Calendario
Info da proba

Neda - Volta a Ría de Ferrol

12/12/2021 10:00 - 12:30
Regulamento Artigo 1. Organizadores
1.1 - O Concello de Neda, en colaboración cos Concellos de Fene, Ferrol e Narón,
organiza a XXXV edición da carreira de media maratón “Memorial Adolfo Ros - Volta á
Ría”. As probas terán lugar o día 12 de decembro de 2021.
1.2 - A Organización contará coa axuda da Garda Civil de Tráfico e da Policía Municipal
dos catro Concellos, que regularán o tránsito ao longo do percorrido.
1.3 - Así mesmo actuarán como colaboradores habilitados pola organización, as
agrupacións de Protección Civil dos catro Concellos citados, así como algunha outra
entidade de voluntarios doutros concellos aos que se solicite colaboración no caso de
ser necesario.
Artigo 2.- Percorrido e duración
2.1 - A saída e a chegada terán lugar na Rúa Camiño do Regeiro.
2.2 - O percorrido será de media maratón (distancia non homologada) 21.000 metros
aproximadamente sobre asfalto, e discorrerá polos concellos de Neda, Fene, Ferrol e
Narón.
2.3 - A proba está incluída no calendario da Federación Galega de Atletismo.
2.4 - O percorrido estará sinalizado como mínimo cada 5 kms.
2.5 - No percorrido estableceranse controis, así como postos de avituallamento
situados nos Concellos de Fene; Narón, Ferrol e Neda situados nos quilómetros 5, 10,
15 e 20 aproximadamente.
2.6 - Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio.
2.7 - O control de chegada pecharase unha hora
Artigo 3.- Participantes
3.1 - A proba está aberta a todos os atletas, federados ou non, sen distinción de sexo.
3.2 - En calquera caso poderán participar na media maratón os/as nacidos/as no ano
2003 e anteriores. Para as categorías de menores, estableceranse probas de menor
distancia.
Artigo 4.- Condicións de participación e inscricións
4.1 - Unha inscrición é válida cando a persoa participante enche o boletín de inscrición
a través da web: www.carreirasgalegas.com e realice o pago da inscrición.
Poderanse realizar inscricións ata o venres 3 de decembro 2021 ás 23:59 horas.
4.2 - Os corredores na súa inscrición deberán acreditar marca na distancia de media
maratón.
4.3- Aqueles que se inscriban máis dunha vez, inducindo a posible erro á Organización,
quedarán descualificados.
4.4 - A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se admitirán devolucións,
baixo ningunha causa, do importe da inscrición
4.5- Os participantes comprométense a:
• Aceptar estritamente tódolos artigos do presente regulamento.
• Aceptar as posibles modificacións da proba ás que a organización se vexa
obrigada por causas alleas á súa vontade.
4.6 - Todos os corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet. Mediante a inscrición
o corredor consinte expresamente que os seus datos sexan empregados pola
organización para comunicacións acerca da súa actividade. En todo caso e tal e como
establece a Lei de Protección da datos, o interesado pode exercer os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante un escrito ou correo
electrónico: correo@neda.gal ou ben nas oficinas do Concello de Neda, Av. Algeciras nº
34, 15510 - Neda.
4.7 - Para ás categorías absolutas establecerase un número máximo de 1.000
participantes, e para ás de menores 50 participantes por categoría.
4.8 - A organización resérvase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non acepte
os termos e condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En
caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida neste, estarase ao que
dispoña a organización.
Descualificacións: O servizo médico da competición e os xuíces árbitros están
facultados para retirar da carreira a:
• Calquera atleta que manifeste un mal estado físico
• Todo/a atleta que non realice o percorrido completo
• Todo/a atleta que non teña dorsal ou non o leve visible, dobre ou manipule a
publicidade ou o fotocopie.
• Todo/a atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se retire en
protestas ante a organización, á marxe do estipulado no apartado de
reclamacións.
4.9 - Condicións para as cadeiras de rodas e Handbikes:
• As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
• Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran
deseñadas para a actividade de atletismo.
• Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores
toquen o chan durante a carreira.
• Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás
regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á
cadeira.
• Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante
toda a carreira.
• O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre
as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
4.110odos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía
identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún
atleta con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá
participar na proba, por motivos de seguridade.
• Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía
deberá estar por detrás del.
• O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser
dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben
correr sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa
ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de
polo menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor
poderá recibir instrucións verbais do guía.
• Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
• O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle
impulso. A infracción suporá a descualificación.
• Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o
guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
Artigo 5.- Categorías
5.1 – Categorías Absolutas
• Sub 20: Nacidos/as no 2002 e 2003
• Sub 23: Nacidos/as no 1999, 2000 e 2001
• Sénior : Nacidos/as en 1998 ata 1986
• Máster A : Nacidos/as en 1985 ata 1980
• Máster B : Nacidos/as en 1979 ata 1971
• Máster C: Nacidos/as en 1970 ata 1961
• Máster D: Nacidos/as 1960 e anteriores
• Cadeira de rodas *
• Handbike*
• Invidentes*
* Considéranse categorías non oficiais da F.G.A
5.2 – Categorías de menores
• Sub 18: Nados/as no 2004 / 2005
• Sub 16: Nados/as no 2006 / 2007
• Sub 14: Nados/as no 2008 / 2009
• Sub 12: Nados/as no 2010 / 2011
• Sub 10: Nados/as no 2012 / 2013
• Sub 8: Nados/as no 2014 / 2015
Artigo 6.- Custo da inscrición
6.1 Para inscribirse na proba (media maratón), as persoas participantes deberán pagar
a cantidade de 4 €
6.2- As inscricións para as carreiras de menores serán gratuítas
Artigo 7.- Retirada de dorsal.
