Calendario
Info da proba

Bóveda

02/06/2019 12:15 - 13:15
Regulamento
XII CARREIRA SOLIDARIA RIO MAO BOVEDA 2019

Data: 2/06/2019
Hora: 11:00 nen@s - 12:15 adult@s
Lugar: Area Recreativa Muiño do Xil. Bóveda
Distancia: 80, 200, 400, 1600, 7400 m
Organiza: Clube Horticelos Aventura
Inscrición: en Champion Chip Norte.

AGRADECEMOS A COLABORACIÓN DE CORREDORES E ACOMPAÑANTES APORTANDO CALQUER TIPO DE ALIMENTO NON PERECEDEIRO QUE SERAN DESTINADOS A UNHA ORGANIZACIÓN HUMANITARIA

REGULAMENTO XERAL

1. PRESENTACION
O Clube Horticelos Aventura organiza o vindeiro domingo 2 de xuño a XII CARREIRA SOLIDARIA RIO MAO BÓVEDA 2019 aberta a todos aqueles corredores que desexen disfrutar da fermosura do noso municipio.

2. ORGANIZACIÓN
• O aparcamento situarase nos arredores do pavillón municipal e do cuartel da Garda Civil co fin de evitar aglomeracións na zona de saída.
• Haberá servicio de duchas a disposición de todos os atletas sito no pavillón municipal.
• A cronometraxe das distintas probas será levado a cabo con medios propios da organización.
• A organización contará coa colaboración dos organismos competentes, que regularán o tráfico ó longo do percorrido.
• Durante o transcurso das probas a organización contará coa presenza na linea de meta dunha ambulancia e un profesional médico.

3. LUGAR
A SAÍDA e META situaránse na Área Recreativa Muíño do Xil

4. INSCRIPCIÓNS

• CARREIRAS NEN@S (1600, 400, 200 e 80 m)
INSCRICIÓN GRATUITA
Para as probas e categorías que van dende Pitufos ata Cadete poderán inscribirse dende a publicación desta nota ata VENRES 31/05/19 ás 20:00 horas
- no correo electrónico a.c.horticelos@hotmail.com ou
- no teléfono 982 400 856 (horario de 10 a 14 h e de 17 a 20 h)

Deberánse facer constar obligatoriamente os seguintes datos:
• nome e apelidos
• data de nacemento
• carreira na que se inscribe
• localidade de procedencia
• un recurso de contacto: teléfono ou correo electrónico

• PROBA ABSOLUTA (7400 m)
COSTE INSCRICIÓN 3 € + 1 kg COMIDA NON PERECEDEIRA
Ata XOVES 30/05/19 ás 24:00 horas na web www.championchipnorte.com (única forma de inscrición).
Se non eres usuario, debes de darte de alta no apartado "REXISTRARSE" e seguir as instruccións para formalizar a túa inscrición.
Non se aceptarán inscricións fora de prazo, con datos incompletos ou falsos

5. RETIRADA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba na zona de Saída/Meta (Area Recreativa) dende ás 10 h ata media hora antes do inicio de cada proba.

6. NORMATIVA
• A todos os participantes facilitaráselles un dorsal que deberán colocar no peito para a súa identificación durante a carreira e chegada a meta.
• Quedarán descalificados os corredores que cheguen á meta sen realiza-lo percorrido completo, quen corra co dorsal de outro participante ou quen falsifique os datos da inscripción.
• Os participantes deberanse colocar na zona de saída 5 minutos antes do comenzo das probas.
• Esta rigurosamente prohibido o acompañamento dos participantes por persoas ou vehículos de axuda. O incumprimento desta norma implicará a descalificación inmediata do atleta.
• Ao longo do percorrido a organización establecerá os controis que estime oportunos e poderán descalificar aos participantes que cometan algunha irregularidade.

7. HORARIOS, CARREIRAS E CATEGORÍAS
Establécense as seguintes 22 categorías tanto pa xénero masculino como feminino, segundo ano de nacemento:

Hora_____Distancia____Categoría_____Desde___Ata
11:00_____1600 m______ALEVIN_________2008____2009
11:00_____1600 m______INFANTIL_______2006____2007
11:00_____1600 m______CADETE_________2004____2005
11:30_____80 m_________PITUFOS________2015____----
11:40_____200 m_______PREBENXAMIN__2013____2014
11:50_____400 m_______BENXAMÍN______2010____2012
12:15_____7400m______XUVENIL_________1989____2003
________________________SENIOR A________1979____1988
________________________SENIOR B________1974____1978
________________________VETERÁNS A_____1969____1973
________________________VETERÁNS B______----_____1968

8. PERCORRIDO
Marcará o percorrido un vehículo da organizacion na cabeza do grupo.
Estará sinalizado cada punto quilométrico.
Haberá un avituallamento líquido á metade do percorrido e outro na meta.
A carreira daráse por finalizada cando chegue á meta o vehículo da organización encargado de ir pechando a proba (non está contemplado un tempo máximo para esto).

9. PREMIOS
Entregarase un trofeo conmemorativo ó primeiro/a clasificado/a en cada categoría e medallas o segundo/a e terceiro/a.
A entrega de trofeos e medallas terá lugar unha vez finalizadas a proba absoluta (13:30 h aprox).

10. DESCALIFICACIONS
Todo corredor/a que incumpla as normas recollidas no presente Regulamento poderá ser descalificado.

11 RECLAMACIONS
A organización e os colaboradores non se fan responsables dos daños morais ou materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira. Por este motivo non se admitirán reclamacións. Todos os participantes, polo feito de toma-la saída, aceptan o presente regulamento e en caso de dúbida decidirá o comité organizador.

Como en anos anteriores, ó finalizar a proba, aqueles atletas, acompañantes ou espectadores que o desexen, poderán disfrutar gratuitamente dunha pancetada.

Clube Horticelos Aventura