Calendario
Info da proba

Ferrol-San Xiao

19/01/2020 11:00 - 12:30
Regulamento A XXXVII CARREIRA POPULAR SAN XIAO, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Ferrol co control técnico da Delegación en Ferrol da
Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 19 de xaneiro de 2020 a partir das 11.00 h da mañá. A proba está suxeita ás seguintes normas:
1. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do Pavillón Municipal de Esteiro.
2. A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este regulamento.
3. A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do
percorrido.
4. Prohíbese o acompañamento dos participantes e o uso de coches de apoio. O incumprimento desta norma implicará a inmediata descualificación dos
corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio a
organización, que irán debidamente identificados.
5. A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os correspondentes controis ao longo do circuíto
6. O percorrido estará sinalizado como mínimo cada quilómetro.
7. No percorrido estableceranse controis, así como un posto de avituallamento.
8. O control de chegada pecharase unha hora despois de que entre en meta o primeiro clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de
peche de control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización e deberá subir ao coche oficial que pecha a
carreira e abandonar a proba coa fin de non entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso de continuar, farao
baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda
responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D. 1428/2003).
9. A Organización ten subscrito un seguro colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización recoméndalles aos
participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
10.CATEGORÍAS:
10.1.- CATEGORIAS ABSOLUTAS:
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
• Sub 20: Nacidos/as no 2001 e 2002
• Sub 23: Nacidos/as no 1998, 1999 e 2000
• Sénior: Nacidos/as en 1997 ata 1985
• Máster A: Nacidos/as en 1984 ata 1979
• Máster B: Nacidos/as en 1978 ata 1970
• Máster C: Nacidos/as en 1969 ata 1960
• Máster D: Nacidos/as en 1959 e anteriores
• Cadeira de rodas*
• Handbike*
• Invidentes*
* Considéranse categorías non oficiais da F.G.A.
O percorrido será de 10.000 metros aproximadamente, e discorrerá polo Concello de Ferrol.
Inscricións. As inscricións poderán efectuarse a partir do día 8 de xaneiro ata as 22.00 h do día 16 de xaneiro a través da páxina web www.ranckr.com ou
ata o fin de dorsais. Poránse a disposición das persoas interesadas un máximo de 1.000 dorsais par as categorías absolutas) e 500 dorsais para categorías de
menores.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
A retirada de chips e dorsais poderase efectuar ao longo do venres 17 ( de 16:30 a 20:30) tarde sábado 18 (de 9.30 a 13.30 e de 16:30 as 20:30 horas ) no
Pavillón polideportivo da Malata así como o domingo 19 de xaneiro, dende as 8.00 ata as 10:30 horas no pavillón de Esteiro.
O acto de recollida de dorsal e chips entenderase como confirmación da participación.
A organización non se fai responsable das consecuencias derivadas dunha inscrición defectuosa ou errónea por parte dos corredores ou a persoa na que
deleguen.
No caso dos atletas discapacitados, deberán facer constar a circunstancia no momento da inscrición así como entregar copia da licenza coa valoración da
discapacidade recoñecida.
CADEIRAS DE RODAS E HANDBIKE
As cadeiras deberán ter un mínimo de 2 rodas grandes e 1 pequena.
Non se permitirá a participación en cadeiras de rodas de paseo, que non foran deseñadas para a actividade de atletismo.
Os atletas aseguraranse que ningunha parte dos seus membros inferiores toquen o chan durante a carreira.
Será responsabilidade do competidor que a cadeira de rodas estea conforme ás regras enriba indicadas e de non demorar a carreira mentres fai os axustes á
cadeira.
Todos os atletas en cadeiras de rodas levarán obrigatoriamente casco durante toda a carreira.
O desprazamento mediante algún método, excepto o empuxe do corredor sobre as rodas ou aros de impulsión suporía a descualificación.
DISCAPACIDADE VISUAL
Todos os atletas deberán obrigatoriamente participar cun guía. Este guía identificarase cun peto de cor brillante facilitado pola organización. Se algún atleta
con discapacidade visual non ten guía, a organización non permitirá participar na proba, por motivos de seguridade.
Cando o corredor con discapacidade visual cruce a liña de chegada o guía deberá estar por detrás del.
O método de guía poderá ser elixido polo atleta. Poderá escoller entre ser dirixido por un guía que lle suxeite o cóbado, ou por medio de atadura ou ben correr
sen suxeición. Non se permitirá soster o atleta, suxeitarase da súa roupa ou atar as mans do atleta coas dos guía. A atadura deberá deixar un espazo de polo
menos 5 cm entre as mans do atleta e as do guía. Ademais o corredor poderá recibir instrucións verbais do guía.
Os guías non poderán usar bicicleta ou outros medios mecánicos de transporte.
O guía non poderá en ningún momento tirar do atleta ou empurralo para darlle impulso. A infracción suporá a descualificación.
Independentemente de que se empregue atadura ou non, entre o atleta e o guía non poderá haber en ningún momento unha distancia maior de 0,50 m
10. 2.- CATEGORÍAS ESCOLARES
Establécense as seguintes categorías masculinas e femininas:
• Sub 18: Nados/as no 2003 / 2004
• Sub 16: Nados/as no 2005 / 2006
• Sub 14: Nados/as no 2007 / 2008
• Sub 12: Nados/as no 2009 / 2010
• Sub 10: Nados/as no 2011 / 2012
• Sub 8: Nados/as no 2013 / 2014
As distancias para percorrer por categoría serán as seguintes:
Horario Categorías Distancia
10:10 Sub 14 e – Sub 12 1000 mts
10:25 Sub 10 800 mts
10:40 Sub 8 200 mts
11:10 Sub 18 e – Sub 16 2000 mts
11.- Premios. A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías absolutas e de menores. A entrega
de trofeos realizarase ao finalizar a carreira. Estimase sobre ás 12:30 h.
12.- Dado o espírito estritamente deportivo e popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
13.- O Concello de Ferrol e a Federación Galega de Atletismo non se fan responsables dos danos morais ou materiais sufridos polas persoas participantes
nesta proba ou que estas ocasionen a outras persoas.
14.- A organización poderá modificar este regulamento ou o circuíto polo que discorrerá a carreira sen aviso previo. Así mesmo, resérvase a facultade de
decidir sobre calquera circunstancia ou aspecto que non se considere neste regulamento.
15.- Ao se inscribiren, todos os corredores aceptan a publicación do seu nome e a súa imaxe nas clasificacións, medios de comunicación ou en internet. De
igual maneira, mediante a inscrición o/a corredor/a consente expresamente que os seus datos sexan empregados pola organización para comunicacións
respecto da súa actividade.
En calquera caso, tal e como establece a Lei de protección de datos de carácter persoal, as persoas interesadas poden exercer os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición a través dun escrito ou correo electrónico dirixido ao Servizo de Deportes do Concello de Ferrol, praza de Armas s/n,
15402 Ferrol, .
16.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais consideracións reflectidas neste regulamento.
17.- Disporase de servizo de duchas e gardarroupa no Pavillón Municipal de Esteiro.