Calendario
Info da proba

Abegondo

11/10/2019 20:00 - 22:00
Regulamento INFO CORREDOR/A
BOLETIN INFORMATIVO

Localización da Saída e Chegada: Encoro de Beche (Abegondo)
Google maps:
https://goo.gl/maps/oMSmhz7VFXisXEEM8


TRAIL NOCTURNO DO CAMIÑO INGLÉS - ABEGONDO

O trail do camiño inglés, é unha carreira de trail e andaina nocturna e popular que discurrirá sobre unha distancia de 12 kms. aprox. A saída e meta da proba, farase nas inmediacións do encoro de Beche, Abegondo, nun espacio de moita beleza paisaxística e natural. As dúas modalidades de proba percorrerán o mesmo percorrido. Ao terminar, a organización e o concello de Abegondo, brindarán un pincho a tódolos participantes, e haberá música en directo.
A carreira contará como marco e eixo principal O CAMIÑO INGLÉS, que tantos peregrinos recibe ao longo do ano ao seu paso por este encoro.
Será un trail moi asequible para todo o mundo perfecto para iniciarse nesta disciplina deportiva.

Os prezos das inscripcions os percorridos e a plataforma de inscripción serán os seguintes.

Percorrido 12 kms e 400 metros positivos:
9 € ata o día 6 de Outubro as 23:59
12 € do 7 ata o día 9 de Outubro as 22:00


Andaina 7,5 kms:
7€ ata o día 6 de outubro as 23:59
10 € do 7 de Outubro ata o 9 de Outubro as 22:00


A inscripción inclué:
Seguro de accidentes y R.C.
1 abastecemento líquido e sólido
Agasallo da proba
Pincho Final e música en directo.
Reportaxe fotográfico en aberto.

inscripcións en www.galitiming.com

HORARIOS
19 a 20 hs. Recollida de Dorsais.
20:30 Saída
22:15 Entrega de premios

BALIZAXE DA CARREIRA
Teremos 3 tipos de marcas para seguir o percorrido.
Marcas fixas con frechas de dirección en crucezamentos e interseccións.
Cinta de Balizar vermella e Branca.
Cartais de dirección
Frechas de espray biodegradable en cor fosforito

MATERIAL OBRIGATORIO

Linterna frontal

¿QUE FACER EN CASO DE EMERXENCIA?
No caso de emerxencia que nos imposibilite seguir na carreira e que necesitemos asistencia medica, intentaremos chegar os puntos de emerxencia onde o persoal da organización nos atenderanos e enviara a ambulancia para a evacuación do accidentado.
No caso de emerxencia grave que non nos poidamos mover avisaremos a un corredor para que poida alertar no punto mais cercano ou ven chamarnos a os teléfonos que aparecen nos dorsais. E obriga de todos os corredores prestar asistencia os lesionados. A organización facilitará coa inscripción un seguro de accidentes e de responsabilidade civil.
No caso de accidente que precise asistencia hospitalaria, esta terá que ser prestada exclusivamente no centro concertado co seguro, queda fora da responsabilidad da organización a asistencia en outros centros de saúde e hospitais.

CATEGORIAS:

As categorías son as seguintes na modalidade de trail:

Absoluto Masculino dos 18 ata 45 años
Absoluto Feminina dos 18 ata 45 años
Veterano/a. A partir dos 46 años
A idade considerada pola organización será a que se teña ao finalizar o ano en curso.



AVITUALLAMENTOS E NORMAS

Queda prohibido tirar botellas, vasos, papeis ou desperdicio fora das zonas habilitadas pola organización. No caso de incumprimento será motivo de descalificación.
O feito de inscribirse supon a aceptación do regulamento.
O avituallamento estará no km 6 tanto no trail como na andaina

FOTOS E VIDEOS PARTICIPANTES
Co pago da inscripción aceptase a publicación nos nosos medios, web, Facebook, twiter e outros medios de publicidade do material fotográfico e video da carreira.

ENTORNO:
A proba discurrirá por zonas de especial interese medioambiental. Pregámosvos a tódos os participantes que respetedes a contorna, que non se boten restos de plásticos ou lixos no monte e que non se moleste á posible fauna que nos poidamos encontrar polo percorrido.


DUBIDAS
Para calquera dubida, enviade un correo a pablo@marmaroutdoor.es