Calendario
Info da proba

Orro

19/01/2020 10:00 - 13:00
Regulamento O vindeiro día 19 de xaneiro na localidade de Orro (Culleredo), e organizado por ADTL A Pedrosa e o Clube Gallaecia Raid terá lugar o VII Trail Running e a VII Andaina con orientación de Orro. O Trail Running é de carácter competitivo e haberá trofeos para os tres primeiros clasificados tanto masculinos como femininos tanto do trail longo como do trail curto. No trail curto poderáse participar a partir de 16 anos. No longo a partires de 18 anos . VER normativa da proba e protección de datos. AUTORIZACIÓN PARA PARTICIPACIÓN CON MENORES DE IDADE (andaina e trail curto): Cada menor que participe na proba debe ir acompañado dun adulto, e debera presentar asinado o documento na recollida do dorsal: autorización menores DISTANCIAS E DESNIVEL: Trail-running longo: 20 kms con 700 metros de desnivel positivo Trail-running curto: 12 kms con 350 metros de desnivel positivo Andaina: 9 kms con 300 metros de desnivel positivo PREZOS: A inscripción dara dereito a: - Realizar a andaina ou o trail - Regalo a todos os participantes - Servizo de ambulancia e médico - Seguro RC e médico de proba - 1 Avituallamento con auga ou bebida isotónica - Cónsome de caldo á chegada - Sorteo de regalos dos patrocinadores - Duchas REAPERTURA DE INSCRICIÓNS POR CANCELACIÓN Realizando inscrición entre o 23 de decembro e o 14 de xaneiro ás 24 horas: 16 € con licenza fedo o trail running longo 15 € con licenza fedo o trail running curto 10 € con licenza fedo a andaina. Os menores de idade non pagarán inscripción na andaina, só o seguro. Aqueles que non teñan licenza fedo terán que pagar 2? a maiores para cubrir a licenza de día (Nota importante: non vale ningunha outra licenza, polo simple feito de que non cubriría o evento xa que os seguros só fanse cargo dos accidentes que se producen no seu deporte concreto). COMIDA POST-EVENTO: PRAZAS LIMITADAS !!! Tamén haberá a posibilidade de ir a comer despóis da proba no propio local de ADTL A Pedrosa cunha comida preparada por un cociñeiro profesional. Cómida adultos: 8 € Fabada Paella Bebida Postre Café Cómida nenos < 18 anos: 4 ? co mesmo menú que os adultos HORARIOS DAS PROBAS: Saída do trail-running con orientación longo: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30) Saída do trail-running con orientación curto: 10:00 horas (o horario de secretaría para recoller os dorsais e tarxeta de control comeza ás (8:30 e remata ás 9:30) Saída da andaina con orientación: 10:15 horas (entregar a autorización en secretaría para os menores antes das 9:45) MATERIAL OBRIGATORIO E RECOMENDABLE TRAIL-RUNNING E ANDAINA: Obrigatorio/Recomendable: Cortaventos (dependendo do tempo que faga o día da proba poderá decidirse por parte da organización que non sexa material obligatorio) Recomendable: compás Recomendable: Mochila de hidratación ou bidón, ainda que haberá avituallamiento líquido na metade do percorrido Obrigatorio só Andaina: Teléfono móbil acendido o cal ha de facilitarse á organización no momento da inscrición