non poñer marca suporá a asignación automática por parte da Organización.
3. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN:
Quen participe comprométese a aceptar o presente regulamento e calquer posible modificación
4. INSCRICIÓNS:
En ningún caso de van aceptar inscricións fora de prazo.
A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o importe da inscrición en ningún
caso salvo baixa médica acreditada presentada antes do 14 de DECEMBRO (incluído) e enviada a
atletismoriadefoz@gmail.com En caso contrario, non se fará o reembolso.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Os/as deportistas Terán que portar obrigatoriamente un dorsal no peito en todo momento, sen dobrar
nin ocultar, ben visible. Recomendamos recoller o dorsal o XOVES 23/12 en horario de tarde para evitar
aglomeracións innecesarias. Posibilidades de recollida de dorsais:
• Presencialmente o día anterior á proba; XOVES 23/12/2021 en horario de 17 a 19h no CENIMA de
Foz, situado Travesía da Travesía Riveira, 4. (Zona de saída e meta).
• Excepcionalmente o día da proba na zona de saída, na carpa da Organización en horario de 10:00h a
13:00h e de 15:00h a 16:30h, situado Travesía da Travesía Riveira, 4. (Zona de saída e meta).
6. SINATURA DE ACREDITACIÓN DE ESTADO DE SAÚDE:
Cada atleta deberá presentar un documento que atopara ao final deste reglamento, nos Anexos, para
indicar que nos 10 días previos non percibiu en si mesmo síntomas compatibles co COVID19. Terá que
cubrilo e asinalo e entregando este documento impreso á hora de recoller o dorsal ou na entrada á zona
de presaída (incluso poderá facelo antes de iniciar o quecemento). Importante: Sen a entrega do
documento non se poderá participar no evento.
7. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS:
Para evitar aglomeracións de xente, e para cumprir os protocolos de seguridade establecidos, en ningún
caso se entregarán dorsais o día da proba despois das 16:30 horas. Lamentamos os inconvenientes que
se poidan ocasionar e pregamos comprensión e responsabilidade. Lembramos as vías para a recollida de
dorsais:
• Presencialmente o día anterior á proba; XOVES 23/12/2021 en horario de 17 a 19h no CENIMA de
Foz, situado Travesía da Travesía Riveira, 4. (Zona de saída e meta).
• Excepcionalmente o día da proba na zona de saída, na carpa da Organización en horario de 10:00h a
13:00h e de 15:00h a 16:30h, situado Travesía da Travesía Riveira, 4. (Zona de saída e meta).
8. ESTACIONAMENTO RECOMENDADO:
Establécense tres zonas de Estacionamento recomendado para os/as atletas:
 En azul: entrada por Camiño vello, Rúa Ru Curbeiro. Parking en Zona do Peirao (Rua Asteleiros).
 En verde: entrada por Avda. Asturias, Rúa Lugo. Parking en Zona Avda. Valle Inclán.
 En naranja: Parking en Zona Paseo de Colón e Avda. Cantábrico.
9. ZONA DE QUENCEMENTO:
Se recomenda o uso de máscara durante o quecemento, en especial cando non se poda garantir a
distancia interpersoal, que durante o quecemento a de ser superior a 5mts.
O quencemento poderá facerse oficialmente na zona da dársena do Porto de Foz, sempre circulando
pola dereita de calquera carril (ver imaxe ilustrativa) e cumprindo a
normativa en vigor en referencia á mascara, á distancia de seguridade
entre deportistas e á hixiene de mans.
Volvemos ter gardarroupa, polo que cada persoa poderá deixar o seu
equipamento persoal antes de entrar na zona de presaída, ainda que
recomendamos que cada un o deixe a unha persoa convivinte…
10. PRESAÍDA E SAÍDA:
Todos os deportistas terán que presentarse á porta da zona de presaída exactamente 10 minutos antes
da súa saída para ser ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de persoas.
