Calendario
Info da proba

Sada - Carrera del Agua UNICEF

29/09/2019 10:00 - 13:00
Regulamento Regulamento
O total da inscrición será doado a UNICEF

ORGANIZA: Club Atletismo Sada
Concello de Sada

PATROCINA: Disnav, Distribuciones Navideñas
Obra Social La Caixa
Nosolomadera
Base: Todo Deporte

• LUGAR DE SAÍDA:
Paseo Marítimo xunto a Casa da Cultura Pintor Llorents, Sada

O evento componse de:
• Carreira 10.000 mts (Sub 23 en adiente)
• Carreira 5.000 mts (Sub18/20 en adiente)
• Carreira de 1.000 mts (Sub16)
• Competicións para Nenos
• Andaina longa 11 km e curta 3 km aprox

Estas carreiras (menos os adultos no 5.000) forma parte do VII Circuíto de Carreiras populares da Deputación Provincial Da Coruña e como tal réxese polo regulamento de tal circuíto, que podedes ver aquí
https://www.dacoruna.gal/files/3915/5196/6920/Bases_2019-res_EXTRACTO.pdf
e está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.

• CATEGORIAS
Prebiberóns 2016-2017-2018 Homes e mulleres, 100 m

Biberóns 2014-2015 Homes e mulleres, 100 m

Prebenxamín nados 2012-2013 Homes e mulleres, 350 m

Sub10 nados 2010-2011 Homes e mulleres, 350 m

Sub12 nados 2008-2009 Homes e mulleres, 700 m

Sub14: nados 2006-2007 Homes e mulleres, 700 m

Sub16: nados 2004-2005 Homes e mulleres 5 km

Sub 18/20 :nados 2000-2001-2002-2003 Homes e mulleres 5 km

Sub23/Sénior (Sénior) nacidos en 1999 ata 34 anos homes e mulleres 5km/10 km

Master 1 de 35 ata 44 anos Homes e mulleres 10 km

Master 2 de 45 ata 54 anos Homes e mulleres 10 km

Master 3 de 55 ata 64 anos Homes e mulleres 10 km

Master 4 de 65 anos en adiante Homes e mulleres 10 km
5.000 mts:

Sub23/Sénior (Sénior) nacidos en 1999 ata 34 anos homes e mulleres 5km

Master A de 35 ata 44 anos Homes e mulleres 5 km

Master B de 45 anos en adiante Homes e mulleres 5 km

• HORARIOS
10:00 Sub23, Seniors e Master 10 km
10:01 Andaina Longa 11 km
10:10 Sub18/20, Sub23, Sénior e Marter 5 km
11:15 Quecemento nenos
11:30 Nadas 2012/2013 Prebenxamíns Feminino
11:33 Nados 2012/2013 Prebenxamíns Masculino
11:36 Nadas 2010/2011 Sub10 Feminino
11:39 Nados 2010/2011 Sub10 Masculino
11:42 Nadas 2008/2009 Sub12 Feminino
11:49 Nados 2008/2009 Sub12 Masculino
11:56 Nadas 2006/2007 Sub14 Feminino
12:03 Nados 2006/2007 Sub14 Masculino
12:10 Nados 2004/2005 Sub16 Mixto
12:25 Nacid@s 2014/2015 Biberóns M e F
12:27 Nacid@s 2016-2017-2018 Pre-Biberóns M e F
12:30 Andaina Curta 3 km
13:30 Entrega trofeos

• INSCRICIÓNS

As inscricións de adultos, Sub18/20, Sub16, Sub14, Sub12, Sub10 e prebenxamíns realizaranse exclusivamente en:

www.championchipnorte.com


Os prebiberóns, biberóns, andaina longa e andaina corta ademais de en www.championchipnorte.com poderán inscribirse na cafetería Rincon de Burgos (c/Oleiros 1-3, Sada) e no restaurante CasaPueblo (restaurante do Hotel Alda Sada Marina, Avd da Marina s/n) ata o sábado 28 de setembro ás 15:00, ou o mesmo día da carreira ata ½ hora antes da proba.

Por tratarse dunha carreira solidaria en beneficio de Unicef, as inscricións terán un donativo de 6 € para os das carreiras de 5 e 10 km e para as andainas de 11 e de 3 km. Os Sub18/20 terán un custe de 4 €, e para os nenos (de Prebiberón a Sub16) terá un custe de 3 €.Estes prezos son validos ata o mércores 25 de setembro as 23:59.A partir do Xoves 26 as 00:00 ata o domingo 29 as 9:30 as inscricións dos nenos de Prebenxamin ata Sub16 e os das carreiras de 5km e 10km de Sub18/20 ata Master terán un costo de 30€. Os biberóns e prebiberón e as andainas custaran o mesmo.

