Calendario
Info da proba

Palas de Rei

23/11/2019 11:30 - 14:30
Regulamento III ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO DE PALAS DE REI AO CASTELO DE PAMBRE, O 23 DE NOVEMBRO.

Con motivo da conmemoración do 25 de Novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero, o día 23 de Novembro, sábado, vaise a realizar a “III Andaina contra a Violencia de Xénero o Castelo de Pambre”, unha actividade colectiva na que se pretende mezclar deporte e solidaridade, así como visibilizar dito problema social e manifestar a nosa implicación e compromiso na loita contra o mesmo.
As persoas participantes saíran as 11:30 horas díante do Concello de Palas de Rei, en Avenida de Compostela, nº28, e percorrerán os 8 quilómetros que separan a Praza do Concello do Castelo de Pambre pasando polas parroquias do Carballal, Curbian, A Ulloa e Sambreixo, para rematar no Castelo de Pambre, emblema do noso pobo e da Comarca da Ulloa, co lema “Non máis Violencia contra as Mulleres”, co que se pretende denunciar a violencia de xénero nas súas diferentes manifestacións, amosar a nosa repulsa e rexeitamento contra esta lacra social e sensibilizar sobre a importancia de valores como o respeto e a igualdade entre homes e mulleres.
Dende o CIM de Palas, se anima a participación cidadá, tanto de asociacións, colectivos, como de toda a veciñanza, non so de Palas de Rei, senón que tamen doutros Concellos, a que se unan nesta Andaina reivindicativa, o día 23 de novembro en Palas de Rei. Os participantes deberán inscribirse previamente na dependencias do Concello ou no Centro de Información a Muller de Palas, a inscipción e gratuita. Unha vez concluída a andaina no Castelo de Pambre, a organización dispón, de transporte gratuito que trasladará aos participantes ao punto de inicio da andaina, esto é, diante do Concello de Palas de Rei.
Este ano contamos como socio colaborador desta Andaina o grupo empresarial Jim Sport, sita en Palas de Rei, expresando así o seu compromiso co deporte e coa igualdade e que suma os seus esforzos na consecución do logro dunha sociedade libre de violencia de xénero.