Calendario
Info da proba

1/2 km vertical Monte Comado

16/10/2021 16:30 - 17:30
Regulamento 1- EDICIÓN:
• 1/2 Vertical: Séptima
2- ORGANIZA:
ACD Praias de Comado
COLABORAN:
Peña Barcelonista San Miguel
Concello de Barreiros
Agrupación de Protección Civil de Barreiros
2-CATEGORÍAS
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
Vertical:
- Senior: Persoas nacidas dende 2006 a 1981, ambos anos incluídos.
- Veterana/o: Persoas nacidas en 1980 ou antes.
3-LUGAR E DATA
Sábado 16 de outubro: 1/2 km Vertical
1/2 km Vertical:
➢ Saída dende a praia de Arealonga (Santiago de Reinante - Barreiros - Lugo) ás 16.30h.
➢ Haberá un camiño sinalizado para a volta ó lugar de saída.
➢ A meta estará situada no cumio do Monte Comado en Reinante-Barreiros-Lugo.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 1 hora e media antes na zona de saída ( praia de Arealonga),
ata media hora antes da saída.
4-PERCORRIDO
1/2km Vertical:
➢ Saída dende a mesma praia de Arealonga, a nivel de mar, en Santiago de Reinante.
➢ Percorreranse varias estradas e camiños da localidade de Reinante, atravesando a rasa costeira ata chegar á
Estrada Nacional 634, a cal se atravesará (con control da Guardia Civil de Tráfico) á altura do PK 563,700.
Posteriormente, xa nas faldas do monte Comado, o percorrido continuará por un camiño de montaña cara o
cumio do mesmo.
➢ Distancia total: 4.100m. aproximadamente, salvando un desnivel de 490m. positivos.
.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se
establecen.
6-INSCRICIÓN
➢ A inscrición realizarase a través da páxina web da carreira:
http://www.mediokmverticalmontecomado.jimdo.com/, e tamén por medio da páxina de championchipnorte
ccnorte.com.
➢ Prazo: estará aberto ata o 12 de outubro de 2021 ás 23:59h.
➢ Coste da participación:a
Vertical: 7 € ata o 03/10/2021 - 9 € dende 04/10/2021 ata o 12 /10/2021.
Os que non son propietarios de chip amarelo terán un coste a maiores de 1€ en concepto de alquiler de chip,
e depositarán unha fianza de 5€ que será reintegrada á semana seguinte da proba unha vez procesados os
chips devoltos.
➢ Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación.
➢ Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste regulamento
por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos como da súa imaxe, ben
nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en calquera outro medio que a
organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O descoñecemento deste regulamento non exime
do seu cumprimento.
7- AVITUALLAMENTO
➢ 1/2 VERTICAL
Non haberá servicio de avituallamento durante a proba. Entregarase unha bolsa o final da carreira.
8- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así
como persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes
como exercendo tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización,
recoméndase que as persoas participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante
a posibilidade de que algún vehículo faga caso omiso dos controis da proba.
9-TROFEOS
Haberá trofeo para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, así como para o gañador e a
gañadora absolutos. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
10-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no
punto de control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as
normas establecidas pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección
Civil.
11- PROTOCOLO COVID
A proba realizarase con un protocolo covid adapatado para esta competición, que se detalla no anexo I.
Asemade deberase levar cuberto obrigatoriamente a declaración responsable do anexo II.
12-OUTROS
➢ A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
➢ A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude antideportiva ou
que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
➢ A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil e servizos
de protección civil.
➢ Contacto:
praias.de.comado@gmail.com
xose9@hotmail.com
- Tfno. 653 68 46 15