Calendario
Info da proba

Riveira

17/05/2019 11:00 - 13:30
Regulamento XVI Carreira Popular Virxe da Guía.
“A carreira de Carreira”
Carreira solidaria a favor de Cáritas Parroquial

Data: Venres, 17 de Maio do 2019.
Hora: A partir das 11:00 h.
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancias: de 80 a 10.000 m.
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e
Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 200 adultos/200 escolares.
Web oficial: https://aavvcarreira.wordpress.com/2019/04/20/xvi-carreira-da-guia-17-05-2019/



A Asociación de Veciños de Carreira, Atletismo Virxe da Guía e o Concello de Riveira, organizan a décimo sexta edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o venres, 17 de Maio na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte:


REGULAMENTO
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES:

CATEGORIA - ANOS DE NACEMENTO

PITUFO: Atletas nados no 2015 e posteriores.
PREBENXAMIN: Atletas nados nos anos 2012, 2013 e 2014
BENXAMIN: Atletas nados no 2010 e 2011
ALEVIN: Atletas nados no 2008 e 2009
INFANTIL: Atletas nados no 2006 e 2007
CADETE: Atletas nados no 2004 e 2005
XUVENIL: Atletas nados no 2002 e 2003
JUNIOR: Atletas nados no 1999, 2000 e 2001
SENIOR: Atletas nados entre 1985 e 1998
VETERÁNS A: Atletas nados entre 1974 e 1984
VETERÁNS B: Atletas nados entre 1964 e 1973
VETERÁNS C: Atletas nados entre 1954 e 1963
VETERÁNS D: Atletas nados no 1953 ou anteriores.
VETERANAS A: Atletas nadas entre 1974 e 1984.
VETERANAS B: Atletas nadas entre 1964 e 1973
VETERANAS C: Atletas nadas no 1963 ou anteriores.

2. HORARIO E DISTANCIA DAS PROBAS
11:00 h. BENXAMINS …… 600 m.
11:10 h. ALEVINS………………. 1.200 m.
11:25 h. INFANTILES…………… 1.200 m.
11:40 h. CADETES……………… 1.800 m.
12:00 h. ABSOLUTA (De Xuvenís a Veteráns ) 10 km.
13:15 h. PREBENXAMINS…………… 120 m.
13:25 h. PITUFOS…………………….. 80 m.

3. INSCRICIONS : A partires do luns, 15/ Abril /2019 e hasta o mércores, 15/Maio/2018, ás 14.00 horas.

› PROBAS ESCOLARES (pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevín, infantil e cadete)

Poderán realizalas a través da web https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/index.php?id=9086
, recheando no cuestionario os datos solicitados.

O tope de inscritos será de 200 atletas escolares.

A inscrición será GRATUITA para estas probas escolares, aínda que se agradecerá a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.


› CATEGORIAS DE ADULTO (xuvenís, junior, senior e veteráns).

As inscricións realizaranse a través da web: https://inscripciones.galitiming.com/inscripcion/index.php?id=9086
O prezo da inscrición será de 6 €.

O tope de inscritos será de 200 atletas adultos.

Agradecerase a aportación de alimentos non perecedoiros, produtos de aseo ou roupa para nenos/as de entre 3 e 7 anos, que serán entregados directamente ós membros de Cáritas que estarán presentes no evento.

Admitiranse inscricións ata o mércores, 15 de maio ás 14 horas, ou ó acadar a cifra tope de inscritos de 200 escolares e 200 adultos. NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.

Os dorsais recolleranse no lugar da saída que estará situada no Campo da Festa (a 80 metros da Capela da Guía), a partir das 9.30 horas e ata 15 minutos antes do comezo de cada unha das probas.


4. PREMIOS
- Trofeo para os 3 primeiros/as clasificados das categorías que compiten na carreira absoluta.

- Trofeo para os tres primeiros clasificados/as nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete.

- Medallas para tódolos participantes nas categorías de prebenxamíns e pitufos.

Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estivera presente, perderá o dereito a reclamalo con posterioridade.

5. AVITUALLAMENTOS :
Auga no km. 5, e líquidos e sólidos na meta.
6. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán recollerse bolsas co número de dorsal pegado no que deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas ata o remate da proba.

7. DUCHAS E APARCAMENTO:
Haberá servicio de duchas no Campo de Futbol A Guía, a 100 metros da liña de meta; e no Polideportivo de A Fieiteira, a 1 km da liña de meta.
Destinarase unha zona de aparcamento gratuito a 150 metros da liña de saída.

8. HOMENAXE:
Este ano a corredora homenaxeada será ALICIA FOLGAR TORRES, quizáis a mellor mediofondista que dou a atletismo ribeirense, varias veces campeona galega de 800 e 1.500 metros .