Calendario
Info da proba

Lousame

26/12/2021 10:00 - 14:00
Regulamento V TRAIL SAN SILVESTRE DE LOUSAME
“CASTELO DE SAN MAMEDE”
O Club Lousame Deporte e o Concello de Lousame, organizan o V TRAIL SAN SILVESTRE
DE LOUSAME “CASTELO DE SAN MAMEDE” , que se celebrará os días 18 ( PEQUETRAIL E
ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE ASGPOH) e o 26 de de decembro (TRAIL) no espazo natural de
San Lourenzo ( Tállara-Lousame), e no entorno do Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra.
Nesta edición, por mor da COVID-19, adaptarémonos á lexislación vixente no momento do
evento para a celebración de eventos deportivos e a nivel sanitario, co cal poden existir cambios
de última hora por parte da organización para cumprir cas mesmas e poder levar adiante o evento
nunhas condicións que garantan unha seguridade para tod@s ( organización, participantes,
voluntariado, …... ).
Na semana da carreira, unha vez finalizadas as inscricións, a organización enviará un email a cada
participante con toda a información sobre o evento. @S participantes deberán entregar, no
momento da recollida de dorsais, o formulario de declaración de saúde COVID e calqueira outra
documentación que se lle solicite según as condicións sanitarias existentes no momento da proba.
Nesta edición o programa será o seguinte:
SÁBADO, 18 DE DECEMBRO
 10:00 h. ANDAINA SOLIDARIA A FAVOR DE ASGPOH
10:30 h. PEQUETRAIL ( para categorías de base )
A partir das 10:30 h, con saída e chegada no espazo natural de San Lourenzo
( Tállara ), e constará das seguintes probas:
 Cadete e xuvenil.- ( atletas nados entre os anos 2004 e 2007, inclusive ).-
7 Kms aprox.
 Alevín e infantil.- ( atletas nados entre os anos 2008 e 2011, inclusive ).- 2 Kms aprox.
 Benxamín.- ( atletas nados nos anos 2012, 2013 e 2014 ).-1 km aprox.
 JIBILÉNS.- (atletas nados nos anos 2015 e 2016).- 500 mts aprox.
Esta modalidade levarase a cabo sempre que se inscriba un número mínimo de
participantes.
DOMINGO, 26 DE DECEMBRO
TRAIL
Consta de dúas distancias:
TRAIL CORTO
Lugar de saída: Espazo natural de San Lourenzo (Tállara-Lousame)
Distancia: 15 kms aprox.
Dificultade: baixa
Desnivel aproximado: 500 mts de desnivel positivo e 500 mts desnivel negativo, 1000
mts de desnivel acumulado
Saída: ás 11:00 h.
1 avituallamento, sólido e líquido.
Máximo de participantes: 250
É aconsellable, para o trail curto, que cada corredor/a leve teléfono móbil e o seu
propio recipiente para líquidos, xa que nos avituallamentos non haberá vasos de
plástico.
TRAIL LONGO
Lugar de saída: Espazo natural de San Lourenzo (Tállara-Lousame)
Distancia: 26 kms aprox.
Dificultade: media
Desnivel aproximado: 1000 mts de desnivel positivo e 1000 mts desnivel
negativo, 2000 mts de desnivel acumulado
Saída: ás 10:00 h.
2 avituallamentos, sólido e líquido.
Máximo de participantes: 250
Obrigatorio levar teléfono móbil, recipiente para hidratación e manta térmica. No
caso dunha climatoloxía adversa tamén será obrigatorio chaqueta con membrana
impermeable.
 Antes da saída farase control do material, no caso de non cumprir cas
condicións esixidas, o/a corredor/a non poderá tomar a saída.
Tempos de corte.- Para o Trail longo, ás 12:45 h. no km 14 aprox. A partir desta hora e
punto, a organización non permitirá continuar en carreira, e ante a negativa d@ corredor a
organización non se fará responsable de calquera cousa que poida suceder.
