Calendario
Info da proba

Padrón

18/09/2021 9:30 - 12:30
Regulamento IV TRAIL VILA DE PADRÓN
“DESAFÍO VÉRTICE” 2021
MEDIDAS COVID19
A situación producida pola pandemia do COVID19, fixo que adoptemos unhas
medidas de seguridade, así como cambios na organización desta edición, que
son as seguintes:
1º- A proba será en semi-autosuficiencia, polo que cada participante deberá
portar os alimentos e líquidos que estime necesario.
A organización terá 1 avituallamento líquido no km 10 aprox. do trail longo
(km 2,5 do trail curto), no que só se encherán vasos ou botellas que porten os
corredores/as.
2º- Non existirán duchas ao finalizar aproba.
3º- Será obrigatorio levar máscara posta nos autobuses, no traslado á saída.
4º- A saída está por determinar como se fará: en bloque ou en grupos, con
máscara ou sen ela, etc, pero sempre seguindo o que marque o protocolo da
Federación Galega de Montañismo.
5º- Nos días previos á celebración da carreira informarase debidamente dos
lugares e circunstancias nas que poida ser obrigatorio o uso da máscara: na
saída, na meta, nos avituallamentos etc.
6º- Se a proba tivese que suspenderse polo COVID19, devolverase o importe
da inscrición.
7º- Por último, facemos unha chamada o sentidiño, mantendo todas estas
normas por tod@s.
Grazas.
1.- ORGANIZACION E TIPO DE PROBA
1.1.- O Club de Montaña Vértice, coa colaboración do Concello de Padrón e do
Concello de Teo, organiza o IV Trail Vila de Padrón “Desafío Vértice” 2021, que se
celebrará o día 18 de setembro do 2021, as 9:30 horas, con saída en A Agrela (Teo) e
chegada en Padrón (Paseo do Espolón).
1.2.- Tipo de proba.
Distancia Longa:
Modalidade competitiva cunha distancia de 21,5 km.
Desnivel positivo aproximado de 1.500 m e un desnivel acumulado de 3.300 m.
Dificultade física: alta
Dificultade técnica: alta
Hora de saída: 09:30
1 Avituallamento (líquido)
Punto de corte Carreira Longa:
O participante que sobrepase o tempo límite (3:00h desde a saída) no alto dos muíños
eólicos (Km 14,5), deberá coller un desvío de maneira obrigatoria, que o levará as
antenas do monte Meda, desde onde seguirán o trazado da proba como o resto de
participantes.
Distancia Curta:
Modalidade competitiva con unha distancia de 14 km.
Desnivel positivo aproximado de 700 m e un desnivel acumulado de 1.700 m.
Dificultade física: media
Dificultade técnica: media
1 Avituallamentos (líquido)
2.-PERCORRIDO
2.1.- O itinerario, con saída xunto á capela de Santa Ana, na aldea de A Agrela,
recorre os montes de Lampai en dirección ao monte Meda, coroando as cimas máis
importantes: Pena das Cruces, Pena de Agrela, Castelo de Roque e o Meda.
Todos os participantes será transportados en autobús desde Padrón ata a saída. Os
autobuses sairán as 08:30 do Campo do Souto (campo da feira).
Elevación máxima: 448 m
Elevación mínima: 13 m
Pendente máxima de subida: 40%
Pendente máxima de baixada: 41%
Distancia de asfalto acumulada: 0,7 km,s
3.- PROGRAMA
5 de setembro (sábado)