Ademais de forma voluntaria, existe a posibilidade de facer donativos adicionais desde 1 a 50 €, sempre a favor da causa de UNICEF.

A cronometraxe farase con chip desde a categoría pre-benxamín ata os master.

As andainas non son competitivas polo que non haberá clasificación.

Os non propietarios de chip amarelo deberán abonar 1 € en concepto de aluguer.

Os prebiberóns, biberóns e andainas se poderán inscribir o mesmo día da proba na carpa habilitado para iso ata ½ hora antes da carreira ou ata finalizar as existencias de dorsais).

• INSCRICIÓNS EQUIPOS no 10.000
Para inscribirvos como equipos tedes que poñer o nome do equipo na opción editable do formulario de inscrición (para que a inscrición de equipos sexa válida o nome do equipo que figure na inscrición ha de ser o mesmo para todas as inscricións que formen equipo).

Cada equipo debe ter un capitán, que é o encargado de crear o equipo e de enviar e xestionar as invitacións no mesmo.

Un capitán poderá enviar invitacións aos distintos inscritos dunha competición así como revogar invitacións que non son correctas.

A mecánica é moi sinxela, o capitán creará un novo equipo e enviará as invitacións aos distintos inscritos para que participen no seu equipo especial.

Para máis información: championchipnorte.com/axuda-equipos

Lembra que puntúan os 3 primeiros mozos e as 3 primeiras mozas chegados a meta

• AVITUALLAMENTO E DUCHAS
A metade de percorrido, no km 5 aproximadamente haberá un posto de avituallamento onde se repartirán augas.
Ao finalizar a proba dispoñerase de duchas no pavillón municipal de Sada. O pavillón está situado a 1,4,km da saída.
Podedes ver a localización e o percorrido en Google Maps

DORSAIS:

Dorsais de carreiras con chip (Prebenxamín ata Master)

Ponderase recoller os dorsais o Venres 27 e o sábado 28 de 10:00 a 16:00 e de 17:00 a 21:00 na tenda BASE: TODODEPORTE da Coruña (Calle Payo Gómez 11, entorno da praza de Lugo, A Coruña)
Todo aquel que recolla o seu dorsal na tenda terá un desconto do 10% da compra efectuada. Este desconto non será acumulable a outras ofertas ou promocións e será válido unicamente para o día da recollida do dorsal.
O mesmo día da proba nas carpas habilitadas o efecto no lugar da saída. Ata 30’ antes do inicio de cada competición. Recomendase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última hora.
Para a recollida de dorsais poderase exixir a presentación do DNI ou documento oficial que acredite a identidade.

Biberóns, Prebiberóns e Andainas:

O mesmo día da proba ata media hora antes, nas carpas habilitadas para o efecto no lugar de saída.

• CONTROL DE CHEGADA:
A proba será controlada pola Federación Galega de Atletismo.

A cronometraxe correrá a cargo da Empresa ChampionChipNorte.

Deberase colocar o chip no nocello ou zapatilla. A incorrecta colocación do mesmo ou a perda do mesmo no transcurso da carreira implica o non rexistro no sistema á chegada, e por tanto a exclusión da clasificación final.

Non se admiten reclamacións de corredores que entrasen en meta sen o chip.

Todas as persoas inscritas na proba deberán devolver ou chip ao finalizar a mesma. A non devolución ou perda implica o pago do mesmo, 20 euros, así como o non dereito a recibir agasallo e aparecer na clasificación.

Ao longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos, estando autorizados para retirar a calquera corredor que cometa algunha irregularidade ou desobediencia aos voluntarios encargados do control da proba.

Os puntos quilométricos estarán sinalizados ao longo de todo o percorrido.
• CLASIFICACIÓN POR EQUIPOS no 10.000
Ao realizar a inscrición de maneira individual, poderase facer tamén por equipos. O único requisito será que o equipo estará composto como mínimo por 3 mozos e 3 mozas. Non hai número máximo de membros por equipo.

Para que compute na clasificación deberán chegar a meta polo menos 3 mozos e 3 mozas. Os 3 primeiros mozos de cada equipo e as 3 primeiras mozas achegarán os puntos para a clasificación. Cada membro suma os puntos equivalentes ao posto de chegada: o primeiro suma un punto, o segundo dous,... Gaña o equipo que menos puntos somen os 6 compoñentes (3 mozos e 3 mozas). En caso de empate a posición da primeira moza desfai o empate.

Haberá premios para os 3 primeiros equipos na carreira de adultos.

Non é necesario que sexan federados, pode haber equipos de peñas, amigos, etc.

• CLASIFICACIÓN MELLOR ATLETA DO ANO no 10.000
Coa intención de motivar a participación e o espírito de superación principalmente dos corredores principiantes, premiarase aos atletas que máis mellorasen a súa marca con respecto ao mellor tempo obtido en calquera das edicións da carreira da auga.

