Calendario
Info da proba

Brion

30/11/2019 10:00 - 12:00
Regulamento Os departamentos de Deportes e Servizos Sociais do Concello de Brión organizan unha ANDAINA POLA IGUALDADE E CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO. Consistirá nunha ruta circular de 14kms aprox. con saída e chegada na Carballeira de Santa Minia, o vindeiro día 30 de Novembro ás 10 h.

Será de dificultade baixa e apta para todas as idades, totalmente de balde e todos/as os/as sendeiristas que se inscriban correctamente terán dereito aos avituallamentos sólidos e líquidos programados pola organización e mais a un agasallo conmemorativo da mesma.

Para participar é necesario INSCRIBIRSE ANTES DO 22 DE NOVEMBRO na Casa da Cultura [Carballeira de Santa Minia, nº 5] ou no teléfono 981 50 99 69.