Calendario
Info da proba

Maside

01/09/2019 10:00 - 13:00
Regulamento REGULAMENTO
XIIIª CARREIRA POPULAR
XIIª ANDAINA
Categorías:
A Carreira Popular consta das seguintes categorías:
.- Carritos: dende o momento do nacemento ata os 3
anos.
.- Pitufos: de entre 3 e 7 anos (nados 2012-2013-
2014-2015-2016)
.- Rapaces: de entre 8 e 12 anos (nados 2011-2010-
2009-2008-2007)
.- Mozos: de entre 13 e 15 anos (nados 2004-2005-
2006)
.- Absoluta: de 16 anos en adiante
A Andaina será categoría única.
Distancia:
O percorrido é de 15,100 km, para a categoría
Absoluta da Carreira e a Andaina, transcorrendo
maioritariamente por camiños de terra dentro da
Paraxe Natural do Puzo do Lago, ainda que comeza e
remata en asfalto no núcleo urbano de Maside.
Para a categoría Carritos (ata 3 anos) a distancia é de
750 metros (unha volta de 750 metros).
Para a Categoría Pitufos (3 a 7 anos) a distancia é de
750 metros (unha volta de 750 metros) a disputar
polas rúas de Maside.
Para a categoría Rapaces serán 1.050 metros (unha
volta de 750 metros + unha volta de 300 metros)
polas rúas de Maside.
Para a categoría Mozos o percorrido ten 3,5 km que
os levarán por asfalto é terra á meta.
Horarios:
10.00 horas- Saida Andaina
10.15 horas- Saida Categoría Mozos
10.30 horas- Saída Categoría Rapaces
10.45 horas- Saída Categoría Pitufos
Saída Categoría Carritos
11.00 horas- Saída Categoría Absoluta
Localizacións:
Saída/Meta: estará instalada na Rúa Princial de
Maside á altura da Alameda.
Duchas: Pavillón de Deportes de Maside.
Información e Inscricións:
Todas as persoas interesadas en participar neste
evento deportivo terán toda a información relativa ó
mesmo tanto na páxina web de Concello de Maside
(www.concellodemaside.gal) como na de Champion Chip
Norte (www.championchipnorte.com ), así como no
teléfono 608.242.210.
As inscricións para a XIIIª Carreira Popular e XIIª
Andaina poderán realizarse a través do portal web
www.championchipnorte.com. A cota de inscrición é de
5 € para os participantes na Categoría Mozos,
Absoluta e Andaina. O prazo de inscrición pecharase
o xoves 29 de agosto. A inscrición nas categorías
Carritos, Pitufos e Rapaces serán gratuitas.
Para a Andaina os interesados terán a posibilidade de
inscribirse o mesmo día ata ½ hora antes da saída.
A totalidade da recadación das probas será donado á
“FUNDACIÓN ANDREA de Apoyo a los niños con
enfermedades de larga duración, crónicas y
terminales”. Dado o carácter solidario das probas
haberá a disposición de tódolos interesados unha “Fila
0” onde poderán depositar os donativos (ben no banco
CCC: ES64 2080 5315 70 3040352461-indicando no
concepto: Fila 0; ben o día da proba, ou a través da
plataforma de ChapionChipNorte).
Premios:
Haberá trofeos para os seguintes:
Medaias para tódolos participantes:
Categoría Carritos
Categoría Pitufos
Categoría Rapaces
1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Mozos
1º-2º-3º e 1ª-2ª-3ª Categoría Absoluta
1º -1ª Máis Veterano/a da Carreira
1º-1ª Local da Carreira
1º-1ª Andaina
Ademáis haberá sorteo para tódolos participantes de
varios agasallos cortesía dos distintos colaboradores
do evento.
Avituallamentos:
O longo do percorrido atoparemos un avituallamento
líquido. Debido a que a proba transcurre en gran parte
pola Paraxe Natural do Puzo do Lago declarada de
Interese Natural, rógase a tódolos/as participantes
que depositen os posibles desperdicios dentro das
zonas habilitadas para elo.
Ó finalizar a proba avituallamento líquido e sólido na
súa chegada a meta.
Dorsais:
Serán entregados ata media hora antes da saída de
cada proba, a recollida farase na zona de inscricións
situada na entrada da Alameda de Maside.
Os participantes da Carreira Popular en categorías
inferiores (Pitufos, Rapaces e Mozos) tan só poderán
participar nunha delas, a que lle corresponda por
idade. Se en algún caso participase en máis dunha a
organización declina toda responsabilidade ó respecto,
e tan só poderá subir a podium na categoría que lle
corresponda por idade.
Medio ambiente:
A organización solicita encarecidamente que se
manteña o trazado do percorrido limpo de
desperdicios (envoltorios de geles, barritas, plásticos,
papeis,...).
Estaremos nun espazo natural e para poder seguir
disfrutando del e da proba somos todos nós os que
debemos velar pola súa conservación. Todos somos
responsables.
Se ti, participante, ves a un compañeiro depositar
desperdicios no percorrido denunciao ante a
organización. De non facelo serás complice. Espazos
naturais, libres de desperdicios.
A organización velará de forma moi especial o
cumprimento deste apartado. Chegado o caso
procederase á descalificación do infractor/a.