Calendario
Info da proba

Maceda

24/11/2019 10:00 - 12:30
Regulamento XII ANDAINA CONTRA AS VIOLENCIAS DE XÉNERO
organizada polo Concello de Maceda a través do Centro de Información á Muller (CIM), co obxectivo de sensibilizar á poboación ante as Violencias de Xénero.
Percorrido circular con saída e chegada ó Castelo de Maceda cunha distancia aproximada de 10 km, que pasa polos pobos de Outeiro da Torre, Almoite e Vixueses. Gran parte do percorrido transcorre por antigos camiños ou carreiros que utilizaba a veciñanza para ir dun pobo a outro.
INSCRICIÓN GRATUÍTA (inclúe avituallamento).
PRAZO ATA O 18 DE NOVEMBRO, no Concello de Maceda (tlfs. 988 463 554 / 988 463 001) ou cubrindo o seguinte
Formulario Online

RECOLLIDA DE DORSAIS a partir das 9:30 horas no Castelo de Maceda.
SAÍDA ás 10:00 horas dende o propio Castelo de Maceda.
MÁIS INFORMACIÓN: Centro de Información á Muller (tlf. 988 463 554).