Calendario
Info da proba

Condes Albarei-Pazo Baión

14/07/2019 10:30 - 12:30
Regulamento II CARREIRA POPULAR CONDES DE ALBAREI – PAZO BAIÓN
REGULAMENTO:
Domingo 14 de xullo de 2019 ás 10:30h
Organiza:
Adega Condes de Albarei
Lodeco S.L.U.
Patrocina:
Condes de Albarei
Colaboran:
Concello de Cambados
Concello de Ribadumia
Concello de Vilanova de Arousa
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos de axuda. A
non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder facer
ningunha modificación nel.
Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe proporcionado pola organización excepto
para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A participación leva
implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais que a si mesmos
ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia
non contemplada neste regulamento
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
Categoría A……………..nad@s entre 2000 e 2001.
Categoría B……………..nad@s entre 1985 e 1999.
Categoría C……………..nad@s entre 1975 e 1984.
Categoría D……………..nad@s entre 1965 e 1974.
Categoría E……………..nad@s entre 1964 e anteriores
INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina www.championchipnorte.com
Prezo: 10€ Limitado a 400 participantes
Peche de inscricións xoves 11 de xullo
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
-Nome
-Apelidos
-Data de nacemento
-DNI
-Club (no caso de telo)
-Localidade
-Teléfono Móbil
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os datos
requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido:
Saída: Adega Condes de Albarei – Castrelo, Cambados
Meta: Pazo Baión - Vilanova de Arousa
Distancia: 13,5Km aproximadamente
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse
Sábado, 13 de xullo: no Pazo Baión de 11h a 14h e de 16h a 19h
Domingo, 14 de xullo: no Polideportivo de Baión, de 08:00h a 09:30h
Os atletas que o soliciten serán trasladados en autobús dende o Polideportivo de Baión cara a
zona de saída nunha única viaxe ás 9:35
PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
Camiseta conmemorativa do evento, obsequio dunha botella de Condes de Albarei e avituallamento
final para tod@s @s atletas
.
-INFORMACIÓN E RESULTADOS:
Na páxina web oficial da proba: www.championchipnorte.com
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Aparcadoiro: O aparcadorio habilitado e recomendado será no Polideportivo de Baión, nas
proximidades da zona de meta.
.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa habilitado
pola organización no Polideportivo de Baión.