Calendario
Info da proba

Santa Comba-San Silvestre

29/12/2019 12:00
Regulamento Inscripción en www.emesports.es
A Carreira Pedreste “San Silvestre Xalleira Solidaria 2019” é unha iniciativa da Asociación Deportiva CorreXallas coa colaboración do Concello de Santa Comba, que ten por obxectivo fomentar a práctica deportiva en tempo de Nadal, dunha maneira lúdica coa finalidade de recadar fondos con fins solidarios; no caso desta edición 2019, para os/as familiares de enferm@s de Alzheimer da Terra do Xallas. Estes familiares serán os destinatarios da totalidade da inscricións.
Desde a organización quere resaltarse o carácter lúdico deste evento deportivo, e anímase aos/ás participantes a poder asistir distfrazados/as ás Carreiras.
As probas levaranse a cabo o domingo 29 de Decembro a partir das 12:00 horas. As mesmas rexiranse polo seguinte:
REGULAMENTO
Artigo 1. Participación.
Nesta proba poderán participar todas aquelas personas que formalicen a súa inscrición no tempo e prazo preciso e sempre que entren dentro do rango de idades establecido para as categorías establecidas no presente reglamento. O control da proba estará baixo a supervisión da Asociación deportiva Correxallas e do Concello de Santa Comba.
Artigo 2. Categorías de competición.
Estableceranse as seguintes categorías de competición, tanto masculinas como femeninas:
CATEGORÍAS
ANOS DE NACEMENTO
Pitufas/as
Nadas/os en 2012 e posteriores
Sub 12
Nadas/os en 2008 e 2011
Sub 16
Nadas/os en 2004 e 2007
ABSOLUTA
Nadas/os en 2003 e anteriores.
Artigo 3. Horarios de competición.
Estableceranse os seguintes horarios para as diferentes carreiras, tanto masculinas como femeninas:
HORARIO
PROBA
DISTANCIA
12:00 h
CARREIRA -> SUB 16
3 km aprox.
12:20 h
CARREIRA ABSOLUTA 5K
5 km aprox.
13:00 h
CARREIRA SUB 12
1Km aprox
13:15 h
CARREIRA DE PITUFOS/AS
300 m aprox.
13:30 h
ENTREGA DE PREMIOS
Artigo 4. Lugar de SAIDA/META das probas
O lugar de saida para as distintas probas, será desde a Avenida Alfonso Molina, diante da Casa de Cultura, situada en Santa Comba (capital municipal).
Artigo 5. Descrición dos percorridos das diferentes categorías.
CIRCUITOS POR CATEGORIAS:
1.- Circuito de 5k; lonxitude aproximada de 5 km. O percorrido ten superficie de asfalto. Percorre diferentes rúas do casco urbano xalleiro. Os participantes completarán unha volta.
2.- Circuito 3k; lonxitude aproximada de 3 km, con superficie de asfalto. Os corredores completarán unha volta.
3.- Circuito Sub 12: Lonxitude aproximada 1 km, con superficie de asfalto 100%.
4.- Circuito Pitufos/as: Lonxitude aproximada 300m, con superficie total de asfalto 100%.
Artigo 6. Inscricións. Prezos e prazos.
A inscrición da proba poderase realizar de 2 xeitos diferentes:
ONLINE:
a través da páxina web www.emesport.es ;
PRESENCIAL:
no Concello de Santa Comba (Área de Xuventude tf. 981 81 87 10). Consultar
horarios.
O prazo de inscrición rematará o xoves 26 de Decembro de 2019 ás 23:59 horas. Non se aceptará ningunha inscrición unha vez rematado dito prazo.
PREZOS DA INSCRICIÓN*
PROBA
DISTANCIA
CARREIRA -> SUB 12**
GRATUITO
CARREIRA DE 3 KM aprox. -> (SUB 16)**
GRATUITO
CARREIRA PITUFOS **
GRATUITO
CATEGORÍA ABSOLUTA 5K*
7 €
* As inscricións da Categoría Absoluta 5k serán donadas INTEGRAMENTE á Agrupación de familiares de Enfermos de Alzheimer de Santa Comba.
** Habilitarase unha FILA 0, para recoller todos aqueles donativos que desexen realizar os/as inscrit@s das categorías Pitufos, sub 12 e sub 16.
Artigo 7. RECOLLIDA DE DORSAIS.
Realizarase o día da proba nun espazo na casa do de Cultura do Concello de Santa Comba a partir das 9:30 horas da data da proba e ata 15 minutos antes antes do inicio de cada proba.
Artigo 8. PREMIOS
Ao remate das probas realizarase un acto de entrega de premios e medallas aos seguintes:
PREMIOS “SAN SILVESTRE XALLEIRA SOLIDARIA 2019”:
Medallas para os 3 primeiros categoría masculina e 3 primeiras categoría Femenina da Carreira de Pitufos/as.
Medallas para os 3 primeiros categoría masculina e 3 primeiras categoría Femenina das carreiras Sub-12 e sub 16.
3 primeiros da categoría masculina e 3 primeiras da categoría Femenina da carreiras ABSOLUTA 5K : MEDALLA E VALES DE COMPRA DE MATERIAL DEPORTIVO DE 50€ ( Clasificado/a), 40€ ( Clasificado,a), 30€ (clasificado/a),
PREMIO ESPECIAL (CESTA DE PRODUCTOS DE TEMPORADA), PARA A PERSOA QUE FAGA A CARREIRA CO DISFRAZ MÁIS ORIXINAL.*
* O premio especial será elexido polo comité de organización designado pa Asociación deportiva CorreXallas.
Artigo 9. SERVIZO DE DUCHAS E VESTIARIOS.
Haberá Servicio de Duchas no Polideportivo Municipal de Santa Comba sito a 300 mts. da liña de meta.
Horario de apertura: de 12:00 h a 15:00 h.
Artigo 10. Avituallamento.
Haberá servicio de AVITUALLAMENTO líquido e sólido na zona de meta por cortesía das entidades colaboradoras.
Artigo 11. Responsabilidade e reclamacións.
A organización da proba non se fará responsable dos danos morais que a sí mismo ou a outras persoas ocasionen os participantes desta proba.
As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao comité organizador, non máis tarde de 15 minutos despois da publicación dos resultados.
A organización reservase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias o requiren (informando previamente)
Todo o non recollido no presente regulamento resolverase de acordo a normativa en vigor da RFEA e FGA para probas en ruta da tempada 2018/2019.
ACEPTACIÓN DO PRESENTE REGULAMENTO:
Todos os participantes, polo feito de inscribirse e participar na proba, aceptan esta normativa e, en caso de dúbida ou xurdindo algunha situación non prevista nela, resolveranse de acordo coas disposicións dispoñibles, o Comité Organizador e as regras da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
NOTA: A través da súa inscrición, o corredor autoriza expresamente que os seus datos básicos sexan transferidos a entidade aseguradora para a tramitación, ante a compañía de seguros, do seguro obrigatorio de accidentes e Responsabilidade Civil
Esta proba disporá dos seguros e servicios sanitarios requerido nas normativas vixentes.