Calendario
Info da proba

Sadurniño

26/05/2019 11:00
Regulamento 1. DATA.
DOMINGO 26 DE MAIO DE 2019.
2. HORARIOS, DISTANCIAS, IDADES, CATEGORÍAS E CIRCUITOS.
HORARIO DISTANCIA CATEGORÍAS IDADES CIRCUITO
11.00 h. 800m. SUB 14 Masc. e Fem.
SUB 12 Masc e Fem.
Nados/as 2007
Nados/as 2008 e 2009 Circuito 4
11.30 h.
400m
neutralizados+
5 kms.
ABSOLUTA
SUB 14 Masc. e Fem.
SUB 16 Masc e Fem.
SUB 18 Masc e Fem.
SUB 20 Masc e Fem.
SUB 23 Masc e Fem.
SENIOR Masc e Fem.
MÁSTER 1 Masc e Fem.
MÁSTER 2 Masc e Fem.
MÁSTER 3 Masc e Fem.
MÁSTER 4 Masc e Fem.
Nados/as 2006
Nados/as 2004 e 2005
Nados/as 2002 e 2003
Nados/as 2000 e 2001
Nados/as 1997,1998 e 1999
Nados/as 1996 a 1985
Nados/as 1984 a1979
Nados/as 1978 a 1970
Nados/as 1969 a 1960
Nados/as a partir do ano 1959
Circuito 5
12.40 h. 500m. SUB 10 Masc. e Fem. Nados/as 2010 e 2011 Circuito 3
12.50 h. 275m. PITUFOS Masc. e Fem. Nados/as 2012 e 2013 Circuito 2
13:00 h. 75m. BIBERÓNS Nados/as 2014 e 2015 Circuito 1
13:15 h. Entrega de trofeos
3. LUGAR.
Paseo Fluvial do río Xubia de San Sadurniño e Finca A Cortiña (lugar de Bidueiro. San
Sadurniño).
https://goo.gl/maps/r4Xy4J9m3SE2
https://goo.gl/maps/g3totvB78T62
1. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo
(FGA).
2. “Proba oficial da FGA con distancia non homologada”.
3. Carreira pertencente o “VII Circuito Provincial de Carreiras Populares da
Deputación da Coruña”. (Ver regulamento do circuito).
https://www.dicoruna.es/index.php/download_file/20823/13183/ .
4. A proba está aberta a todos e todas os/as atletas federados/as ou non, sen
distinción de sexo ou nacionalidade.
5. Os/as participantes nesta proba deportiva, coas excepcións previstas neste
regulamento, están obligados/as ao cumprimento das normas particulares do
regulamento da proba e ás que nun momento determinado estableza ou
adopte, por seguridade, o responsable da proba ou a autoridade competente.
6. As categorías serán dende biberóns ata máster 4.
7. Cada atleta participa baixo a súa responsabilidade é suponse que dispón dun
nivel de condición física óptimo para afrontala proba.
8. Todas as persoas participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no
peito e terá que ser visible o longo de toda a proba.
9. Todas as categorías, exceptuando as categorías de sub 10, biberóns e pitufos,
estarán controladas con chip.
10. Durante o transcurso da proba, faranse controis de paso en varios puntos do
circuíto que a organización establecerá, polos cales terán que pasar todas as
persoas participantes para non ser descualificadas.
11. As reclamacións deberán ser feitas verbalmente o/a xuíz árbitro, non máis
tarde de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
12. Ningún atleta federado/a poderá competir con outro Club que non sexa o que
figure na súa licenza correspondente. No caso de que se producise esta
situación, o/a atleta será descualificado automaticamente.
13. RETIRADAS E DESCUALIFICACIÓNS:
O servizo médico da competición está facultado para retirar da carreira a
calquera atleta que manifeste un mal estado físico.
A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da F.G.A. que estarán
autorizados a descualificar.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
◦ Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no
peito durante todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
◦ Participar cun dorsal que corresponde a outro corredor/a.
◦ Non pasar polos controis de carreira establecidos.
◦ Non realizar o percorrido de carreira completo.
◦ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
◦ Entrar fóra da hora prevista pola organización como tempo máximo de
duración da proba.
◦ Pretender participar na carreira sen terse inscrito previamente.
