Calendario
Info da proba

Padrón

15/02/2020 16:00 - 19:00
Regulamento 1.- PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licenza federativa. O
control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
2.- CATEGORÍAS DE PARTICIPACIÓN
*Pitufo F/M: Nadas/os en 2016 e posteriores.
*Prebenxamín F/M: Nadas/os en 2013, 2014 e 2015
Sub 10 F/M: Nadas/os en 2011 e 2012
Sub 12 F/M: Nadas/os en 2009 e 2010
Sub 14 F/M: Nadas/os en 2007 e 2008
Sub 16 F/M: Nadas/os en 2005 e 2006
Sub 18 F/M: Nadas/os en 2003 e 2004
Sub 20 F/M: Nadas/os en 2001 e 2002
Sub 23 F/M: Nadas/os en 1998, 1999 e 2000
Senior F/M: Nadas/os entre 1985 e 1997
Máster A masc/fmno: Nadas/os entre 1974 e 1984
Máster B masc/fmno: Nadas/os entre 1964 e 1973
Máster C masc/fmno: Nadas/os en 1963 e anteriores.
* As categorías pitufo e prebenxamín non son competitivas.
3.- PERCORRIDOS E HORARIOS
A SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS ESTARÁ SITUADA NO CAMPO DO SOUTO.
HHOORRAA CCAATTEEGGOORRÍ
ÍAA DDI
IISSTTAANNCCI
IIAA
16:00 h PITUFOS 100 m. aprox.
16:10 h PREBENXAMÍN 500 m. aprox.
16:20 h SUB 10 500 m. aprox.
16:30 h SUB 12 1000 m. aprox.
16:45 h SUB 14 – SUB 16 3300 m. aprox.
17:30 h SUB 18 5 km aprox.
17:30 h SUB 20 - SUB 23 - SENIOR - MASTER 10 km aprox.
4.- INSCRICIÓNS E PRAZOS
O prazo de inscrición de participantes no XVIII PADRÓN 10K pecharase o mércores 12 de
febreiro de 2020 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións fóra do prazo indicado.
As inscricións en todas as súas categorías realizaranse na web www.emesports.es
(Tlf. soporte técnico: 654 28 56 92 – Email: soporte@emesports.es)
PREZO DA INSCRICIÓN
- Categorías escolares (ata sub 16): Gratuita
- Adultos (de sub 18 a máster): 6 €
5.- DORSAIS e CHIPS
A recollida de dorsais realizarase o día da proba no Pavillón do Souto (Campo do Souto) en
horario de 11:30 a 13:00 horas (recomendable) e a partir das 15:00 horas ata media hora
antes do inicio de cada proba.
Os dorsais e o chip outorgados pola organización son persoais e intransferibles. Para facilitar
a xestión das carreiras non se darán dorsais nin chips fóra dese prazo. O dorsal deberá ir
colocado na parte anterior do corpo, en toda a súa extensión e de xeito visible e sen
dobreces.
Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
6.- DESCUALIFICACIÓNS
Todo/a corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos
regulamentos RFEA e FGA en vigor referentes a probas en ruta, será descalificado a criterio
do xuiz arbitro da competición.
Todas as reclamacións deberán ser dirixidas ao xuíz árbitro da competición cun prazo máximo
de 30 minutos despois da publicación dos resultados da proba en cuestión.
7.- PREMIOS EN METÁLICO
Premios individuais absoluta M/F
1º/ª - 200 €
2º/ª - 150 €
3º/ª - 75 €
4º/ª - 50 €
Equipos federados
1º - 250 €
2º - 175 €
3º - 100 €
4º - 75 €
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
A clasificación por clubes será establecida a través dos 10 primeiros corredores en cruzar a líña
de meta, pola suma dos seus postos, gañando o equipo que menos puntos acade. En caso de
empate gañará o equipo que mellor clasifique o seu 10º compoñente.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só se admitirá a participación de clubes federados nos premios en metálico, que terán que remitir
o listado dos atletas co selo oficial da Federación Galega de Atletismo ou no seu defecto da
Delegación correspondente ó correo santiago@atletismo.gal no prazo de inscrición da proba
absoluta. Na confección do clube non poderán entrar atletas pertencentes a outros clubes nin
filiais do mesmo.
Todos os membros dos clubs participantes deberán estar inscritos na web www.emesports.es
8.- PARTICIPACIÓN DE ATLETAS EXTRANXEIROS E DE OUTRAS
FEDERACIÓNS AUTONÓMICAS
A participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas regularase segundo o
artigo 17 da normativa RFEA.
