Calendario
Info da proba

Cariño

17/08/2019 18:00 - 19:30
Regulamento REGULAMENTO XI CARREIRA POPULAR CONCELLO DE CARIÑO
Artigo 1. Obxecto.
Con esta proba pretendese crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a poboación,
abandonando o sedentarismo, previndo e reducindo a incidencia das súas enfermidades
asociadas, e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu tempo de ocio.
Artigo 2. Organización e colaboración.
A proba denomínase XI Carreira popular Concello de Cariño esta organizada polo Servizo de
Deportes do Concello de Cariño e colaboran ou patrocinan esta proba Eroski, ABANCA,
Atmosfera Sport e Arthros Fisioterapia.
Vaise celebrar o sábado 17 de agosto, dende as 18:00 ata 21:00 horas, coa saída no Paseo
marítimo de Cariño e o recorrido é de 6400 metros (3 voltas arredor do paseo marítimo). Ademais
vanse celebrar diferentes categorías con distintas distancias a percorrer e que son as seguintes:
CATEGORÍA NADOS/AS DISTANCIA HORA DE SAÍDA
M
E
N
O
R
E
S
Pitufos M/F 2015-2019 50 m. 18:00 Aprox.
Prebenxamín M/F 2012-2014 150 m. 18:05 Aprox.
Benxamín M/F 2010-2011 300 m. 18:15 Aprox.
Alevín- Infantil M/F 2006-2009 1000 m 18:25 Aprox.
Cadete- Xuvenil M/F 2002-2005 2100 m. 18:35 Aprox.
A
B
S
O
L
U
T
A
Sénior M/F 1984-2001 6400 m. 18:50 Aprox.
Veterano/a A M/F 1968-1983 6400 m. 18:50 Aprox.
Veterano/a B M/F 1967 ou antes 6400 m. 18:50 Aprox.
Haberá categorías tanto masculinas como femininas e entregarase medallas ós 3 primeiros
clasificados de cada proba (masculina e feminina). En caso de que algunha categoría quedase
con poucos participantes xuntarase con outra.
Artigo 3. Inscrición.
A inscrición é gratuíta e farase a través do enlace http://populardecarino.galitiming.com rematando
o prazo ás 23.59 horas do xoves 15 de agosto. Os dorsais poderán retirarse o mesmo sábado
na saída (cobertizo do paseo marítimo) ata media hora antes da proba.
Artigo 4. Normas de participación.
Para formar parte desta proba é necesario que todos os participantes acrediten a súa identidade
coa presentación do seu D. N.I. á hora de recoller o dorsal de cada proba.
O comité organizador resérvase o dereito de pechar as inscricións se as razóns organizativas así
o requirisen.
Todos os participantes na proba aceptan o seu regulamento e normativa, formalizando a súa
inscrición con todos os dereitos e obrigacións que lle corresponden. Así mesmo, no momento da
inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que lles incapacite para a práctica
de actividade física e deportiva. Do mesmo xeito aceptan que a organización publique fotos,
imaxes ou calquera outra información nas súas redes sociais e medios de comunicación.
Para participar na proba é obrigatorio o correcto uso do dorsal e chip facilitado en cada proba por
persoal da organización. En caso de non realizar correctamente a colocación do dorsal ou chip
non se garantirá que o resultado sexa correcto.
Artigo 5. Normas de seguridade.
5.1 Seguro de Responsabilidade Civil.
Nesta proba mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus
datos básicos sexan utilizados concello para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos
seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso,
rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico ó Servizo de
deportes do Concello de Cariño: deportes@concellodecarino.gal
A organización asegurará a provisión de bebidas aptas para a práctica deportiva na meta e en
puntos intermedios das probas. Os participantes poden ducharse no polideportivo municipal que
se atopa a 1 km da zona de chegada.
Artigo 6. Regulamento da proba.
1. As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente ao
xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os
resultados.
2. “Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este, falsificar datos
persoais, competir co dorsal o chip/s de outra/s persoa/s”.
3. “Os atletas con licenza federativa terán que atenerse o regulamento de Disciplina
Deportiva en vigor”.
4. “Os atletas con licenza pola FGA deberán competir ca camiseta oficial do seu club”
5. “As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo particular,
sen ser autorizadas polo organizador, no están amparadas polos seguros da proba.
E a organización non se fará responsable dos danos que estás persoas podan causar
o causarse”.
6. “Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de Competición
da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores”.
Artigo 7. Reclamacións.
Establécese un prazo de 24 horas hábiles para realizar calquera reclamación respecto diso do
desenvolvemento da proba. Dita reclamación presentarase por escrito ante o Comité Organizador
presentado cantas probas estime oportunas. Devandito Comité actuará de oficio cando existan
causas que así o permitan e xustifiquen. A súa decisión última será inapelable.
Artigo 8. Cláusulas adicionais.
Primeira: Todos os participantes aceptan a publicación dos seus datos persoais, así como
fotografías da propia organización. Mediante a inscrición o deportista consente expresamente que
os seus datos sexan utilizados pola organización, por cada concello e pola empresa Galitimig
sports para comunicacións sobre as súas actividades.
Segunda: A organización resérvase o dereito de cambiar os percorridos predefinidos, probas
convocadas ou modificar o regulamento se as condicións así o requiren.