Os dorsáis asignaranse atendendo á orde de marcas acreditadas polos atletas á hora de inscribirse, sendo
os mais rápidos os dorsáis 1, 2, 3, 4 …. e os menos rápidos os dorsáis … 296, 297, 298, 299, 300.
VOLTAMOS ÁS SAÍDAS CONXUNTAS. Os atletas serán colocados en filas de 10 en 10 atletas e deberán
portar a máscara os primeiros 200m de carreira, a partir do punto marcado poderán sacala e gardala ou
depositala no lixo no punto indicado. So se dará unha única saída para todos os atletas absolutos ás
17:00h
As saídas de categorías inferiores serán coa mesma dinámica. Os atletas, serán colocados en filas de 10
e darase unha única saída excepto na categoría pícaros que se farán duas series.
Todos os atletas da categoría absoluta terán un tempo máximo de 45 minutos para rematar a proba,
podendo facelo, si exceden ese tempo, baixo a súa responsabilidade.
Para a andaina popular farase unha única saída ás 12:00h o día 24 de Decembro e recorrerán un circuito
urbano e novidoso de 8 km. Sempre irá encabezando a marcha un voluntario da organización e outro
cerrará o grupo. Ao finalizar a andaina os participantes terán dereito a un avituallamento líquido e sólido
que recollerán na zona de meta.
11. ARBITRAXE DURANTE A CARREIRA:
A proba forma parte do calendario CHAMPIONCHIPNORTE. Haberá persoal encargado de controlar o
cumprimento do protocolo ao longo de todo o percorrido identificados/as e conectados/as por teléfono
cun Control Organizativo de Penalizacións Central (COPC). A maiores haberá dúas persoas identificadas
en moto que tamén actuarán sen previo aviso, e se as circunstancias así o requiren, ao longo de todo o
circuíto.
No caso de producirse calquer incidencia deberase comunicar ao voluntario mais próximo. Se os
voluntarios ou xuíces interpretan algún tipo de mal comportamento ou incumprimento do protocolo
covid, e do presente regulamento, avisarán ao atleta cun cartón amarelo. Se se reitera a incidencia
amosarase un cartón vermello e deberá abandonar a proba.
12.PENALIZACIÓNS E DESCUALIFICACIÓNS:
Será obrigatorio cumprir o protocolo COVID19 para o desenvolvemento da proba, publicado na web
https://championchipnorte.com/
Todo/a aquel/a que non o cumpra poderá ser descualificado (incluso antes de comezar a competición).
Non se permite:
 Incumplir o protocolo COVID da proba.
 Non levar axeitadamente o dorsal no peito, e/ou o chip oficial de control de tempos.
 Non realizar o percorrido completo.
 Manifestar un mal estado físico evidente.
 Manifestar un comportamento non deportivo coa Organización, cos outros deportistas ou co
público, facendo protestas maleducadas, ou se reitere en protestas inxustificadas ante a
Organización.
O persoal de Organización, está facultado para retirar xustificadamente da carreira a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico evidente. Todo/a aquel/a corredor/a descualificado/a deberá retirar o
seu dorsal e abandonar o circuíto inmediatamente.
13.SERVIZOS E SEGURO DE ACCIDENTES:
Todas as persoas participantes estarán cubertas cunha póliza de “Seguro de Responsabilidade Civil” e de
accidentes. Contaremos coa axuda de efectivos de Policía Local e de Protección Civil, ademáis dos
voluntarios propios da organización.
14.CHIP DE CRONOMETRAXE:
A Organización poderá Establecer controis de cronometraxe “alfombras” de chips por todo o percorrido
co propósito de verificar que todos os/as atletas cobren a totalidade do percorrido no mesmo sentido
da carreira. É obrigatorio pasar por enriba das alfombras de cronometraxe dispostas ao longo do
percorrido. Os atletas que non teñan todos os rexistros na orde axeitada serán descualificados.
