Calendario
Info da proba

Lira

10/08/2019 19:00 - 21:00
Regulamento XXVI CARREIRA A PÉ - LIRA
• DATA: sábado 10 de agosto.
• LUGAR: Portocubelo (Lira)
• PROMOVE: A. C. Canle.
• PATROCINA: Stolt Sea Farm. S.A.
• COLABORA: Concello de Carnota.
• Categoria, ano de nacemento e inscricións:
Categoria Ano de nacemento Inscripción
Prebenxamíns 2012 e posteriores 0 €
Benxamíns 2010-2011 0 €
Alevíns 2008-2009 0 €
Infantís 2006-2007 0 €
Cadetes 2004-2005 0 €
Xuvenís 2001-2002-2003 5 €
Senior 1981-2000 5 €
Veteráns 1980 e anteriores 5 €
• Inscricións:
Ata o xoves 8 de Agosto as 23:59 h a traves de Championchipnorte.com. As
inscricións das categorías; Xuvenís, senior e veteráns, terá un custo de 5 euros, e
cadetes, infantís, alevins, benxamíns e Pre-benxamíns non terá custo.
* En caso de non presentarse a proba, non se devolverá a inscrición.
• Datos obligatorios para as inscricións:
D.N.I. con letra, Nome e Apelidos, Data de Nacemento completa, sexo, teléfono
de contacto (se o ten) e mail de contacto (se o ten).
• Premios:
Pre-benxamíns – medalla para todos os participantes.
Benxamíns – medalla para todos os participantes.
Alevíns – trofeo para 1º clasificad@ e medalla para o resto de participantes.
Infantís – trofeo para 1º clasificad@ e medalla para o resto de participantes.
Cadetes – trofeo para 1º clasificad@ e medalla para o 2º e 3º clasificad@.
Xuvenís – trofeo para os tres primeiros clasificad@s.
Seniors– trofeo para os tres primeiros clasificad@s.
Veteráns– trofeo para os tres primeiros clasificad@s.
• Percorridos:
Todas as carreiras saíran e chegarán a Portocubelo.
- 200 m – pre-benxamíns.
- 400 m - benxamíns.
- 1.500 m - alevíns e infantís.
- 3.000 m – cadetes, veteráns.
- 3 000 m - seniors, veteráns.
- 10 km - xuvenís, seniors, veteráns.
• Regulamento:
1. A asociación CANLE será a organizadora da XXVI CARREIRA A PÉ de
Lira.
2. A carreira estará controlada por personal de Championchipnorte e de A.C.
Canle (comité organizador).
3. A asociación e os seus colaboradores non se fan responsables de daños
moráis, fisicos ou materiáis que asi mesmo ou a outras persoas lles
ocasionen os participantes nesta proba deportiva, nin outros que, con motivo
da competición, poidan corresponder ante o seguro da proba ou outra
mutualidade.
4. Todos os participantes, polo feito de tomar a saída, aceptan as presentes
bases e regulamento. En caso de dúbida, decidirá o comité organizador.
5. O descoñecemento destas bases e do regulamento non exime do seu
cumplimento.
6. Os atletas participarán cos dorsais tal e como son asignados pola
organización, estando prohibido cortalos ou dobralos. O número debe de
estar sempre ben visible.
7. Todo corredor que non realice o percorrido completo, que chegue á meta sin
dorsal ou a xuízo da organización cometa algúnha irregularidade, será
descalificado.
8. Os participantes deberán situarse na saída 5 minutos antes do comezo da
proba. Os horarios son os seguintes.
• Prebenxamíns – 19:00h
• Benxamíns- 19:10h
• Alevíns – 19:25h
• Infantís – 19:25h
• Cadetes – 20:00h
• Carreira 3K (seniors, veteráns) – 20:00h
• Carreira 10K (xuvenís, seniors e veteráns) – 19:50h
- NOTA: os horarios das carreiras están libres de sufrir algunha modificación se
se presenta algún imprevisto de última hora.
9. Na carreira de 10K o percorrido estará sinalizado e contará cun
avituallamento na metade do percorrido (Susiños).
10. Na carreira de 3K independentemente da idade recibirán os trofeos os 3
primeiros en cruzar a liña de meta.
11. O control de chegada na carreira de 10K pecharase 40m despois da chegada
a meta do primeiro clasificado.
12. Os trofeos non serán acumulativos.
13. O horario da entrega de trofeos efectuarase da seguinte maneira: as
categorías inferiores (alevíns, infantís e cadetes) as 20.15h e as absolutas (3K
e 10K) (xuvenís, senior e veteráns) as 21:30h. algún cambio estaría suxeito
a decisión do comité organizador previamente comunicado o día das
carreiras.
14. Polo ben de todos, rógase aos participantes, acompañantes e demais publico
que presencie a proba, un comportamento ejemplar cara aos compañeiros,
público, organización en xeral.
15. Todo participante na proba permitirá a divulgación de imaxes desta.
16. Limite de participantes 500 corredores.