7.1 - Retirada de chip e dorsal
-Venres 10 de decembro: 16:00-19:00 no Centro Cívico de Neda*
-Sábado 11 de decembro: 10:00-12:00 no Centro Cívico de Neda*
-Domingo 12 de decembro: 9:00-9:30 no Centro Cívico de Neda*
*Centro Cívico Neda: Rúa Xeneral Morgado, 15510 Neda, A Coruña
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da
participación, debendo por tanto, recoller os dorsais persoalmente.
Xunto con a recollida do dorsal procederase a cubrir por cada participante o modelo de
declaración reponsable fronte a COVID-19.
Artigo 8.- Probas para menores
A continuación da saída da carreira absoluta terá lugar a saída das carreiras de
categorías menores, discorrendo polo concello de Neda cos mesmos puntos de saída e
chegada que a carreira principal, cos seguintes percorridos e distancias:
CATEGORÍAS SAÍDA DISTANCIAS
Sub 18 e Sub 16 A partir das 10:00 4.000 mts
Sub 14 e Sub 12 A partir das 10:00 2.000 mts
Sub 10 A partir das 10:00 1.000 mts
Sub 8 A partir das 10:00 800 mts
Artigo 9.- Premios
9.1 - As clasificación publicaranse inmediatamente despois de finalizar a proba na Web
da entidade cronometradora.
9.2 - Haberá trofeos para:
• Gañador e gañadora absoluta da proba.
• Tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos da
clasificación xeral da proba absoluta residentes en calquera dos catro
concellos organizadores ( Narón, Neda, Fene e Ferrol )
• Tres primeiros clasificados de cada categoría, masculina e feminina,
tanto absoluta como de menores.
9.3 - Todos os participantes que obtivesen algún premio deberán presentar algún
documento de identidade (DNI ou pasaporte) que acredite a data de nacemento do
premiado así como a súa residencia en calquera dos catro Concellos (Narón, Neda,
Fene e Ferrol) no caso de obter premio por clasificación para residentes nos concellos
organizadores.
A non presentación deste documento supón a non entrega do premio
9.4 - A entrega de trofeos terá lugar ás 13:00 horas no pavillón Municipal de San Isidro
(Lugar San Isidro nº1, 15510 Neda). Os/As premiados/as deberán estar no lugar
indicado 15 minutos antes para axilizar a entrega de premios.
Artigo 10.- Control Técnico da proba
10.1 - A proba será controlada polo Comité Galego de Xuíces de Atletismo e rexerase
polas normas do Regulamento da IAAF. Tamén está incluída no Calendario Oficial da
Federación Galega de Atletismo.
10.2 – O Xuíz árbitro será designado pola F.G.A. para resolver calquera suceso de tipo
técnico, interpretando o regulamento da proba.
10.3- Os tempos tomaranse mediante sistema informático. Só terán validez os chips
persoais integrados no dorsal da carreira. O tempo de carreira só será rexistrado se a
persoa participante leva posto correctamente o chip, que irá integrado no dorsal.
10.4- O dorsal debe levarse na parte dianteira en lugar visible.
10.5 - Apelacións. As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse
verbalmente ó Xuíz Arbitro da Competición non mais tarde de 30 minutos despois da
publicación dos mesmos
Artigo 11.- Seguros
11.1 - A organización ten subscrito un Seguro Colectivo de Accidentes e
Responsabilidade Civil.
11.2 - A organización recomenda aos participantes que, con anterioridade á proba,
efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento
axeitado para as características desta competición.
11.3 - A Organización non se fará responsable dos danos morais ou materiais que
poidan sufrir os participantes antes, durante ou como consecuencia da súa
participación nesta proba.
Artigo 12.- Aceptación do regulamento
12.1- Os/As participantes aceptan cada un dos artigos deste regulamento e
comprométense a non anticiparse ao momento da saída e a cubrir a distancia completa
antes de cruzar a liña de meta.
12.2- Todos/as os/as participantes, polo feito de formalizar a inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización, ela mesma ou mediante terceiras entidades,
traten informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva, promocional ou
comercial, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba
mediante fotografías, vídeos, etc. De acordo co que estable a Lei orgánica 15/1999, do
13 de decembro, da protección de datos de carácter persoal, o/a participante poderá
exercer o seu dereito de acceso a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar
de forma parcial ou total o seu contido. Poderase exercer este dereito mediante un
escrito ou correo electrónico nas oficinas do Concello de Neda, Av. Algeciras nº 34,
15510 - Neda.
12.3 - Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición, o/a corredor/a consinte expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros
obrigatorios de Accidentes e Responsabilidade Civil, así como a xestión da licenza de
día e ranking popular de probas en ruta. En todo caso e tal e como establece a Lei de
protección de datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos de
acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo (Avda. Glasgow, Nº13. – 15008, A Coruña).
12.4 - A Organización poderá modificar o presente regulamento, sen previo aviso.
Igualmente resérvase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste Regulamento.