MOI IMPORTANTE:
O formato da saída realizarase según a evolución da situación sanitaria no momento da proba.
En principio, a día de hoxe, realizarase tod@s xunt@s. No caso de ter que saír en tandas, éstas
realizaránse según o tempo que nos transmita cada corredor/a inscrit@, tomando como
referencia un 10k. É obrigatorio que cada participante leve consigo unha mascarilla
homologada, a cal terá que poñer na saída e á chegada da proba. Ademáis á hora de adiantar,
débese de avisar @ corredor que vai ser adiantado, e superalo mantendo a distancia de
seguridade de 2 mts. No caso de non ter suficiente espacio, os participantes deberán colocar a
mascarilla no momento do adiantamento e non sacala ata manter unha distancia de seguridade
suficiente entre @s corredores. Esta mascarilla debe de poñerse antes da chegada ós
avituallamentos, o cal estará sinalizado con antelación. Unha vez abandonada a zona de
avituallamento .
O TRACK DOS CIRCUITOS NON SE DARÁ A COÑECER ATA O MESMO DÍA DA PROBA.
REQUISITOS
Ser maior de idade no día da proba ( para as probas de Trail, a excepción das categorías
base )
Coñecer e aceptar o regulamento do evento. O descoñecemento do mesmo, non exime do
seu cumprimento.
Posuír unha mínima condición física para afrontar a disciplina elexida.
Dispoñer do material mínimo que esixe esta disciplina ( zapatillas adecuadas, …….. )
Realizar correctamente tódolos pasos e requisitos para a inscrición.
INSCRICIÓNS
A partir das 22:00 h do día 22 de outubro, a través da páxina web www.emesports.es, e
rematando o 19 de decembro ás 23:59 h. Non se abrirán listas de espera, unha vez
rematadas as prazas ofertadas, non se poderán facer modificacións nin sustitucións nas
inscricións.
PREZOS :
TRAIL CURTO15 €, ata o 5 de novembro
17 €, dende o 6 de novembro ata o 19 de decembro
TRAIL LONGO18 €, ata o 5 de novembro
20 €, dende o 6 de novembro ata o 19 de decembro
PEQUETRAIL.- Gratuito
A inscrición da dereito a participar na proba escollida, transporte ata o lugar de saída,
avituallamentos, seguros, bolsa de corredor ( os/as inscritos/as na modalidade de TRAIL terán
como regalo conmemorativo da proba unha prenda técnica da prestixiosa marca LURBEL )
A inscrición implica o coñecemento e aceptación do regulamento do evento.
IMPORTANTE: Ante a situación sanitaria actual, e descoñecendo a súa evolución ata o momento
da celebración do evento, no caso de que nas datas da proba as restriccións de participantes en
eventos deportivos sexa inferior ás prazas ofertadas, terán preferencia @s inscritos según a
orde de inscrición.
Ademáis no hipotético caso de que na data de celebración do evento non fose posible organizar
a proba, A ORGANIZACIÓN OFRECERÁ AS SEGUINTES ALTERNATIVAS:
Inscritos no TRAIL
Manter a inscrición para cando se levanten as restriccións e poder realizar a proba, ou
no seu defecto, manter a inscrición para a seguinte edición .
Devolución do 50% da cota de inscrición+ envío de agasallo técnico da proba.
(SOAMENTE NO CASO DE SUSPENSIÓN DA PROBA)
Cada participante deberá poñerse en contacto ca organización, no prazo máximo de 7 días, e
comunicar a súa decisión a través do email, clublousamedeporte@gmail.com
RECOLLIDA DE DORSAIS
Dorsais do PEQUETRAIL E ANDAINA.- sábado, 18 de decembro, a partir das
9:00 h. no espazo natural de San Lourenzo, no lugar habilitado para a recollida.
 Dorsais do TRAIL (curto e longo).- A recollida de dorsais realizarase no mesmo día da
proba, domingo, 26 de decembro, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra ( A
Silva ).
