Calendario
Info da proba

Teixeiro-Curtis

07/07/2019 10:30 - 12:30
Regulamento II CARREIRA POPULAR E SOLIDARIA AXUDA CONTRA O
CANCRO 11K
O Concello de Curtis, a través da súa Concellería de Deportes, en colaboración coa
Asociación de Axuda contra o Cancro, organizarán o domingo 7 de xullo de 2019 a partir das
10:30 horas, a II Carreira Solidaria de Axuda contra o Cancro que conectará a localidade de
Curtis coa de Teixeiro.
A proba levarase a cabo no Concello de Curtis (A Coruña) e estarán baixo o control técnico
da Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago) . A probas estará suxeita o
seguinte:
REGULAMENTO
1. Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha sola clasificación
conxunta. O control da carreira estará a cargo do Comité de Xuíces da Federación Galega
e Atletismo.
2. SAIDA E META:
A saída da proba será ás 10:30 horas dende a Praza de España na localidade de
Teixeiro, e a meta estará ubicada na Rúa Mestre Eduardo Fariña s/n (diante do pavillón
polideportivo municipal de Curtis).
3. CATEGORIAS DE PARTICIPACION
As categorías de competición serán as seguintes:
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
Sub 20 atletas nados/as no 2000 e 2001
Sub 23 atletas nados/as no 1997, 1998 e 1999
SENIOR atletas nados/as entre 1985 e 1996
MASTER 1 atletas nados/as entre 1979 e 1984
MASTER 2 atletas nados/as entre 1969 e 1978
MASTER 3 atletas nados/as entre 1959 e 1968
MASTER 4 atletas nados/as en 1958 e anteriores
4. DISTANCIAS E HORARIOS
HORA CATEGORÍA DISTANCIA
10:30 h Sub 20, Sub 23, Senior e Máster 11000 m aprox
10:35 h Todas as idades 11000 m aprox
12:15 h ENTREGA DE PREMIOS
5. INSCRICIÓNS
Os participantes deberán realizar a súa inscrición na páxina web www.carreirasgalegas.com.
Máis información na web www.atletismo.gal con data límite o mércores 3 de xullo ás 23:59
horas.
PREZOS DA INSCRICION:
- PROBA ABSOLUTA (de sub 20 en adiante): 5,00 €
- ANDAINA (Todas as idades) 3,00 €
O pago da inscrición poderá realizarase pola pasarela de pago da páxina
www.carreirasgalegas.com.
6. PREMIOS e AGASALLOS
Outorgaranse os seguintes premios:
• Trofeo aos tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no
regulamento da proba.
• Trofeo o/a primeiro/a clasificado/a local da carreira absoluta.
• Trofeo ós/ás tres primeiros/as clasificados/as da proba absoluta
• Agasallo conmemorativo para todos/as os/as participantes.
OS TROFEOS NON SERÁN ACUMULATIVOS
7. RETIRADA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba no Pavillón polideportivo de Curtis da localidade de Curtis de 8:30
h a 9:30 h.
O dorsal-chip entregado deberá levarse en toda a súa extensión, colocado na zona anterior do
corpo e de xeito visible. Todo atleta que entre na meta sen o seu dorsal será descalificado.
8. SERVIZO DE AUTOBUSES:
A organización habilitará un servizo de autobuses que trasladará aos atletas dende o
polideportivo municipal de Curtis (Lugar de chegada) ata a Praza de España en Teixeiro (lugar
de saída), a partir das 9:30 horas.
9. DESCUALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas da competición ou as establecidas nos regulamentos
FGA e RFEA en vigor referentes a probas en ruta, será descualificado a criterio do Xuiz Árbitro
da Competición. TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO
DA COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación dos resultados da
proba en cuestión.
O longo do percorrido, a organización establecerá os controis que estime oportunos estando
autorizados para descualificar a calquer participante que incumpra as ditas normas de
competición ou que cometa algunha irregularidade atentando contra a seguridade individual ou
colectiva durante a proba.
10. Haberá servicio de duchas a disposición dos atletas no polideportivo e ximnasio municipal
de Curtis.
11. Todo o non previsto no presente regulamento, resolverase de acordo co Regulamento da
FGA e RFEA en vigor.
12. A participación implica a total aceptación deste regulamento, e o descoñecemento do
mesmo non exime do seu obrigado cumprimento.