◦ Aquela conduta que sexa estimada como antideportiva, sempre que non
sexa motivo de expulsión do circuíto.
◦ Calquera outras de análoga natureza, que a xuízo da organización da
carreira poida ser considerada como conduta antideportiva merecedora de
sanción disciplinaria.
◦ Ser reincidente nalgunha infracción de descualificación de carreira.
◦ Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.
◦ Manter unha actitude groseira, violenta, ou que en xeral atente en contra
do espírito deportivo.
14. Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA (Federación Galega de Atletismo), RFEA (Real Federación
Española de Atletismo) e IAAF (Federación Internacionnal de Atletismo
Amateur) para a presente tempada, así como todo o regulamentado por
instancias superiores.
15. Todas as persoas participantes na proba o fan baixo a súa propia
responsabilidade e polo feito de inscribirse aceptan o presente regulamento.
16. Seguro: Cada participante estará amparado por unha póliza de
Responsabilidade Civil e de accidentes deportivos, excluídos os casos
derivados dun padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis ou
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou dende o mesmo.
Non se permitirá a existencia no percorrido de ningún vehículo alleo á
organización, estando estes últimos debidamente identificados.
17. A organización disporá de SERVICIO MÉDICO E AMBULANCIA dende unha
hora antes do comezo da carreira e ata que finalice a última carreira.
18. Todas as persoas participantes, polo feito de formalizala inscrición, dan o seu
consentimento para que a organización trate informaticamente e con
finalidade exclusivamente deportiva e/ou promocional os seus datos de
carácter persoal, así como a súa imaxe dentro da proba mediante fotografías,
vídeo, redes sociais, etc.
19. En función do número de participantes, a organización poderá establecer
varias saídas para as categorías inferiores.
20. A organización poderá solicitar a documentación, onde conste a data de
nacemento dos participantes. A non aportación desta, poderá ser motivo de
descualificación.
21. Non está permitido o acompañamento en ningunha das probas de ningún
vehículo alleo á organización. Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de
persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches
ou cadeiras de nenos/as, nin correr acompañados destes en ningún momento.
22. A organización resérvase o dereito de modificar o que considere oportuno. O
mal tempo non será motivo de suspender a proba, agás que axa aviso de alerta
vermella e quede suspendido todo tipo de actividade deportiva ao aire libre.
23. Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible colocado
na zona do peito ou que incumpra as normas establecidas no regulamento,
poderá ser descualificado/a.
24. A carreira da categoría absoluta (5Kms) poderase realizar correndo ou
correndo-camiñando, sendo o tempo máximo para realizar a carreira de 50
minutos.
25. En caso de retirada, avisarase ao persoal da organización. No caso de lesión ou
impedimento para regresar polos propios medios á meta, solicitarase axuda á
organización, que xestionará a recollida.
26. Os premios non son acumulativos, exceptuando o premio o/a participante de
maior idade eo 1º clasificado masculino e feminino do Concello de San
Sadurniño.
27. Todas as carreiras estarán pechadas ao tráfico. Na carreira da categoría
absoluta a organización disporá dun vehículo de apertura: Portador do cartel
coa inscripción «Atención: proba deportiva.STOP» cunha bandeira vermella, e
un vehículo de peche: Portador do cartel coa inscripción «Fin de
carreira.CONTINÚE», cunha bandeira verde.
7.1.- REGULAMENTO ESPECÍFICO DA CATEGORÍA DE EQUIPOS (5 kms).
Para participar na categoría de equipos, haberá que cumprir os seguintes requisitos:
• Inscribirse previamente de forma individual na carreira absoluta (5Kms).
• Formar un equipo como mínimo de 6 persoas e sen un número máximo de
participantes.
• Inscribirse como equipo do Concello de San Sadurniño ou como equipo
doutro Concello (son clasificacións excluíntes).
• Correr cunha camiseta identificativa da mesma cor.
• Os equipos teñen que ser mixtos (mínimo 3 mulleres e 3 homes).
• Poñer un nome ao equipo (colexio ..., club...).
• Se o equipo participa como equipo de San Sadurniño, deberá inscribirse baixo
un denominador común (por cursos, pais e nais do alumnado, traballadores/as
de...., pertencer a unha sociedade deportiva cultural, exalumnos/as ....).
