Calendario
Info da proba

A Pobra-Subida Curota

05/10/2019 18:15 - 20:15
Regulamento IV SUBIDA Á CUROTA - SERRA DA BARBANZA

O Concello da Pobra do Caramiñal e a Asociación de Atletismo e
Deportes do Barbanza, organizan a IV SUBIDA Á CUROTA, nas
modalidades de Atletismo e Ciclismo (BTT e bicis de carretera), o día 5 de
outubro de 2019.
Poderán participar deportistas federados e non federados, na carreira a
pé e nas de ciclismo .
REGULAMENTO:
CATEGORÍAS :
CARREIRA A PÉ:
SUB 20.- HOMES E MULLERES – Nados 2000/2001/2002/2003
SENIOR.- HOMES E MULLERES – NADOS 1999/1998/1997/1996 ata MÁSTER
MÁSTER 1.- HOMES E MULLERES- DE 35 A 40 ANOS
MÁSTER 2- HOMES E MULLERES – DE 41 A 49 ANOS
MÁSTER 3.- HOMES E MULLERES – DE 50 ANOS EN DIANTE
BTT:
JUNIOR.- HOMES E MULLERES – Nados 2001/2002
ÉLITE.- HOMES E MULLERES – NADOS 2000/1999/1998/1997/1996 ata MÁSTER
MÁSTER 30.- HOMES E MULLERES- NADOS 1980 A 1989 (DE 30 A 39 ANOS)
MÁSTER 40- HOMES E MULLERES – NADOS 1970 A 1979 (DE 40 A 49 ANOS)
MÁSTER 50.- HOMES E MULLERES – NADOS 1960 A 1969 (DE 50 EN DIANTE)
BICICLETA DE CARRETERA:
CADETE.- HOMES E MULLERES – Nados 2003/2004
JUNIOR.- HOMES E MULLERES – NADOS 2001/2002
SUB 23.- HOMES E MULLERES – 1997/1998/1999/2000
ÉLITE.- HOMES E MULLERES –1996 ata MÁSTER
MÁSTER 30.- HOMES E MULLERES- NADOS 1980 A 1989 (DE 30 A 39 ANOS)
MÁSTER 40- HOMES E MULLERES – NADOS 1970 A 1979 (DE 40 A 49 ANOS)
MÁSTER 50.- HOMES E MULLERES – NADOS 1960 A 1969 (DE 50 EN DIANTE)
Inscrición: en http://emesports.es (6 euros), ata ás 23.59h. do día 2 de
outubro.
SAÍDAS: Praza Maior
-17.00h.: BTT (cada minuto un participante)
-18.15h.: saída a pé (conxunta)
-18:30h.: bicis de carretera (cada minuto un participante)
META:
-Bicis: estanque do Alto da Curotiña.
-Carreira a pé: Alto do Miradoiro da Curotiña.
DISTANCIA : 9 km.
-As saídas das carreiras en bicis será individual en intervalos de 1 minuto ou
30’’ según sexa a inscrición, a orde de saída será por orde de inscrición. A
carreira a pé farase de maneira conxunta para todas as categorías e
participantes.
-Agasallos ós/ás cinco primeiros clasificados/as por modalidade: BTT, BICI DE
CARRETERA E CARREIRA A PÉ, homes e mulleres.
-Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as por categorías e modalidades
(masc. e fem.)
PREMIOS ECONÓMICOS.- Ós tres mellores tempos en carreira a pé, bicicleta
de carretera e bicicleta de montaña.
-CARREIRA A PÉ
HOMES MULLERES
1º) 150 € 1ª) 150 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
-BICICLETA CARRETERA
HOMES MULLERES
1º) 150 € 1ª) 150 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
-BICICLETA MONTAÑA
HOMES MULLERES
1º) 150 € 1ª) 150 €
2º) 100 € 2ª) 100 €
3º) 75 € 3ª) 75 €
-Seguro de accidentes para todos/as participantes.
-Poderán participar atletas federados/as e non federados/as.
-Os/as participantes nas probas de bicis poden ter acompañamento, sen que
esto supoña molestias ó resto dos/as participantes a pé ou en bici.
-Recollida de dorsais na Praza Maior, ata media hora antes do comezo de cada
unha das probas.
-A entrega de trofeos farase no lugar da saída (Praza Maior).
-A organización porá autobuses para o traslado dos deportistas dende a meta ó
lugar de saída.
-Os/as participantes terán á súa disposición bolsas para gardarroupa a cal se
recollerá co dorsal e rotulará o seu número (pódense gardar non autobuses).
-A saída dos autobuses para o Alto da Curotiña será quince minutos antes da
saída da primeira carreira e o retorno será cando o/a último participante chegue
á meta.
Disporase dun camión cisterna no lugar da meta para poder asearse, así como
tamén poderán facer uso das duchas no Edificio de Usos Náuticos (a 100 m. do
lugar da saída)
-A proba discorrerá por o carril dereito da estrada ata o cruce de Moldes.
-Os/as acompañantes que o desexen poderán subir ó lugar da meta antes das
17.00h., a partir desa hora non se permitirá a circulación.
—A ORGANIZACIÓN CONTA COA COLABORACIÓN DA GARDA CIVIL,
POLICIA LOCAL E PROTECCIÓN CIVIL PARA O BO DESENVOLVEMENTO
E SEGURIDADE DA PROBA.
-O control da proba realizarase a través de emesport.
–Ver percorrido en wikiloc: Cronoescalada á Curota.
Información : departamento de Deportes do Concello da Pobra, Casa da
Cultura e Xuventude “Raquel Fdez. Soler” . Horario: de 9:30h. a 14:30h.
Telf.: 981832590 /981831545 .Telf. móbil (Pepe Moure): 619229946
ORGANIZA: CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL E A ASOCIACIÓN
DE ATLETISMO E DEPORTES DO BARBANZA.
COLABORA: CENTRO SPORT/DEPORTES MANIOTAS, MOTOCLUB SIN
FRENOS, TRANSPORTES AUTOS BARBANTIA, PUBLICOLOR E SPORT
BIKE.