Ligazón: https://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2020/05 ReglamentoCompeticion.pdf
9.- TROFEOS e MEDALLAS
 Trofeos para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
presente regulamento, agás nas categorías pitufo e prebenxamín, onde se entregará unha
medalla a cada participante.
 Trofeos para os/as 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de 10 k.
 Trofeo para o/a 1º/ª corredor/a local da clasificación xeral da proba de 10 k.
 Trofeos para os 3 primeiros equipos clasificados da proba absoluta.
 Trofeo Participación, ao colexio/clube con máis corredores inscritos que finalizen a proba.
 Trofeo Supermáster, ao participante de máis idade que finalice a proba, indistintamente
sexa home ou muller.
 Medallas para os/as participantes nas categorias escolares (de pitufo a sub 16).
10.- PREMIOS ESPECIAIS E AGASALLOS
 Premio TERMAS DE CUNTIS: 3 invitacións para 2 persoas ao Aquaform do Balneario de
Cuntis aos 3 primeiros/as clasificados/as da xeral da proba de 10k.
 Obsequio de VERMÚ ST PETRONI aos 3 primeiros/as da clasificación xeral da proba de
10k.
 Obsequio de VERMÚ ST PETRONI ao 1º/1ª corredor/a local da proba de 10k
 Cheque regalo de 30 € a utilizar en SUPERMERCADOS FROIZ de Padrón para o/a 1º/1ª
corredor/a local na proba de 10k
 Agasallo para todos os participantes ata esgotar existencias.
11.- ENTREGA DE PREMIOS E TROFEOS
Os/as participantes das categorías escolares recibirán unha medalla pola súa participación
tras cruzar a liña de chegada.
Unha vez rematada a proba absoluta, a entrega de premios e trofeos será no Auditorio
municipal do Centro Social, ao carón da liña de chegada, ás 19:15h.
O pagamento dos premios en metálico realizarase por transferencia bancaria, para o cal é
obrigatorio, unha vez que rematen as probas, que os atletas e clubes premiados se
acheguen ó auditorio municipal (zona de entrega de trofeos) e cubran un documento cos
datos requeridos (presentación do dni ou documento acreditativo da identidade, entidade
bancaria, nº de conta, domicilio e tlf de contacto).
Os premios en metálico estarán suxeitos as correspondentes retencións legais vixentes.
11.- USO DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
Todos/as os/as participantes no momento de realizar a súa inscrición aceptan a publicación
do seu nome e imaxen nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
O participante autoriza o uso de fotografías propias sempre que o seu uso garde relación co
evento no que se subscribe. Coa realización da inscrición o participante admite que o
organizador, poida facer uso da imaxe de todos os participantes en calquera formato xa sexa
gráfico ou dixital e en todas as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de
comunicación etc.). Todos os dereitos de imaxe pertencen ao organizador (Concello de
Padrón).
12.- SERVIZOS PARA OS/AS PARTICIPANTES
 Todos/as os/as participantes disporán dos seguintes servizos:
 Servizo de duchas nos Pavillóns municipais: Pavillón do Grupo Escolar (para homes e
mulleres) e Pavillón do Souto (só para homes). Ambos pavillóns quedan a escasos metros
da liña de meta. Horario: 15:30 a 19:30.
 Obsequio a todos/as os/as participantes ata esgotar existencias.
 Avituallamento intermedio (km 5) e en liña de meta.
 Servizo de cronometraxe por chip (emesports).
 Sinalización kilométrica.
 Servizo de gardaroupa.
 Fotografía profesional.
 Servizo de 2 ambulancias, 2 médicos e 2 sanitarios.
 Seguro de accidente deportivo para o corredor e RC do evento.
 Servizo de masaxes (Escola Europea Parasanitaria).
13.- OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
A organización reservase a potestade de cambiar os percorridos definidos nas categorías
escolares, horarios ou modificar o regulamento, circunstancias que serán comunicadas aos
participantes.
Calquer aspecto non recollido neste regulamento resolverase de acordo co regulamento da
FGA e RFEA para probas en ruta en vigor.
A organización da proba declina toda a responsibilidade dos danos que os/as atletas puideran
ocasionar, ocasionarse ou derivasen da participación destos nas probas. A organización
tampouco se responsabiliza dos obxetos persoais que poidan extraviarse ou danarse.
Todos/as os/as atletas inscritos nas probas darán por aceptado o presente regulamento e o
descoñecemento do mesmo non exime do seu cumprimento.