• A clasificación por equipos obterase sumando o tempo real da xeral absoluta
dos 6 primeiros (3+3) clasificados/as do equipo (e dicir, os 3 primeiros rapaces
e as 3 primeiras rapazas ou viceversa). O equipo que sume menos tempo é o
equipo gañador. En caso de empate o equipo gañador será o que teña a última
persoa clasificada dos 6 participantes en mellor posición.
• O prezo da inscrición na categoría de equipo non ten custe engadido.
8. OUTRAS OBSERVACIÓNS.
Poderán participar todos/as aqueles atletas que o desexen, por norma xeral, en
competicións do calendario autonómico non porán participar atletas españois con
axuda económica da RFEA.
O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.
Todo o non previsto na presente normativa rexerase polas normas de
competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores.
9. CONTROL E CLASIFICACIÓN.
• A clasificación e a cronometraxe realizarase mediante chip (categorías
Absoluta, SUB 12 e SUB 14) e estará controlado técnicamente pola Federación
Galega de Atletismo.
• Na categoría SUB 10 a cronometraxe será realizada polos/as xuizes da
Federación Galega de Atletismo.
• Nas categorias de biberón e pitufos non haberá clasificación nin cronometraxe,
estará controlado técnicamente pola Federación Galega de Atletismo. Os/as
participantes correrán co dorsal número 1.
A clasificación da carreira poderá ser consultada:
- No lugar habilitado para tal efecto no lugar da carreira.
- Na páxina web do Concello de San Sadurniño www.sansadurnino.gal
- Na páxina web do C.P.I de San Sadurniño
www.edu.xunta.es/centros/cpisansadurnino
- Na páxina web www.evedeportnorte.com
- Na web: www.atletismo.gal; www.carreirasgalegas.com ou ben na páxina
oficial da Deputación Provincial da Coruña www.dicoruna.es
10. INSCRICIÓN.
10.1.- Prezo:
SUB 20
SUB 23
SENIOR
MÁSTER 1
MÁSTER 2
MÁSTER 3
MÁSTER 4
Nados/as 2000 e 2001
Nados/as 1997,1998 e 1999
Nados/as 1996 a 1985
Nados/as 1984 a1979
Nados/as 1978 a 1970
Nados/as 1969 a 1960
Nados/as a partir do ano 1959
4 euros
SUB 18 Nados/as 2002 e 2003 Gratis
SUB 16 Nados/as 2004 e 2005 Gratis
SUB 14 Nados/as 2006 e 2007 Gratis
SUB 12 Nados/as 2008 e 2009 Gratis
SUB 10 Nados/as 2010 e 2011 Gratis
PITUFOS Nados/as 2012 e 2013 Gratis
BIBERÓNS Nados/as 2014 e 2015 Gratis
10.2.- Forma de pago:
A única forma de pago é a través da plataforma habilitada para tal efecto. Na páxina
web www.evedeportnorte.com
10.3.- Devolución da inscrición:
Se algún dos/as participantes decide anular voluntariamente a inscrición, a
organización non devolverá o importe de dita inscrición.
Tampouco devolverase o importe da inscrición se o/a atleta é descualificado.
10.4.- Nº de Prazas:
- Número máximo de prazas na proba absoluta (5Kms) e de 650 atletas
- O resto das categorías sen límite de prazas.
10.5.- Prazo.
- Individual: Ata o Martes 21 de maio
-Categoría de Equipos (5Km): Ata o Martes 21 de maio (Os/as paticipantes
da categoría de equipos terán que inscribirse previamente de forma
individual).
Non se realizarán inscricións o mesmo día da proba.
10.6.- Lugar e forma de inscribirse.
 Incricións individuais:
- Por Internet: https://www.rockthesport.com/es/evento/6-carreira-popularconcello-de-san-sadurnio
- Presencialmente no C.P.I de San Sadurniño (só comunidade educativa do C.P.I
de San Sadurniño).
 Incrición de Equipos:
Presencialmente no CPI San Sadurniño (só comunidade educativa do C.P.I de
San Sadurniño).
Por Internet na páxina web https://www.rockthesport.com/es/evento/6-
carreira-popular-concello-de-san-sadurnio
Na inscrición do equipo haberá que indicar os seguintes datos:
Nome do equipo.
Nome e apelidos de cada participante, indicando o sexo de cada
participante.