Haberá trofeo/medalla para os 3 mellores atletas do ano masculino e feminino. Tomarase como referencia a mellor marca obtida en algunha das edicións da Carreira da Auga por tanto só poderán optar a este premio os corredores que participasen nalgunha das 8 edicións anteriores.


Para obter a clasificación, restarase o mellor tempo de edicións anteriores, o tempo deste ano. Os atletas que máis mellorasen serán os gañadores. Os 3 mozos que máis baixasen o seu tempo serán os gañadores masculinos e ídem para as 3 mozas.

Exemplo
Juan Pérez Pérez fixo en 2014 55'30'', e en 2019 52'30'', a súa mellora é de 3 minutos.
Pepe García García fixo en 2018 34'30'', e en 2019 33'30'', a súa mellora é de 1 minuto.
Juan mellorou 3 minutos, e Pepe só mellorou 1, por tanto Juan gaña a Pepe.

• TROFEOS E PREMIOS:
10.000 mts e nenos:
Publicaranse os resultados provisionais no taboleiro oficial da zona de meta. A partir dese momento ábrese un período de reclamacións de 30 minutos. Pasado este período, non se admiten reclamacións. A organización publicará entón a clasificación definitiva.

Recibirán medalla todos os nenos participantes ata categoría Biberón.

Grazas ao acordo entre CAS, EMALCASA e Cerámicas Sargadelos, de prebenxamíns en diante (inclusive) os primeiros clasificados recibirán un magnífico trofeo de cerámica deseño Sargadelos, e os segundos e terceiros recibirán medalla de cerámica deseño Sargadelos co seu estoxo. Na categoría absoluta recibirán trofeo os 3 primeiros masculino e feminino

Recibirán trofeo/medallas os 3 primeiros atletas de cada categoría (excepto biberóns e prebiberóns), tanto en homes como mulleres.

Recibirán trofeo/medallas o atleta e a atleta máis veteranos, chegados a meta, masculino e feminino. Este trofeo poderá ser acumulativo con outro da súa categoría.

Recibirán trofeo/medallas os primeiros clasificados do municipio de Sada, masculino e feminino. . Este trofeo poderá ser acumulativo con outro

Haberá premio para o Club con máis participantes na carreira exceptuando ao Club Atletismo Sada (nenos desde Prebenxamín ata adultos)

Haberá trofeo/medalla para os 3 primeiros equipos na carreira de adultos.

Haberá trofeo/medalla para os 3 mellores atletas do ano masculino e feminino.
. Este trofeo poderá ser acumulativo con outro

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados da carreira de 10 km masculino e feminino, Categoría Absoluta.
Este trofeo NON é acumulativo.

5.000 mts:
Recibirán trofeo/medallas os 3 primeiros atletas de cada categoría (Sénior, Master A e Master B), tanto en homes como mulleres.

Haberá trofeo para os 3 primeiros clasificados da carreira de 5.000mts masculino e feminino, Categoría Absoluta.
Este trofeo NON é acumulativo.

Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.

Farase entrega dos mesmos ao finalizar as probas.

Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos, e deberán achegarse á zona de podio uns minutos antes do comezo de entrega.

Durante a entrega de trofeos, entre os participantes na carreira de 10.000 mts e 5.000 mts , sortearase varios regalos por xentileza de Soria Natural, Todo Deporte e Hospital Quirón e Nauelec.

É imprescindible estar presente no momento do sorteo. Se non está presente sacarase outro número ata que apareza o premiado. (Para participar no sorteo, os dorsais depositaranse nunha caixa á entrada do salón de actos xusto antes da entrega de premios. Na caixa indicase “ADULTOS”)

Durante a entrega de trofeos, entre os participantes nas carreiras de nenos sortearanse distintos agasallos doados por Todo deporte.

É imprescindible estar presente no momento do sorteo. Se non está presente sacarase outro número ata que apareza o premiado. (Para participar no sorteo, os dorsais depositaranse nunha caixa á entrada do salón de actos xusto antes da entrega de premios. Na caixa indicase “NENOS”)

Os participantes na Andaina recibirán á hora de recoller o seu dorsal unha rifa que terán que depositar á entrada do salón de actos na caixa que poña “ANDAINA” para poder participar no sorteo agasallos doados por Todo Deporte e Soria Natural

É imprescindible estar presente no momento do sorteo. Se non está presente sacarase outro número ata que apareza o premiado

• PERCORRIDOS
Biberóns e Prebiberóns 100 m
.
Prebenxamíns e Sub10 1 volta 350 m

Sub 12 e Sub14 2 voltas 700 m

10.000 mts
5.000 mts