Calendario
Ver carrera

Redondela

29/12/2019 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción I Carreira Solidaria de Nadal

A Concellería de Deportes do Concello de Redondela organiza a primeira Carreira Solidaria de Nadal o domingo 29 de decembro ás 11 horas.

Trátase dunha carreira para todas as idades, que estará chea de sorpresas propias destas datas, na que podedes traer as vosas mascotas.

Ademais, ten un fin solidario, recolleranse alimentos non perecedoiros para Cáritas.

O percorrido é duns 2,5 quilómetros. Sairá dende a rúa Alfonso XII, subirá ata a igrexa, percorrerá o casco antigo, voltará á rúa Alfonso XII, atravesará a Alameda de Castelao e a rúa Ribeira, rematando diante da Casa do Concello.

Animádevos a practicar deporte, pasando unha mañá divertida e solidaria, todas/os xuntas/os.

[ Go Back ]