Indicar se inscríbese como equipo do Concello de San Sadurniño ou
equipo doutro Concello.
11. RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
A retirada de dorsais e chips realizarase:
 O día anterior de 18:00 a 20:00 horas no C.P.I de San Sadurniño, (Avda.
Marqués de Figueroa, San Sadurniño). https://goo.gl/maps/qwnXKdrzyCx
 En Decathlon Ferrol, Vernes 24 de 19:00 a 22:00 e Sábado 25 de 12:00 a
14:00 horas.
 O mesmo día no lugar da proba:
Haberá unha carpa habilitada para a retirada dos dorsais. O horario de retirada
de dorsais será:
- Carreira Absoluta (5 Kms). De 9:10 a 11:10 horas
- O resto das categorías ata 30 minutos antes do inicio de cada proba.
12. AVITUALLAMENTO.
Na meta colocarase un avituallamento líquido e sólido ó final da proba para todas as
persoas participantes.
13. SERVIZO DE FISIOTERAPIA.
A organización porá a disposición dos/as participantes da carreira absoluta (5Kms) un
servizo de fisioterapia para aquelas persoas que sufran algún tipo de incidente
durante a carreira.
14. APARCADOIRO.
O Concello habilitará unha zoa específica o carón dos circuítos para que tanto as
persoas participantes como o público poidan deixar o coche.
https://goo.gl/maps/c5rAhqYPrfK2
15. DUCHAS.
As duchas e vestiarios para as persoas participantes estarán situadas no Pavillón
Polideportivo Municipal (Avda. Marqués de Figueroa nº 19). Non se atopan no
mesmo lugar da proba.
https://goo.gl/maps/oCw2X4ULcP32
16. GARDARROUPA.
Habilitarase un servizo de gardarroupa no mesmo lugar da carreira.
17. XANTAR.
Para os que desexen reporñer forzas habilitarase un toldo para poder tomar algo ao
rematar a proba.
18. AGASALLOS.
– Agasallo para todas as persoas participantes na carreira popular.
– Agasallo para os 6 primeiros equipos de cada categoría.
19. CATEGORÍAS E PREMIOS.
CATEGORÍAS DISTANCIA PREMIOS
Equipos do Concello de
San Sadurniño 5 Kms. Premio especial para o equipo gañador e
agasallo para os 6 primeiros equipos clasificados
Equipos doutros Concellos 5 Kms. Premio especial para o equipo gañador e
agasallo para os 6 primeiros equipos clasificados
SUB 14 (Nados 2006) 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
SUB 16 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
SUB 18 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
SUB 20 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
SUB 23 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
SENIOR 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
MÁSTER 1 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
MÁSTER 2 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
MÁSTER 3 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
MÁSTER 4 5 Kms. Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino
SUB 14 (Nados 2007) 1.000 m
Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino e medalla para cada
participante
SUB 12 1.000 m
Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino e medalla para cada
participante
SUB 10 400 m
Trofeo para os tres primeiros clasificados
masculino e feminino e medalla para cada
participante
Pitufos 220 m Medalla para cada participante
Biberóns 70 m Medalla para cada participante
Participante de Maior
Idade 5 Kms. Placa ao participante masculino e feminino de
maior idade
Categoría ABSOLUTA
3 primeiros clasificados da
xeral
5 Kms.
Trofeo e agasallo para os tres primeiros
clasificados masculino e feminino
1º Clasificado/a do
Concello de San Sadurniño 5 Kms. Trofeo ao 1º home e á 1ª muller empadroado/a
no Concello de San Sadurniño
20. COMPROMISO.
Cada participante comprométese a:
1.- Aceptar estritamente todos os artigos do presente regulamento.
2.- Aceptar as posibles modificacións da proba as que a organización véxase
obrigada a modificar por causas alleas a súa vontade.
3.- A inscrición da carreira é persoal e intransferible. Non se realizará
devolución do importe da inscrición baixo ningunha causa.
4.- A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido o
compromiso que a continuación se expón: “Certifico que estou en bo estado
físico. Eximo á organización, ós sponsors ou patrocinadores comerciais,
directivos/as, empregados/as e demais persoal organizador de toda
responsabilidade que da participación no evento puidera derivarse tal como
lesión, perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias”.
5.- A organización reservase o dereito a rexeitar calquera inscrición que non
acepte os termos e condicións do evento expostos no presente regulamento.
No caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida no mesmo,
estarase ao que dispoña a organización.
6.- Dar o seu consentimento para que a organización trate
informaticamente e con finalidade exclusivamente deportiva ou
promocional, os seus datos de carácter persoal, así como a súa imaxe
dentro da proba mediante fotografías, vídeo, etc.
21. SERVIZOS OS/AS ATLETAS
A inscrición inclue os seguintes servizos:
• Dereito a participar na proba
• Avituallamento líquido e sólido na meta
• Seguro de responsabilidad civil e de accidentes
• Agasallo
• Gardarroupa
• Aparcadoiro
• Duchas
• Dorsal
• Cronometraxe con chip
• Servizo médico axustándose á normativa legal deste tipo de eventos
• Servizo de fisioterapia
22. OUTROS SERVIZOS
Zona de xogos tradicionais, tanto para os/as participantes na carreira como
para o resto do público.
23. CIRCUÍTOS.
23.1.- Sinalización.
Todos os circuitos estarán balizados e na carreira absoluta (5 Kms) tamén estarán
marcados os puntos kilométricos (cada kilómetro).
Haberá duas saídas. A saída da carreira absoluta (5 kms) e saída do resto de
categorías, ambas saídas estarán sinalizadas cunha pancarta.
A meta será común para tódalas categorías, estará sinalizada cun arco de meta.
Os diferentes circuitos estarán sinalizados con valos, conos, cinta e marcas no chan,
que será retirado pola organización unha vez remate a proba.
Nas categorias inferiores a organización colocará na cabeza da carreira uns ciclistas
que dirixirán e abrirán a carreira e na parte final outros/as ciclistas como peche da
mesma.
23.3.- Vehiculos
Nas diferentes carreiras o tráfico rodado estará pechado. Non está permitido o
acompañamento en ningunha das probas de ningún vehículo alleo á organización.
Nin tampouco con bicicletas, patíns ou de persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos ós participantes.
23.4.- Acceso os circuitos
Só se poderá acceder os circuitos andando, tanto o público como os/as participantes
na carreira.
23.5.- Saídas:
Estarán sinalizadas cunha pancarta
• Todas as carreiras das Categorías inferiores a saída é dende o camiño
principal do arboreto.
• Na carreira Absoluta (5 kms) a saída neutralizada é dende a estrada principal
(estrada 295), metres que a saída cronometrada estará preto do aparcadoiro
do mesón A Granxa.
23.6.- Meta:
Común para todos carreiras. Estará sinalizada cun arco de meta.
24. DESCRICIÓN DOS CIRCUÍTOS.
Haberá 5 circuítos debidamente sinalizados:
Circuito 1: Categoría Biberóns
Circuito 2: Categoría Pitufos
Circuito 3: Categoría SUB 10
Circuito 4: Categoría SUB 12 e SUB 14 (2007)
Circuito 5: Categoría Absoluta
Categorías: SUB 14 (Nados 2006) ata Máster 4
Saída neutralizada (400 metros). A saída será dende a estrada 295, transcorridos 80
metros realízase un xiro cara a esquerda para coller o paseo fluvial do río Xubia ata
preto do aparcadoiro do mesón A Granxa onde estará a pancarta da saída oficial
cronometrada, pasados 125 metros realízase un xiro de 80º á dereita para coller a
estrada de 290, logo de 200 metros por esta estrada realizamos un novo xiro á
esquerda para coller a estrada 291 dirección á fábrica de Intasa, ao chegar á entrada
da fábrica de Intasa realizamos un novo xiro de 90º á esquerda ata chegar á
intersección coa carreteira de Ferreira (CP 7601) onde volvemos a realizar un novo
xiro de 90º á esquerda, para transcorrridos 350 metros por esta estrada volver a xirar
á esquerda para dar unha segunda volta a esta parte do percorrido (puntos A, B, C,
D).
O rematar a segunda volta seguiremos rectos cara o aparcadoiro do mesón A Granxa
e de novo hacia o paseo fluvial. O chegar o final do paseo viraremos 90º á dereita
para coller a estrada 295, os 125 metros realizamos un novo xiro de 90º á dereita para
incorporarnos o camiño principal do arboreto e xa dirixirse a realizar a entrada en
meta.