Calendario
Info da proba

O Porriño

27/09/2019 17:30
Regulamento X MILLA PORRIÑESA “Festas do Cristo”

O Concello do Porriño, en colaboración co Club Atletismo Porriño, organiza a X
Milla Porriñesa “Festas do Cristo”, no centro urbano da vila, o venres 27 de
setembro de 2019. O horario de comenzo das probas será as 17:00. A saída e
a chegada serán na Praza do Concello (Praza Antonio Palacios).

1. PARTICIPANTES:
Poderán participar atletas federados e non federados; habendo unha soa
clasificación conxunta. O control das carreiras estará a cargo do Club Atletismo
Porriño.

2. CATEGORÍAS DOS PARTICIPANTES, DISTANCIAS E HORARIOS:
17:00 h – De 2 a 4 anos inclusive – 100 m.
17:05 h – De 5 a 7 anos inclusive – 100 m.
17:10 h – De 8 a 10 anos inclusive – 400 m.
17:20 – De 11 a 14 anos inclusive – 800 m.
17:30 – Carreira absoluta > 15 anos – 1.609 m.

3. PREMIOS E TROFEOS
CATEGORÍAS MENORES:
– Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo. Medallas para o
resto dos participantes
CATEGORÍA ABSOLUTA:
– Trofeos para os tres primeiros de cada categoría e sexo, e unha bola de pan
do Porriño para os primeiros.

4. INSCRICIÓNS
A inscrición é totalmente GRATUITA. Pódense anotar atletas vía online ata o
día 26 de setembro ás 23:59 h. na páxina web do Club Atletismo Porriño
(www.atletismopor.com) na pestana correspondente á X Milla Porriñesa Festas
do Cristo 2019.
Regulamento Milla Porriñesa 2019

5. VESTIARIOS
Haberá servicio de duchas e vestiarios a disposición dos atletas no
Polideportivo Municipal do Porriño.

6. RECLAMACIÓNS
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente á
persoa responsable da Competición unha vez rematadas as probas.

7. CESIÓN DOS DEREITOS DE IMAXE
Durante o evento deportivo vanse tomar imaxes dos corredores e do entorno
xeral da carreira. Coa inscrición e a participación, acéptase a cesión dos
dereitos de imaxe para o uso das fotografías co obxectivo da difusión da
actividade nos diferentes medios de comunicación. Os datos cedidos para a
inscrición serán empregados exclusivamente para a correcta organización do
evento, dacordo coa Ley Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección
de Datos de Carácter Personal (LOPD).