Calendario
Info da proba

O Corgo

16/10/2021 17:50 - 19:00
Regulamento REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello de O Corgo organiza a XII Carreira Popular Concello de O CorgoMemorial Quique Casanova, patrocinada por Grupo Leite Río A proba organizarase o
vindeiro Sábado 16 de Outubro, con saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río
Chamoso do Concello de O Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba.
A Carreira cumprirá en todo momento coas recomendacións establecidas para eventos e
actividades deportivas no contexto da nova normalidade provocada pola COVID-19, partindo
do protocolo FÍSICOVID–DXT GALEGO da Federación Galega de Atletismo, certificado pola
Secretaría Xeral para o Deporte con data do 9 de xuño de 2021, e en función da evolución
da pandemia estará sometida, en todo caso, ao cumprimento das normas de prevención da
COVID19 que establezan as autoridades sanitarias en cada momento. Polo que a
organización, por causas de forza maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que
sexan necesarios.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios: NOVO PERCORRIDO
(adxúntase plano do percorrido)
O circuíto de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos
agás os autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da
organización. A saída da proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2015 e posteriores) 17.15 h 150m
PROMOCIÓN (2012-2014) 17.20 h 400m
SUB 12 (2010-2011) 17.30 h 1800m
SUB 14 (2008-2009) 17.30 h 1800m
SUB 16-18 (2004-2007) 17.30 h 1800m
SUB 20-23 (1999-2003) 17.50 h 10500m
SENIOR (1987-1998) 17.50 h 10500m
MÁSTER A (1979-1986) 17.50 h 10500m
MÁSTER B (1971-1978) 17.50 h 10500m
MÁSTER C (1970 e anteriores) 17.50 h 10500m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 70’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina da Federación Galega de atletismo
www.carreirasgalegas.com
Os dereitos de inscrición terán un custe de 5€ ata o 10 de outubro; do 11 ao 13 de
outubro o custe será de 10€.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento,
enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén
deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de
licenza e o clube.
Artigo 6: Condicións de Participación:
• As inscricións faranse a través da paxina web da Federación Galega de Atletismo.
www.carreirasgalegas.com
• A inscrición pecharase o mércores 13 de outubro ás 23:59 horas.
• A inscrición na proba é persoal e intransferible.
• A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores
comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da
inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
• No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en man da organización.
• A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán
capacitados para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
➢ Non respectar as indicacións dadas pola organización.
➢ Non realizar todo o circuíto da carreira.
➢ Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
➢ Falsificar datos persoais.
• Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado
por instancias superiores.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o venres pola tarde e o sábado pola mañá na tenda de deportes de
“Atmosphera Sport A Chaira” sita na rúa Salvador de Madariaga e o día da proba pola tarde
na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes da saída da proba.
Para a recollida do dorsal será imprescindible a entrega da Declaración Responsable
COVID19
Artigo 8: Premios:
• Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
• PREMIOS EN METÁLICO HOMES E MULLERES:
- Primeiro: 150 €
- Segundo: 100 €
- Terceiro: 75 €
• Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como
femininos.
• Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá
trofeos para esta categoría nin se farán clasificacións.
• Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como
trofeo aos tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
• Entregarase un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller de cada
categoría empadroado no Concello do Corgo.
• A entrega de premios será na zona de meta. A cerimonia de premiación das
carreiras de menores serán ás 18.00h. A cerimonia das carreiras de adultos será ás
19.00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aparcadoiro gratuíto.
2. Baños na zona de saída-chegada.
3. Camiseta para todos os participantes.
4. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
5. Vestiarios e duchas (a disposición da normativa vixcente) nas instalacións da praia
fluvial.
6. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
7. Avituallamento líquido no km 5 para a carreira de adultos.
8. Ambulancia con médico (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que teñan
convenio ca compañía de seguros que corresponda).
Artigo 10: Seguro:
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a
súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En
todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os
seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow13- 15008 A Coruña.