Calendario
Info da proba

Noia

31/08/2019 18:00 - 19:00
Regulamento IV CRONOESCALADA MONTE IROITE
O Club Peña Ciclista Toxo, organiza a IV Cronoescalada Monte Iroite, unha proba
composta por tres modalidades, unha cicloturista btt e btt E-Bike, outra cicloturista
carretera e outra trail, que se celebrará o día 31 de Agosto de 2019.
Para os participantes en bicicleta as 16:15 horas dará comenzó a recollida de
dorsais, e as 17:00 horas a saída, que será individual cada minuto.
As 18:00 horas se dará comenzó a recollida de dorsais para os participantes o trail e
unha vez finalizado o último en bicicleta, sairán de un en un.
A saída será dende O campo de fútbol de Argalo en Noia , e a chegada no alto de
Guiende – Lousame para os participantes en Btt, E-Bike btt e trail, para os de
carretera finalizarán no alto do Iroite, segundo o seguinte:
Regulamento Xeral.
1- A IV Cronoescalada Monte Iroite non terá carácter competitivo, os participantes
consideraranse en excursión persoal e polo tanto deberán respetar as normas
dos membros da organización.
2- O percorrido será de 8 kilometros. Terá unha dificultade técnica media e unha
dureza media-alta, apta para todos os practicantes habituais de Btt.
3- Non poderan participar persoas maiores de 70 anos, nin menores de 16 anos. Os
menores de 18 anos deberán presentar obligatoriamente unha autorización
asinada polo seu pai, nai ou titor legal.
4- A proba será de ritmo libre na súa totalidade ainda que a organización resérvase
o dereito de controlar ou neutralizar a mesma se circunstacias especiais o
aconsellasen.
5- Todo participante que non respete este regulamento, as normas de convivencia,
que tiren lixo ó chan, circule sen levar o dorsal de xeito visible ou non acate as
instruccións dos membros da organización, será expulsado da proba de xeito
inmediato e se fose necesario sería denunciado as autoridades competentes.
6- E absolutamente obrigatorio o uso de casco regulamentario durante todo o
percorrido.
7- Os participantes son responsables de atoparse nun estado físico axeitado para
afrontar o percorrido establecido.
8- O percorrido está debidamente sinalizado. Antes da saída, informarase
axeitadamente da características da sinalización e das precaucións especiais que
sexan de importancia e a ter en conta en certos tramos.
9- Estará a disposición de todos os participantes un servicio de primeiros auxilios e
se fose necesario dunha ambulancia. No caso de que fose preciso, procederase ó
traslado do accidentado a algún dos centros médicos concertados co seguro da
proba.
10- Haberá varios vehículos de asistencia para transportar bicicletas e participantes
con problemas. Os participantes son responsables de presentarse na saída coa
bicicleta cun estado mecánico axeitado para circular con seguridade polo
percorrido da proba. Así mesmo todos os participantes deberán ir dotados do
“KIT” básico de reparación, ainda que tamén dita proba vai ter servicio de
mecánica de pequeñas averías por membros da organización.
11- A organización reservase o dereito de participación de ata 150 persoas,
reservándose a orde de inscrición.
12- A organización non se fará responsable daqueles danos que poidan producir os
participantes a terceiros, derivados de conductas imprudentes alleas a
organización, nin das sancións que lles poidan corresponder por non respetar o
código de circulación vixente.
13- O feito de inscribirse nesta proba, leva implícita a aceptación da totalidade
destas normas.