Para a recollida de dorsais é imprescindible a presentación do D.N.I ou licenza federativa, e a
declaración de saúde firmada ( esta facilitarase por email a cada corredor/a na semana da
carreira)
 A tódolos/as participantes facilitaráselle un dorsal que colocarán no seu peito de forma visible
para a súa identificación durante a proba e a chegada.
HORARIOS ENTREGA DORSAIS E SAÍDA DE AUTOBUSES
 TRAIL LONGO
 RECOLLIDA DE DORSAIS .- Dende as 8:00 h ata 9:15 h.
 SERVIZO DE AUTOBUSES Ó LUGAR DE SAÍDA: A partir das 8:30 h e o último autobús ás 9:20 h.
 TRAIL CURTO
 RECOLLIDA DE DORSAIS .- Dende as 8:45 h ata 10:15 h.
 SERVIZO DE AUTOBUSES Ó LUGAR DE SAÍDA: A partir das 9:30 h ata as 10:20 h (saída último
autobús ).
Os autobuses levarán os/as participantes do trail, dende o polideportivo municipal Pilar Barreiro
Senra ( zona de chegada ) ata o parque natural de San Lourenzo, dende onde se iniciarán as
probas.
 HORARIOS DE SAÍDA DAS PROBAS
Trail longo.- 10:00 h.
Trail curto.- 11:00 h.
MOI IMPORTANTE: os/as participantes terán que subir nos autobuses habilitados para cada
proba, e deberán ensinar o dorsal correspondente na porta do autobús para poder subir. O
desprazamento ata o lugar de saída ten que ser ordenado, polo cal, terán preferencia @s
corredores/as do trail longo. Prégase ós/ás participantes que cheguen co tempo suficiente para
non retrasar o desprazamento dos autobuses e colaboren no bo funcionamento do mesmo.
AUTORIZACIÓN DE IMAXES
Os/as participantes aceptan que as imaxes e reproducións que se xeneren deste evento deportivo
poderán ser utilizadas pola organización, para a divulgación, proxeción e difusión do evento en
diferentes medios ( redes sociais, prensa, …… )
SINALIZACIÓN E CONTROIS
Os percorridos estarán sinalizados con cintas de baliza e sinais, e controlados polas
Agrupacións de Protección Civil colaboradoras no evento.
Ó longo do percorrido, a organización establecerá controis que estimen oportunos, os cales
poderán ser descalificantes para o que cometa algunha irregularidade
TROFEOS
PEQUETRAIL
Medallas para tódolos participantes
Obsequios
A entrega realizarase ó remate de cada proba.
TRAIL
Trail curto
1º, 2º e 3º clasificado en categoría masculina
1º, 2º e 3º clasificado en categoría feminina
Trail longo
1º, 2º e 3º clasificado en categoría masculina
1º, 2º e 3º clasificado en categoría feminina
Tamén haberá os seguintes trofeos:
Atleta máis veterana do evento.
Atleta máis veterano do evento.
Club con máis participantes.
A entrega terá lugar, según o protocolo COVID, no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro
Senra, en principio ás 14:00h, pero poderá ser modificada no caso da presenza no lugar de
tódolos premiados.
Ademáis, ó longo das probas teremos sorteos, para tódolos participantes, de lotes de
productos artesanais elaborados en Lousame, así como prendas técnicas de Lurbel e Hoka
One One.
OUTROS SERVIZOS
 Haberá servizo de duchas no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra.
 Haberá servizo de gardarroupa no Polideportivo Municipal Pilar Barreiro Senra. Asimesmo,
@s corredores/as poderán deixar as prendas no lugar de saída no servizo habilitado. Para iso
deben de meter a roupa na bolsa facilitada na zona de saída e colocarlle a pegatina de
gardarroupa que terán dentro da bolsa de corredor co número identificativo (número de
dorsal ) como gardarroupa. Éstas prendas estarán no Polideportivo municipal Pilar Barreiro
Senra, ó remate da proba.