Calendario
Info da proba

Cambados

22/08/2009 18:00 - 20:30
Regulamento
XIV Triatlón Vila de Cambados

Data: sábado, 22 de agosto de 2009
Hora: 18:00 h
Lugar: Isla das Goritas do Paseo Marítimo de Cambados.
Organiza: Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados.
Inscrición: Ata media hora antes no lugar da proba, e de 09:30 a 14:00 horas no teléfono 607 51 84 38 ( Alfredo V. Oliveira).

O XIV TRIATLÓN POPULAR VILA DE CAMBADOS , organizado pola Concellería de Deportes do Ilmo. Concello de Cambados, celebrarase o vindeiro sábado 22 de agosto ás 18:00 horas, con saída e chegada na isla das Goritas do Paseo Marítimo de Cambados. A proba estará suxeita ó seguinte:

REGULAMENTO XERAL
CATEGORÍAS HOMES E MULLERES E DISTANCIAS
A- de 11 a 15 anos
Natación 50 metros
Ciclismo 1.500 metros
Atletismo 500 metros

B- de 16 anos en diante
Natación 250 metros
Ciclismo 6.000 metros
Atletismo 3.000 metros

Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal pintado no seus brazos ou pernas para a súa identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola organización, será automáticamente descalificado/a.

O percorrido estará indicado, controlado e cortado ó tráfico. A organización contará coa colaboración dos organismos municipais competentes.

Contarase cun servizo de ambulancia e con dúas lanchas neumáticas.

INSCRICIÓNS:
DATOS OBRIGATORIOS: NOME E APELIDOS, IDADE, SEXO E LOCALIDADE.
PREZO DA INSCRIPCIÓN: GRATUITA.

RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba na ISLA DAS GORITAS DO PASEO MARÍTIMO DE CAMBADOS, A PARTIR DAS 17:00 HORAS.

TROFEOS E PREMIOS
Trofeos ós tres primeiros clasificados da categoría A
Trofeos ós catro primeiros clasificados da categoría B
PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS /AS CLASIFICADOS/AS DA CATEGORÍA B

Tanto para homes como mulleres
1º 200 €
2º 150 €
3º 100 €
4º 50 €

ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.

Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un xustificante de pago unha vez recollan o premio.

A entrega de premios será na Isla das Goritas, unha vez rematada-las probas.

A Concellería de Deportes do Concello de Cambados non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.

Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o mellor espíritu e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen (informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total aceptación deste regulamento.



- - Participa no foro de Triatlón