Calendario
Info da proba

Riveira

28/09/2019 17:00 - 19:00
Regulamento XXII CARREIRA POPULAR SANTA UXIA. CONCELLO DE RIVEIRA
SÁBADO 28 DE SETEMBRO DE 2019
O Concello de Riveira a través da Concellería de Deportes organiza o sábado 28 de
setembro de 2019, a partir das 17.00 horas, a XXII edición da Carreira Popular de Santa
Uxía que formará parte do VII Circuíto Provincial de Carreiras Populares da Deputación
da Coruña, así como do IV Circuíto de Carreiras Arousa Arousa Norte.
A proba absoluta disputarase sobre a distancia 10 km. As probas levaranse a cabo na
localidade de Riveira e estarán suxeitas o seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. As probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuices da Federación
Gallega de Atletismo.
2. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
Para a XXII Carreira Popular de Santa Uxía as categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
PITUFO Atletas nados no 2015 e posteriores
PREBENXAMÍN Atletas nados no 2012, 2013, 20143
SUB 10 H/M anos 2010 e 2011
SUB 12 H/M anos 2008 e 2009
SUB 14 H/M anos 2006 e 2007
SUB 16 H/M anos 2004 e 2005
SUB 18 H/M anos 2002 e 2003
SUB 20 H/M anos 2000 e 2001
SUB 23 H/M anos 1997, 1998 e 1999
SENIOR H/M de 1996 ata 1985
MASTER 1 H/M de 1984 ata 1979
MASTER 2 H/M de 1978 ata 1970
MASTER 3 H/M de 1969 ata 1960
MASTER 4 H/M de 1959 en adiante
“SAPATILLA
INCLUSIVA”
Categoría única absoluta para persoas
con diversidade funcional
3. DISTANCIAS E HORARIOS
A SAÍDA DAS PROBAS ESTARÁ UBICADA NA ZONA DO MALECON DE RIVEIRA (Paseo
marítimo).
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
17.00 h Sub 14 – Sub 16 2.500 metros
17.30 h Sub 12 1.000 m
17.40 h Sub 10 750 m
17.50 h Prebenxamín 400 m
18.00 h Sub 18, Sub 20, sub 23,senior e
máster
10 km
(2 voltas)
18.00 h “Sapatilla Inclusiva” 5 km
(1 volta)
19.10 h Pitufo 100 m
19.30 h ENTREGA DE PREMIOS
4. INSCRICIONS
Os participantes na XXII Carreira Popular de Santa Uxía poderán realizar a súa inscrición na
web www.riveira.es e www.emesports.es, con data límite o xoves 26 de SETEMBRO ás
23.59 horas.
PREZOS DA INSCRICION
- CATEGORIAS BASE (ata sub 16 incluido): GRATUITA
- PROBA ABSOLUTA (De sub 18 a máster): 6,00 €
- Nesta proba abrirase un segundo e prazo final de inscrición ao Circuito de
Carreiras Arousa Norte 2019.
I M P O R T A N T E: Non se permitirá a participación de ningún deportista que non
houbera realizado a inscrición previa. Non se realizarán inscricións o día da proba.
5. PREMIOS
Na XXII Carreira Popular de Santa Uxía outorgaranse os seguintes premios:
a) PREMIOS ECONÓMICOS PROBA DE 10 kilómetros*:
1º clasificado/a 300,00 euros + trofeo
2º clasificado/a 150,00 euros + trofeo
3º clasificado/a 90,00 euros + trofeo
*Os premios económicos serán aboados a través de transferencia bancaria, para o cal as/os
atletas gañadoras/es terán que facilitar os seus datos persoais e bancarios unha vez remate a
proba.
• Medallas Conmemorativas ás/ós 3 primeiras/os clasificadas/os locais da carreira.
• Medallas Conmemorativas ós tres primeiros clasificados de cada categoría
establecida no presente regulamento.
• OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS, a excepción dos primeiros
clasificados locais.
Ojo morado Categorías base:
• Medallas Conmemorativas para os tres primeiros clasificados/as das categorías
sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16.
• Medallas para todos os participantes das categorías pitufo e prebenxamín, Nestas
dúas categorías non se realizará clasificación nin entrega de trofeos.
6. RETIRADA DE DORSAIS e CHIPS.
Realizarase o día da proba na zona do malecón, en caso de mal tempo trasladarase o
AUDITORIO MUNICIPAL, ó carón do Centro de Saúde, ata media hora antes do inicio de
cada proba. O dorsal outorgado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na
parte anterior do corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu
dorsal será descalificado.
OS PARTICIPANTES NO CIRCUITO DE CARREIRAS POPULARES AROUSA NORTE
2019 TERÁN QUE RECOLLER UN DORSAL NOVO EN CADA PROBA DO CIRCUITO
INCLUIDA ESTA, CO CAL TERÁN QUE COMPETIR. Poderán ademais recoller o
agasallo de organización.
7. DESCUALIFICACIONS
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquera participante que incumpra as normas de competición,
as establecidas nos regulamentos da FGA, RFEA ou IAAF para probas en ruta, ou que cometa
algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou colectiva durante a proba.
8. OUTRAS CONSIDERACIÓNS REGLAMENTARIAS
▪ Haberá servizo de duchas a disposición dos atletas no Complexo Deportivo de A
Fieiteira ou Centro de Raqueta Sta Uxía (praia de Coroso).
▪ Haberá servizo de gardarroupa.
▪ Haberá servizo de ambulancia, e seguro deportivo (licenza de día) para os
participantes.
▪ Haberá sinalización dos puntos quilométricos.
▪ Haberá avituallamento intermedio líquido e líquido/sólido final.
▪ Aparcamento nas inmediacións da saída, na zona portuaria.
▪ Haberá sorteo de agasallos entre os corredores.
▪ A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.
9. RECLAMACIÓNS
Todas as reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro da competición,
ubicado na zona próxima á meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións
dos resultados oficiais que serán expostos en lugar visible pola ORGANIZACIÓN.
10. PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS E
EXTRANXEIROS/AS
Nesta proba a participación de atletas extranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexirase de acordo co disposto no artigo 3.4. do “REGLAMENTO PARA LAS
COMPETICIONES DE CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y PISTA 2018-2019”.
Máis información de esta norma no ligazón:
http://www.rfea.es/normas/pdf/reglamento2019/06_ReglamentoCompeticiones .pdf
11. ARTIGO 23: LOPD.
Todos/a os/asas corredores/as ao realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome
e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
CONSIDERACIÓN FINAL
Todo o non reflexado no presente regulamento rexirase polas normas vixentes da FGA e
RFEA.