Calendario
Info da proba

A Estrada

30/08/2020 All Day Event
Regulamento Andaina Fervenza do Callobre

Info: https://www.depo.gal/depo-andainas

e

https://correrengalicia.org/index.php?name=Forums&file=viewtopic&p=603749#603749

Formalización da inscrición

As e os participantes poderán inscribirse a través de www.depo.gal a partir do día designado para tal efecto pola Deputación e ata completar o límite de prazas.

Ofertaranse un total de 200 prazas. Aquelas persoas que se apunten con posterioridade (ata un máximo de 50) pasarán á lista de agarda. O prazo de inscrición rematará o luns anterior á realización da andaina ás 12 horas.

No caso de non poder asistir á andaina na que estea inscrita ou inscrito deberá comunicarllo ao Servizo de Deportes antes do peche de inscricións, o luns anterior á realización da andaina ás 12 horas, enviando un correo electrónico co nome e o DNI a deportes@depo.gal; deste xeito pasará a ocupar a súa praza unha persoa da lista de agarda. A partir dese día as persoas que renuncien ou non asistan á andaina serán sancionadas e quedarán automaticamente excluídas do resto de andainas.

Ás persoas participantes confirmaráselles a asistencia a través de www.depo.gal, coa publicación da lista definitiva, e vía SMS, co programa "Depo Informa" da Deputación.