Calendario
Ver carrera

Nigrán

19/01/2020 11:00 - 13:00

[ Go Back ]

Descripción I DÚATLON POPULAR EN PORTO DO MOLLE (NIGRÁN)
REGULAMENTO
Organiza: Club Triatlón Mar de Vigo
Email: blopslo@hotmail.com
Persona de contacto: Lorena García
Teléfono: 617090608
Concello de Nigrán
Federación Galega de Triatlón
Patrocina:
Confortex
Surís Abogados
Rodosa Renault Vigo
Deportes Marcial
Que Bici
Saunier Duval
Lago y Cía
Libraida
Marvi Logística
Boyer Triathlon Vigo
Colaboran:
Concello de Nigrán
Policía Local
Secretaría Xeral para o Deporte
Data e horario da carreira:
Domingo 19 de Xaneiro de 2020
11:00 h.-Saída masculina (tempo de corte 1h 40´ ó finalizar o 2º
segmento)
11:10 h. - Saída feminina (tempo de corte 1h 40´ ó finalizar o 2º
segmento)
Distancia:
Sprint: 5 kms de carreira a pé ( 2 voltas) – 20 km en bicicleta ( 4 voltas ) –
2,5 km de carreira a pé ( 1 volta )
Categorías:
Absoluta, cadete, junior, sub-23, veterano 1, 2 e 3
INSCRICIÓNS: Ata o martes 14 de Xaneiro
Precio: 15 euros. Cadetes gratuita
Licenzas de 1 día: Total 27€ (12 €Licenza+ 15 € Inscrición )
Licenzas de 1 día Federados Ciclismo: Total 17,20€ (2,20€ Licenza+15€
Inscrición)
Procedemento Inscrición
A inscrición realizarase on-line, a través da web da Federación Galega de
Tríatlon www.fegatri.org, no apartado Regulamentos/Inscricións.
O abono da cota farase con tarxeta bancaria a través de TPV
CLUBS: Accederán a través do apartado competicións, picando na pestana
Regulamentos/Inscricións e accedendo á carreira de referencia. Una vez que
se accede á carreira picarase na ligazón INSCRICIÓN, e introducirase o
código do club.
DEPORTISTAS INDIVIDUAIS CON LICENZA NACIONAL
Deberán introducir o seu número de licenza e a data de nacemento. O
pagamento deberá facerse con tarxeta bancaria a través de TPV.
DEPORTISTAS NON FEDERADOS
Licenza/seguro de 1 día :
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en
REGULAMENTOS/INSCRICIÓNS para acceder á carreira. Dentro da Carreira
picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciran os datos.
(Custe seguro de 1 día de 12 €+ 15€ inscrición). Total pagamento 27€.
Licenza/seguro de 1 día- Federados Ciclismo Galicia:
Unha vez no apartado COMPETICIÓNS picarase en
REGULAMENTOS/INSCRICIÓNS para acceder á carreira. Dentro da Carreira
picarase na ligazón INSCRICIÓN e introduciran os datos.
(Custe seguro de 1 día de 2,20€+ 15€ inscrición). Total pagamento 17,20€.
Imprescindible, para que a inscrición de calquera seguro de 1 dia sexa válida, enviar a copia do
DNI en vigor e documento de protección de datos que se pode descargar na seguinte ligazón
http://fegatri.org/wp-content/uploads/2019/12/ficha-non-federados.docx
Dita documentación debe enviarse á Federación Galega de Tríatlon fegatri@hotmail.com a
través da plataforma de inscricións
BAIXAS E POLÍTICA DE DEVOLUCIÓN:
As baixas deberán ser comunicadas á Federación Galega de Tríatlon a
través do correo electrónico fegatri@hotmail.com, antes do remate do
prazo de inscrición. Unha vez pechado o prazo non se fan devolucións. As
devolucións serán aboadas na semana seguinte á celebración da proba.
Unha vez pechado o prazo de inscrición estas non admiten modificacións.
PUBLICACIÓN LISTAS DE INSCRITOS:
Publicación lista provisional: o xoves anterior á proba publicarase a lista
provisional de inscritos (esta admite reclamacións cando na listaxe se da
algún erro debido ao manexo dos datos na Federación, por exemplo,
baixas solicitadas en tempo que non aparecen dadas no listado, ...). É moi
importante revisar este listado para ter opción a reclamar se hai algún erro
no mesmo. Publicación lista definitiva: o venres anterior á proba publicarase
a lista definitiva (esta é firme e xa non admite cambios).
CRONOMETRAXE
Haberá cronometraxe electrónica LAP TIME.
SAIDA, TRANSICIÓN E META: No polígono de Porto do Molle, a lado do
Mercadona
SERVIZO GARDARROUPA: Todos aqueles atletas que o desexen poderán
facer uso do servizo gardarroupa habilitado pola organización.
VESTIARIOS E DUCHAS: Pabillón de Nigrán
RECOLLIDA DE DORSAIS: Na carpa da organización de 9:30 h. a 10:45 h
CONTROL DE MATERIAL: OBRIGATORIO PRESENTAR LICENZA OU
DNI
De 10:00 a 10:50 H
REUNIÓN TÉCNICA: 10:00 H
PREMIOS:
• Trofeos para os tres primeiros clasificados/as de cada categoría.
"Art.8.6 Regulamento de Competición FEGATRI.- Aquel deportista ou club que non estea
presente na chamada ao podio será sancionado con 25 e 50 euros respectivamente e non
poderá participar nas seguintes probas ata o seu abono"
NORMATIVA COMPETICIÓN: A carreira rexerase segundo as normativas
vixentes do Regulamento Oficial de Competición das Federacións Galega e
Española de Tríatlon.
https://fegatri.org/federacion/estatutos/regulamentos/
(Normativa 2020 .- Dorsal obrigatorio en ciclismo e carreira a pé)

[ Go Back ]