Calendario
Info da proba

Mugardos-APLAZADA

28/03/2020 20:30 - 22:00
Regulamento Artigo 1. DENOMINACIÓN.
O Concello de Mugardos a través da Concellaría de Deportes organiza a IV Milla nocturna
Concello de Mugardos o sábado, 4 de abril de 2019.
Artigo 2. PARTICIPACIÓN.
A IV Milla nocturna Concello de Mugardos terá saída e meta na Avenida do Seixo, presentará
un circuíto urbano aglomerado, pensado para todas as idades, que abarcará desde los 150 a
los 1.609 metros.
Poderán tomar parte nesta proba todas aquelas persoas que o desexen, sempre que estean
correctamente inscritas.
Artigo 3. DISTANCIAS, PERCORRIDO E CATEGORÍAS.
A primeira saída establécese ás 20:30 para a proba de pre-benxamíns, á que se lle sumaran o
resto de categorías segundo o seguinte cadro.
SAÍDA CATEGORÍA HORA DISTANCIA
1 PRE-BENXAMÍN MASC. E FEM. 2013-2014 e 2015 20:30 150 M.
2 SUB10 MASCULINO E FEMENINO 2.012 – 2.011 20:40 800 M.
3 SUB 12 MASCULINO E FEMININO 2.010 – 2.009 20:50 800 M.
4 SUB 14 MASCULINO E FEMININO 2.008 – 2.007 21:00
1.609 M.
5 SUB 16 MASC E FEM 2.006 – 2.005 21:10
SU18 - 20 MASC E FEM 2004 – 2001
6 SUB 23 FEMININA 2.000-1.999 -1.998 21:20
SENIOR FEMININA 1.997 a 34 años
MÁSTER A FEMININA 35 a 44 años
MÁSTER B FEMININA 45 a 54 años
MÁSTER C FEMININA 55 en diante
7 SUB 23 MASCULINO 2.000-1.999 -1.998 21:40
SENIOR MASCULINO 1.997 a 34 años
MÁSTER A MASCULINO 35 a 44 anos
MÁSTER B MASCULINO 45 a 54 anos
MÁSTER C MASCULINO 55 en diante
ENTREGA DE PREMIOS 22:00
Artigo 4. INSCRIPCIÓNS.
As inscricións poderán formalizarse até o mércores 1 de abril de 2019 ás 17:00h a través da
web www.carreirasgalegas.com da FGA.
Os prezos de inscrición será de:
• Gratuíta para categorías menores ate a Xuvenil-Iunior (Sub18-20)
• 5€ para todos as categorías Promesa (Sub 23) e superiores.
Artigo 5. RETIRADA DE DORSAIS.
O día da proba na Sociedade de Amigos da Paisaxe Galega (SAPG) dende as 18:30 até media
hora antes de cada saída.
A organización poderá pedir un documento de identidade ou a copia da inscrición. No caso, de
querer recoller o dorsal de outra persoa ten que levar unha autorización por escrito e
fotocopia del DNI da persoa á que se lle quere recoller el dorsal. No caso de clubs, un
representante acreditado poderá retirar todos os dorsais do mesmo.
Artigo 6. CRONOMETRAXE.
A cronometraxe da proba realizarase mediante Chip agás na categoría prebenxamin. Haberá
control en saída e meta, debendo pasar todos os corredores obrigatoriamente polas alfombras
de control.
Artigo 7. DESENVOLVEMENTO DA PROBA
A organización fará 7 saídas, podendo dividir categorías para favorecer o bo desenvolvemento
das diferentes carreiras.
Artigo 8. PREMIOS.
A organización entregará premios aos 3 primeiros clasificados de cada categoría agás nas
saídas 1, 2, 3 que abranguen ás categorías pre-benxamíns, Sub 10 e Sub 12 nos que a
organización terá un detalle con toda a participación.
** Os premios que se obteñan en diferentes categorías e clasificacións non serán acumulables
agás os 3 primeiros postos absolutos masculinos e femininos.
*** Todas as medallas que non se recollan o día da proba quedarán a disposición da
Organización, ao entender esta que renuncian a elas.
Artigo 9. AVITUALLAMENTO.
Instalarase posto de avituallamento líquido na zona de meta e ao remate todas as persoas
participantes poderán degustar un chocolate con doces locais nas instalacións da SAPG.
Artigo 10. CIRCUITO.
O circuíto estará pechado ao tráfico rodado dende o cruce da Av. Do Seixo coa Avd. Bello
Piñeiro no Seixo dirección ao peirao do Seixo. Neste tramo restrinxirase o aparcamento e o
acceso rodado. O circuíto contará con 800 m. Proba oficial da FGA con distancia non
homologada
Artigo 11.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos
despois de comunicarse oficialmente os resultados.
Artigo 12.
Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar o circuíto da
carreira, non levar dorsal, ou manipular os datos persoais.
Todo o non disposto no presente regulamento rexerase polas normas de competición da FGA,
RFEA e a IAAF.
Comité Organizador
Presidente :Juan Domingo de Deus Fonticoba, Alcalde do Concello de Mugardos.
Vicepresidente: Begoña Roldós Iglesias, Presidenta da Comisión de Deportes.
Secretaria: María del Mar Nóvoa Conde, Presidente da Comisión de Deportes.
Vogais: Manuel Polo Técnico de deportes do Concello de Mugardos e un representante da
FGA.
Comité executivo
Presidente :Juan Domingo de Deus Fonticoba, Alcalde do Concello de Mugardos.
Vicepresidente: Begoña Roldós Iglesias, Presidenta da Comisión de Deportes..
Secretaria: María del Mar Nóvoa Conde Administrativa da Comisión de Deportes.
Vogais: Manuel Polo Técnico de deportes do Concello de Mugardos, Responsable de policía e
protección civil do Concello de Mugardos e un representante da FGA.
OUTRAS DISPOSICIÓNS Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo
alleo á organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.