Portada
A miña conta
Calendario
Foros
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
A miña conta
Calendario
Info da proba
Vigo
29/11/2019
All Day Event
Voltar
Regulamento
X Carreira Popular Santa Bárbara
INFORMACIÓN ACTIVIDADE
1.- Que é:
Con motivo da festividade de Santa Bárbara, patroa da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxía, o vindeiro día 29 de novembro de 2019 ás 12:30 h celebrarase a
X Carreira Popular Santa Bárbara
organizada pola Delegación do Alumnado de dita escola.
2.- Quen pode participar:
A carreira está aberta ás persoas da comunidade universitaria
e tamén ás persoas externas (maiores de idade)
.
3.- Distancia e circuíto:
O percorrido ten unha
lonxitude total aproximada de 5000 m polo circuíto de terra
do campus Lagoas - Marcosende. A saída do circuíto será na parte sur do mesmo, e en sentido horario.
4.- Como inscribirse:
As inscricións efectuaranse
exclusivamente a través desta web
.
O prazo estará aberto ata as 23:59 h do venres 22 de novembro
.
(*) Se es unha persoa externa e aínda non tes conta, crea unha no seguinte enlace:https://deporxest.uvigo.es/WebDeportesUVigo/LoginServlet?opcion=autentificar
CREAR CONTA.
- Autentifícate co login e contrasinal recibidos no teu correo electrónico se es unha persoa externa ou co teu correo da Uvigo ou co teu NIU se es da comunidade universitaria
.- Fai click no botón azul de INSCRICIÓN desta web.
- Marca o check de aceptar as condicións de participación e confirma a túa a inscrición.
5.- Achega solidaria:
Para participar
cómpre achegar 1 kg de alimento non perecedoiro o mesmo dia da proba
. Esta realizarase na liña de meta no momento da recollida de dorsais.
6.- Acreditación e recollida de dorsais:
A recollida de dorsais e de camisetas realizarase o propio día da carreira na liña de meta ata 20 minutos antes do comezo. Propoñémos participar na carreira coa camiseta de agasallo.
7.- Premios e agasallos:
Entregarase un trofeo ás 3 primeiras persoas clasificadas nas diferentes categorías: absoluta e interna da Escola de Enxeñaría de Minas e Enerxías (masculinas e femininas).
8.- Outra información de interese:
As persoas participantes poderán empregar os vestiarios adxacentes para mudarse antes e despois da proba.
9.- Mais información e contacto
- Web da Eventos da Escola de Minas(http://minaseenerxia.uvigo.es/es/comunicacion/eventos)
- Correo electrónico:eme.delegacion@uvigo.es
- Facebook:@escuelaminasyenergiavigo
- Twitter: @daminasvigo
- Instagram: @daminasenerxia
Voltar