Calendario
Info da proba

Poio

17/05/2019 11:00 - 13:00
Regulamento CARREIRA POPULAR POLA LINGUA - RAXÓ
Lugar, data e horarios da proba:
Venres 17 de maio de 2019
Porto de Raxó – Poio
Probas de menores: 11:00h
Proba absoluta: 12:00h
Organiza:
Sociedade Cultural e Deportiva Raxó
Concello de Poio
Lodeco S.L.U.
Patrocina:
Concello de Poio
Regulamento:
• Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación
dos atletas acompañados.
• O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación nel.
• Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.
A participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
• A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos
morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os
participantes nas carreiras.
• A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento
Categorías:
Probas de menores:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
MiniBenxamín: Nados entre os anos 2012 e 2014 - 300m aprox. NON COMPETITIVA
Benxamín : Nados entre os anos 2010 e 2011…………...…600m aprox.
Alevín : Nados entre os anos 2008 e 2009……………….…600m aprox.
Infantil : Nados entre os anos 2006 e 2007…………………1.200m aprox.
Cadete: Nados entre os anos 2004 e 2005……………….…1.200m aprox.
Proba absoluta:
Poderán participar na proba deportistas nados no ano 2003 e anteriores
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Absoluta……………… todos os participantes.
-Veteranos ……………..nados en 1984 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións gratuítas para todas as categorías na páxina
www.championchipnorte.com
Peche de inscricións o mércores 15 de maio.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
Percorrido proba absoluta: 3,6km
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse o día da proba na carpa da organización sita no Porto de Raxó
de 10h a 11:45h
PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificado/a de cada categoría………..Trofeo
1º/1ª Corredor/a local……………………...…Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que
rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola
organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: os atletas disporán dun avituallamento final sólido e líquido ó
finalizar a proba.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba haberá duchas a disposición dos atletas.
+INFO: lodeco@lodeco.e