Calendario
Info da proba

Cambre-Culleredo

13/10/2019 10:30 - 12:00
Regulamento 1.-ORGANIZACIÓN
A fundación ADRA en colaboración cos Concellos de Cambre e Culleredo, organizan a segunda
edición da Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre o vindeiro domingo 13 de outubro,
baixo o control técnico da Federación Galega de Atletismo, a través da súa delegación en A Coruña.
É unha proba incluída no Calendario Oficial da FGA coa distancia non homologada.
A Fundación ADRA (Axencia para o Desenvolvemento e Recursos Asistenciais) con CIF G82262932,
está legalmente recoñecida e inscrita no Rexistro de Fundacións do Ministerio de Sanidade, Servizos
Sociais e Igualdade com o número 28/1142. ADRA pertence á Plataforma Nacional para a Promoción
do Voluntariado.
ADRA Temple iniciou a súa actividade no ano 1997. É unha organización que ao longo dos anos ven
realizando un servizo a favor das familas de Cambre, asumindo e apoiando todas as inicitivas con
fondos propios.
As accións centráronse en atender ás famílias de escasos recursos do Temple proporcionándolles
alimentos e roupa, colabora co Concello de Cambre apoiando ás famílias que son derivadas desde
os servizos sociais.
Co obxectivo de conseguir máis recursos para os máis necesitados, xorde a organización desta
carreira solidaria para poder dotar de mellores servizos e prestacións, tales como poder comprar
alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para os nenos.
ADRA quere dar as grazas a todos os participantes da edición anterior, xa que coa súa axuda
logrouse alcanzar o obxectivo perseguido.
2.-PARTICIPANTES
A participación está aberta a todas as persoas federadas ou non, indepentemente da súa
edade cunha clasificación conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Cada corredor participa baixo a súa responsabilidade e dispón dun nivel de condición física
suficiente para afrontar a proba.
3.-LUGAR, HORA DE SAÍDA E CATEGORÍAS
Saída: Desde o paseo marítimo do Temple (Cambre) en fronte ao antigo Centro de Saúde.
O percorrido será ao longo do paseo marítimo do Burgo (Culleredo) e o paseo marítimo do Temple
(Cambre). Sendo a primeira Legua da Ruta dos Templarios.
CATEGORÍA ANO DE NACEMENTO HORA DISTANCIAS
Sub 18 2002 - 2003 10:30 h 5.6 km aprox.
Sub 20 2001 - 2000 10:30 h 5.6 km aprox.
Sub 23-Senior De 1999 ata 34 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 1 Dende 35 anos ata 39 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 2 Dende 40 anos ata 44 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 3 Dende 45 anos a 49 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 4 Dende 50 anos a 54 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 5 Dende 55 anos a 59 anos 10:30 h 5.6 km aprox.
Máster 6 Dende 60 anos en adiante 10:30 h 5.6 km aprox.
Sub 16 2005 - 2004 11:30 h 1.640 m aprox.
Sub 14 2007 – 2006 11:30 h 1.640 m aprox.
Sub 12 2009 - 2008 11:45 h 820 m aprox.
Sub 10 2011 - 2010 11:45 h 820 m aprox.
Pequerrecho 2012 e posteriores 11:55 h 100 m aprox.
ENTREGA DE PREMIOS A PARTIR DAS 12:15 horas
4.-INSCRICIÓNS
As inscricións faranse a través da páxina www.carreirasgalegas.com, remantando o prazo ás
23:59 horas do mércores 9 de outubro. Non poderán tramitarse incricións o mesmo día da proba.
As inscriciónsterán un custo de 7,5€ para as categorías: Sub 18, Sub 20, Sub 23-Sen e Máster.
As inscricións dos Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16 terán un custo de 2,5€ mentres que as incricións
FUNDACIÓN ADRA – Carreira solidaria para as familias desfavorecidas de Cambre
REGULAMENTO
dos pequerrechos será gratuita.
A recadación irá destinada a Fundación ADRA, para poder dotar de mellores servizos e prestacións,
tales como poder comprar alimentos, a organización dunha festa de Nadal e unha festa de Reis para
os nenos.
Así mesmo dentro da propia páxina, será posible, colaborar con:
- DORSAL 0: Donativo de 2, 5, 10, 20 ou 50 Euros en colaboración coa Fundación ADRA e non poder
participar na carreira.
- Donativo: Todas aquelas persoas participantes na proba absoluta que desexen realizar un donativo
á Fundación ADRA poderán facelo dentro da propia inscrición da carreira.
A Organización resérvase o dereito para rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións do evento que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida ou de
xurdir algunha situación non reflectida no mesmo, estarase ao que dispoña a organización.
5.-RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais será o mesmo día da proba na secretaría ubicada nas inmediacións da saída
das carreiras, dende as 8:45h ata media hora antes de cada proba. O dorsal estará situado no peito
e terá que ser visible ao longo de toda a proba.
Entrega de camiseta conmemorativa co dorsal da carreira ata as 600 unidades.
6.-SERVIZOS
A organización dispondrá a asistencia sanitaria con ambulancia. Ó finalizar cada carreira haberá
servicio de avituallamento para cada participante. A proba conta cun seguro de Responsabilidade
Civil e un seguro de accidentes deportivos para os participantes.
O corredor disporá de servizo de duchas e vestiarios no Pavillón do Graxal.
7.-TROFEOS E PREMIOS
Os premios serán repartidos da seguinte maneira:
- Medallas conmemorativas para todos/as na categoría pequerrechos
- Trofeos para aos/ás 1º, 2º e 3º clasificados/as en cada categoría tanto en masculinos como
femininos dende Sub 10 ata Máster 6.
- Trofeo ao participante máis veterán e ao máis pequeno.
- Bolsa conmemorativa para todos os participantes.
8.-VEHÍCULOS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes.
9.-RETIRADAS E DESCALIFICACIÓNS
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado na zona do
peito ou que incumpla as normas establecidas no regulamento da Federación Galega de Atletismo
e da RFEA referente a probas en ruta, poderá ser descalcificado.
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a calquera atleta que
manifeste un mal estado físico.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuíz Arbitro da
Competición non mais tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos
10.- OUTROS
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona
de saída/meta desde unha hora antes do comezo das probas e ata media hora despois da
finalización. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no
evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores.
Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que
utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída
na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación
non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas
da FGA, RFEA e IAAF en vigor.