Calendario
Ver carrera

Vigo-Subida ao Castro

26/01/2020 12:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción A “Subida ao Castro” naceu co propósito de romper coa idea de que Vigo é unha
cidade de innumerables e imposibles costas. Se ben é certo que son innumerables
queremos demostrar que en ningún caso son imposibles de subir, e que no caso de
parecer imposibles imos a convocar outro ano mais a todos os vigueses e non vigueses
para cumprir o reto de subir dende o nivel do mar (Paseo das Avenidas) ata a cume da
cidade (O Castelo de San Sebastián no Castro).
Categorias:
Benxamín, Alevín, Infantil, Cadete, Xuvenil, Júnior, Promesas, Senior, Veteranos en
categorías Masculina y Feminina.
Horarios:
Domingo 26 Xaneiro
09:30 - 11:30 Recollida de dorsais e chip. Explanada Náutico.
12:00 XIV Subida ao Castro
13:00 Entrega de trofeos
CONDICIONS
REGULAMENTO XII SUBIDA AO CASTRO
1. Singletrack Outdoor Sports organiza a XIV SUBIDA AO CASTRO. Proba que se
disputará o vindeiro 26 de xaneiro do 2020.
2. A proba celebrarase sobre un percorrido de 3000 metros balizado con cintas e
conos, dende Montero Ríos ó Castelo de San Sebastián no Monte do Castro.
3. A Carreira terá unha única saída para todas as categorías.
12:00 Homes e mulleres:
Sub 8, 2013-2014
Sub 10, 2011-2012
Sub 12, 2009-2010
Sub 14, 2007-2008
Sub 16, 2005-2006
Sub20, 2001-2002-2003-2004
Masculino 1-Femenina 1,1981 ata 2000
Masculino 2-Femenina 2, 1971 ata 1980
Masculino 3-Femeniana 3, 1961 ata 1970
Masculino 4-Femenina 4, 1956 ata 1960
Masculino 5-Femenina 5, 1955 ou anteriores
Percorrido de 3K.
4. Será necesario mínimo 3 participantes do mesmo sexo en cada categoría na liña de
saída para a constitución da mesma; Os atletas das categorías non constituídas serán
asignados á categoría inmediatamente anterior á que lle corresponda.
5. As inscricións realizaranse a través de la páxina web do cronometrador
www.championchipnorte.com mediante pago con tarxeta de crédito. As inscricións
pecharanse o mercores 22 de xaneiro. Non é preciso estar federado e non se admiten
inscricións fora do prazo marcado.
6. O costo da inscrición é de 6 euros para todas as categorías excepto Benxamín,
Alevín, infantil e cadete que será de 2 euros. (aluguer de chip a parte)
7. Os dorsais e chips entregaranse o domingo 26 de xaneiro dende as 9 ata as 11 horas
nas inmediacións da liña de saída.
8. Coa entrega do dorsal e chip entregarase un agasallo conmemorativo (Camiseta)
9. O longo do percorrido a organización establecerá os puntos de control que estime
oportunos, os cales poderán descalificar a calquera participante que realice algunha
irregularidade no trazado da proba ou actúe de forma antideportiva.
10. Premios. Todas las categorías obterán medalla ata os tres primeiros clasificados.
11. Avituallamento. Porase a disposición dos participantes avituallamento líquido e
sólido na zona de Meta.
12. A organización non se fará responsable de danos morais e materiais que así
mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes, e todo o non previsto neste
regulamento resolverase de acordo o regulamento en vigor.
13. A a organización dispón dun seguro de responsabilidade civil. Todos os
participantes disporán de seguro de accidentes, non lesións, para o día da carreira
contratado pola organización.
14. Conforme a la L.O 15/1999, informamos que os seus datos persoais pasarán a
formar parte dun ficheiro, cuxo responsable é Singletrack Outdoor Sports con domicilio
social en Rúa Gran Vía 161 1ºH, 36210 Vigo (Pontevedra). A finalidade deste ficheiro e
levar a cabo a xestión de datos dos atletas vinculados coa asociación. Se desexa
exercitar os dereitos de acceso, rectificación, cancelación ou oposición poderá facelo
dirixíndose por escrito o enderezo sinalado, axuntando unha fotocopia do seu DNI.
15. Polo so feito de inscribirse, o participante declara o seguinte: “Atópome en estado
de saúde óptimo para participar na SUBIDA AO CASTRO. Comprométome durante o
desenrolo da competición a contribuír no posible ca Organización para evitar
accidentes persoais. Autorizo ademais a que a organización faga uso publicitario de
fotos, vídeos e calquera outro tipo de material audiovisual no que poda figurar,
aceptando a publicación do meu nome na clasificación da proba, nos medios de
comunicación e/o internet, sen esperar pago, compensación ou retribución algunha
por este concepto”.
16. A inscrición de a SUBIDA AO CASTRO implica a total aceptación deste regulamento.

[ Go Back ]