Todo aquel atleta que utilice o chip de cronometraxe de alquiler (cor blanca), debe devolvelo ao
finalizar o evento nos puntos facilitados pola organización. A non devolución, perda ou deterioro do
mesmo poderá supoñer un pago de 5€ como penalización depois de 15 días desde a celebración do
evento.
15.PERSONAS NON INSCRITAS:
Toda aquela persoa que corra sen estar inscrita, faino baixo a súa responsabilidade e non estará cuberta
pola Organización, considerando que pon en risco ao evento debido á actual situación sanitaria. Se é
advertida a súa presenza se lle instará a abandonar o circuito e serán requeridos os seus datos persoais.
16.RECLAMACIÓNS:
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao responsable técnico do evento, non mais tarde de
30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados, presentando o DNI.
18.PREMIACIÓN:
A cerimonia de entrega de premios da V Run Foz Run Nadal 2021 efectuarase a partir das 17:45h na zona
de meta. Os/as atletas con dereito aos premios deberán estar presentes na mesma, podendo delegar
noutra persoa. Se non estivese presente ao inicio do acto, entenderase que renuncia ao premio.
Recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as individuáis das seguintes categorías:
 BENXAMÍN FEM: Anos 2012 -2013
 BENXAMIN MAS: Anos 2012 -2013
 ALEVÍN FEM: Anos 2010 - 2011
 ALEVÍN MAS: Anos 2010 - 2011
 INFANTIL FEM: Anos 2008 - 2009
 INFANTIL MAS: Anos 2008 - 2009
 CADETE FEM: Anos 2006 - 2007
 CADETE MAS: Anos 2006 - 2007
 CATEGORÍA SENIOR FEM: desde 2005 ata 1987.
 CATEGORÍA SENIOR MAS: desde 2005 ata 1987.
 CATEGORÍA MÁSTER A FEM: desde 1986 ata 1976.
 CATEGORÍA MÁSTER A MAS: desde 1986 ata 1976.
 CATEGORÍA MÁSTER B FEM: desde 1975 ata 1966.
 CATEGORÍA MÁSTER B MAS: desde 1975 ata 1966.
 CATEGORÍA MÁSTER C FEM: 1965 en diante.
 CATEGORÍA MÁSTER C MAS: 1965 en diante.
 Recibirán premios os/as tres primeiros/as clasificados nauráis de FOZ.
Os/as tres primeiros/as clasificados/as individuáis da xeral masculina e feminina tamén levarán un
premio pola clasificación ABSOLUTA. A zona de entrega de premios terá o perímetro completamente
pechado e para acceder a ela é imprescindible o uso da mascarilla. Só poderán permanecer nesta zona
os deportistas con dereito a premio, as autoridades que fagan as entregas, e o persoal de staff e
voluntariado necesario para a entrega.
19.AVITUALLAMENTO/OUTROS:
Todos/as os/as inscritos gozarán dun avituallamento líquido e sólido ao finalizar o evento, ademáis da
bolsa do corredor. Haberá a disposición dos atletas colectores de lixo polo que agradecemos que ao
rematar depositen o lixo neles.
Este ano, debido ás circunstancias non haberá nin servizo de fisioterapia, nin duchas, nin zona de espera,
nin cambiadores. Unha vez rematada a carreira, os/as deportistas deberán abandonar a zona de
competición o antes posible para evitar aglomeracións innecesarias.
Outras informacións:
 A V Run Foz Run Nadal celebrarase o 24 de Decembro de 2021.
 Tomarase a temperatura aos atletas antes de entrar na zona de presaída.
 A inscrición abrirase o día 20 de Outubro de 2021 e pecharase o día 20 de Decembro as 23:59h.
Non se admitirán inscricións fora de prazo.
 O custo da inscrición para a carreira Absoluta será o seguinte, dependendo do tramo:
o Do 20 de Outubro ao 19 de Novembro. Inscripción bonificada de 5€.
o Do 20 de Novembro ao 15 de Decembro 7€.
o Do 16 de Decembro ao 20 de Decembro Inscripción última hora 10€ se quedan prazas
libres.