Calendario
Info da proba

Cabo Udra

10/10/2021 9:45
Regulamento Código::

V CROSS POPULAR – CABO UDRA 2021

Data:10 de Outubro .
Hora:09:45 .
Lugar: Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).
Distancia: 10 km e Andaina.
Organiza: ADFS. Bueu.
Inscrición: en [url=https://ccnorte.com/evento/detalle/page/5/id/2137/v-cross-popular--cabo-udra-2021[/url].

[
REGULAMENTO DA PROBA.

PRESENTACIÓN: O ADFS. Bueu, coa colaboración do CEIP. Plurilingüe Montemogos e o Concello
de Bueu, organizan o V CROSS POPULAR – CABO UDRA, que terá lugar o domingo, día 10 de
outubro de 2021, no entorno natural de Cabo Udra, na Parroquia de Beluso (Bueu).
 CATEGORÍAS:
- Pitufos 3 anos (2017)
- Pitufos 4 anos (2016)
- Pitufos 5 anos (2015)
- Minibenxamín (2013-14)
- Benxamín (2011-12)
- Alevín (2009-10)
- Infantil (2007-08)
- POPULAR (a partir de 2006)
- ABSOLUTA: a partir de 2004
- ANDAINA: Aberta (NON competitiva)
QUEDA TOTALMENTE PROHIBIDA A PARTICIPACIÓN DE NENOS/AS NAS CARREIRAS ABSOLUTA + POPULAR

 HORARIO / DISTANCIAS CARREIRAS
- 09.45 h: ANDAINA - 10 km
- 10.00 h: ALEVÍN - 900 m
- 10.10 h: BENXAMÍN - 450 m
- 10.20 h: MINIBENXAMÍNS - 250 m
- 10.30 h: PITUFOS 5 anos - 200 m
- 10.40 h: PITUFOS 4 anos - 150 m
- 10.50 h: PITUFOS 3 anos - 100 m
- 11.00 h: INFANTIL - 1.350 m
- 11.15 h: POPULAR – 4.200 m
- 12.00 h: ABSOLUTA - 10.000 m

 11.30 h: ENTREGA TROFEOS: pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín e infantil
 13.15 h: ENTREGA TROFEOS: popular, senior e veterán

 INSCRIPCIÓNS:
- PÁXINA WEB: www.championchipnorte.com
- DATA LÍMITE: mércores 6 de outubro (23.30 h)
- CUSTE: inclúe o cronometraxe, dorsal, duchas, agasallo e bolsa avituallamento
 CARREIRAS MENORES - gratuíta
 ANDAINA - 5 €
 ABSOLUTA + POPULAR - 8 €
- IMPORTANTE: non se admitirán inscricións fora de prazo e soamente se garantirá o agasallo
os/as atletas que se inscriban antes do luns 4 de outubro (23.30 h).






 SEGURIDADE: a Organización contará cos seguintes medios para as probas:
- Seguro de Responsabilidade Civil e de Accidentes: estarán excluídos os derivados dun
padecemento latente, imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis,.... Tamén os producidos
polos desprazamentos particulares ata/dende o lugar no que se desenvolve a proba.
- Ambulancia
- Servizo de Recuperación (masaxistas)
- Plan de Emerxencia: Policía Local, Protección Civil e Ambulancia
 ENTREGA DE PREMIOS
- Medallas: para tod@s os participantes na categoría de pitufos (3-4-5 anos)
- Trofeos (non acumulables): para ós tres primeiros clasificad@s das seguintes categorías
(mínimo 10 participantes por categoría): pitufos, minibenxamín, benxamín, alevín,
infantil, popular, senior (2004-1979) e veteráns (78-anteriores).
- Trofeo Absoluta: para o primeir@ clasificad@ masculino e feminina na proba absoluta
- Trofeo Montaña (carreira absoluta): para @ atleta que faga en menor tempo un tramo de
subida determinado pola organización (do km 3 ́3 o km 4 ́8).
- Trofeo Equipos (carreira absoluta): os equipos teñen que ser de 4 atletas, e poden ser
totalmente masculinos, femininos ou mixtos. A clasificación final determinarase en función
dos 3 mellores tempos de cada equipo.
- AGASALLOS: entregarase un detalle a cada participante que deberán recoller
obrigatoriamente antes do inicio da súa carreira.
NORMATIVA DA CARREIRA
1. Poderán participar as persoas que o desexen, tendo que estar fisicamente ben preparado/a
para a carreira, gozar de boa saúde xeral sen padecer enfermidade, defecto físico ou lesión que
poida agravarse coa súa participación en dita proba. O deportista ASUME que para a realización
da proba é necesaria unha boa condición física, psíquica e deportiva. Os menores de idade
poderán participar sempre e cando vaian acompañados dun adulto. 2. Todo participante, polo feito de inscribirse, ACEPTA AS CONDICIÓNS E REGULAMENTACIÓNS
IMPOSTAS pola organización, polo que libera expresamente á organización ou a calquera outro
patrocinador ou colaborador, ante todo tipo de accidente, lesión ou eventualidade que puidera
xurdir derivada da súa participación na proba, e que non estivese cuberta polo seguro
contratado. 3. Os atletas deberán estar na liña de saída 5 MINUTOS ANTES DO COMEZO DA CARREIRA e
participarán cos dorsais asignados pola Organización, quedando ven visible a súa publicidade.




4. Os DORSAIS E CHIPS deberán ser recollidos nos puntos establecidos pola organización, alo
menos 45’ antes do inicio da súa proba. Establecerase un punto de recollida 1 día antes
(pendente concretar sitio). 5. Disporase de SERVIZO DE DUCHAS e GARDAROUPA 6. Quedará DESCALIFICADO/A desta proba todo o que non cumpra o presente regulamento, non
complete a totalidade do recorrido, deteriore ou ensucie o entorno, non leve o seu dorsal ben
visible ou desatenda as indicacións da organización. 7. As RECLAMACIÓNS sobre a Competición deberán facelas a organización do evento. 8. A CLASIFICACIÓN XERAL oficial publicarase na web da empresa de cronometraxe. 9. A organización resérvase o DEREITO a realizar as modificacións que considere necesarias en
función dos diferentes condicionantes, así como a suspensión da proba se as condicións
meteorolóxicas o obrigan ou por forza maior. 10. A organización NON SE FARÁ RESPONSABLE dos obxectos de valor extraviados polos
corredores. 11. Todo o que non apareza reflectido neste Regulamento se rexerá pola normativa a Federación
Internacional de Atletismo (IAAF). A inscrición no 5º Cross Popular – Cabo Udra implica a
TOTAL ACEPTACIÓN do preceptuado no presente Regulamento. 12. Os participantes AUTORIZAN o uso das imaxes realizadas durante o desenrolo das súas
carreiras.

INFORMACIÓN: Web: crosscaboudra.com
Facebook: Cross Cabo Udra
Instagram: Crosscaboudra
E-mail: info@crosscaboudra.com