07:30 – Apertura dirección de carreira e comezo da entrega de dorsais.
(Paseo do Espolón, Padrón- Zona de Meta)
08:30 – Saída dos autobuses dos corredores para a saída en A Agrela,
desde o campo da feira (O Souto).
09:30 – Saída da proba
11:15 – Chegada prevista dos primeiros corredores.
12:30 – Corte horario no alto dos muíños eólicos (Km 14,5).
13:30 – Peche de Meta e acto de entrega de trofeos.
4.- PARTICIPACIÓN
4.1.- Cada participante debe ser consciente da lonxitude e dificultade da proba, que
pode desenvolverse baixo condicións climáticas de calor, polo cal debe prever que a
súa indumentaria e calzado sexan os adecuados para a práctica de carreiras de
montaña.
A realización da inscrición implica que os corredores leron, entenderon e aceptan as
condicións do presente Regulamento e participan baixo a súa enteira
responsabilidade, afirman posuír unhas condicións físicas suficientes para a
realización da proba.
4.2.- O percorrido estará sinalizado pola organización con cinta plástica de cor viva,
pintura, carteis indicadores ou outros elementos de sinalización. E responsabilidade de
cada participante localizar a sinalización e seguila.
4.3.- Aínda que o percorrido, case na súa totalidade, non transcorre por estradas, en
algún momento si se cruza ou se transita durante un pequeno tramo por elas. Polo
tanto, estes tramos non estarán cortados o tráfico rodado, debendo os participantes
respectar as normas de tráfico e indicacións da Organización.
É importante prestar atención o cruce da N-550 (xa no casco urbano de Padrón),
paso de peóns, onde haberá persoal xestionando ese punto (Km 20).
Coordenadas: 42º44´40.86´´N 8º39´22.72´O
4.4.- Será obrigatorio seguir o itinerario marcado e pasar polos controis
regulamentarios establecidos.
4.5.- A Organización poderá realizar as modificacións que considere necesarias no
percorrido, incluso a suspensión da proba, se as condicións meteorolóxicas así o
aconsellan.
4.6.- O percorrido da proba discorre por paraxes naturais de gran beleza, polo que non
debemos ensucialos nin deterioralos, arroxando desperdicios fóra das áreas de
control.
Será motivo de descualificación o incumprimento desta norma.
4.7.- O participante presta o seu consentimento á Organización do IV Trail Vila de
Padrón “Desafío Vértice” 2021, para que poida ser utilizada a súa imaxe na promoción
e difusión da proba de tódalas formas posibles. Calquera persoa inscrita poderá
prohibir a utilización expresamente, previa comunicación por escrito dirixida o CDM
Vértice a través do seu mail: cdmvertice@gmail.com
A Organización garantirá o pleno cumprimento da Lei Orgánica 15/1999 de Protección
de Datos de Carácter Persoal, e de acordo con disposto en dita lei, a persoa inscrita
queda informada e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos
persoais aos ficheiros automatizados da Organización e o tratamento dos mesmos
para a súa utilización en relación con xestións administrativas, comerciais e outras
actividades propias da mesma. O participante porá exercer os dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición, mediante escrito dirixido o CDM Vértice a través
do seu mail: cdmvertice@gmail.com
5.- INSCRICIÓN
5.1.- A proba está aberta a todos os deportistas con idade mínima de 18 anos
(cumpridos o día da proba). O límite de participantes será de 200 prazas por proba. Se
antes da data de peche de inscricións (14 de setembro do 2021), se chegase a dito
número, non se admitirán mais participantes.
5.2.- As inscricións poderanse formalizar a partir do día 17 de xuño de 2021, a través
da páxina web http://galitiming.com/inscripciones-on-line.html enchendo o formulario
habilitado a tal efecto, e efectuando o pagamento correspondente.
Prezo da inscrición: 20€
Existirán dous prazos de inscrición só na proba longa:
1º- desde o 17 de xuño ata o 31 de xullo (só federados/as da Federación Galega de
Montañismo). A Proba será Campionato Galego de Clubs de Carreiras por Montaña e
2ª Proba da Copa Galega.
2º- desde o 1 de agosto ata o 14 de setembro (federados/as e non federados/as)
Unha vez realizada a inscrición, só se accederá a devolución do importe en caso de
lesión ou enfermidade, sendo necesario a presentación dun certificado médico
mediante correo electrónico a seguinte dirección: cdmvertice@gmail.com
A inscrición é persoal e intransferible e supón a aceptación deste Regulamento e a
renuncia a todos os dereitos contra a Organización, renunciando a toda acción legal
que puidera derivarse da súa participación na proba. Unha vez realizada, baixo
ningún concepto, pode ser utilizada por outra persoa diferente á inscrita.
6.- CATEGORÍAS E PREMIOS
 Categoría absoluta masculina e feminina
 Subcategoría Veteran@s (+40) masculina e feminina
Trofeo os tres primeiros de cada unha das categorías (non acumulables).

7.- AVITUALLAMENTOS
7.1.- Debido a situación do COVID19, a proba disputarase en autosuficiencia, con un
único avituallamento, os participantes deberán portar vaso ou botella en chaleco ou
cinturon, para que lle poidan dar auga.
Km. 10 ruta longa (Km 2,5 ruta curta) – Despois de cruzar estrada CP-6502 –
Líquido.
8.- MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN
8.1.- Motivos de descalificación:
Non pasar polos puntos de control establecidos
Non realizar o recorrido completo
Non respectar o itinerario balizado ou a sinalización do recorrido

Entrar na meta sen dorsal
Deixar lixo (envases o envoltorios ou calquera outro desperdicio), fóra das
zonas de avituallamentos e control)
Non prestar auxilio a outro corredor que o necesite
Participar baixo identidade falsa ou suplantando a outra persoa

9.- RETIRADA E ABANDONOS
9.1.- Calquera corredor poderá retirarse da proba sempre que o desexe, advertindo ao
control máis próximo ou ao persoal da Organización e entregando o dorsal.
Se por caso de accidente ou lesión o corredor queda inmobilizado e non pode chegar
ata un punto de control, terá que avisar ao corredor máis próximo ou esperar ao
vehículo escoba. Existirá un nº de teléfono para emerxencias.
9.2.- A Organización poderá retirar da carreira, baixo o seu criterio, os participantes
que teñan problemas físicos evidentes, tales como vómitos, desorientación, desmaio,
etc. que poidan poñer en perigo a súa saúde, ou aqueles que teñan minguadas as
súas condicións físicas para continuar en carreira.
9.3.- Os participantes están obrigados a prestar auxilio os accidentados ou a aqueles
que o requiran.
10.- ENTREGA DE PREMIOS
A entrega de premios farase a partir das 13:30h na liña de Meta (Paseo do Espolón)
12.- OUTRA INFORMACIÓN
11.1.- A Organización disporá de servizos de asistencia médica.
11.2.- Coordenadas GPS
-Meta/Recollida de dorsal: 42º44´17.20´´N 8º39´41.72´O (Paseo do Espolón)
-Saída Trail: 42º47´00.85´´N 8º37´08.16´O (aldea de A Agrela)
11.3.- Todos os participantes oficialmente inscritos estarán cubertos por unha póliza
de seguros concertada pola Organización, que cubrirá os accidentes que se produzan
como consecuencia directa do desenrolo da proba e nunca como derivación de un
padecemento ou tara latente, imprudencia, inobservancia das leis e do articulado
deste Regulamento, así como os producidos nos desprazamentos o y desde o lugar
en que se desenrola a carreira.
11.4.- A Organización reservase o dereito de admisión nesta proba.