Calendario
Info da proba

Ourense - Carreira do Centro

30/06/2019 11:00 - 12:30
Regulamento CARREIRA DE
CORPUS
DOMINGO
30/06/2019
11,00h: Pitufos
11,05h: Benxamín, Alevín
11,15h: Infantil e Cadete
11,30h: Xuvenil, Júnior, Promesa, Senior e
Máster
Rúa do Paseo, Concello, Xoán XXIII,
Progreso, Avda. de Pontevedra, Lamas
Carvajal, Paseo.
As categorías son as seguintes:
CATEGORÍAS ANO DE NACEMENTO
PITUFOS Nados/as en 2012 e posteriores
SUB10 Nados/as en 2010 e 2011
SUB12 Nados/as en 2008 e 2009
SUB14 Nados/as en 2006 e 2007
SUB16 Nados/as en 2004 e 2005
SUB18 Nados/as en 2002 e 2003
SUB20 Nados/as en 2000 e 2001
SUB23 Nados/as en 1997, 1998 e 1999
SENIOR Nados/as en 1996 ata máster
MÁSTER A De 35 a 44 anos
MÁSTER B De 45 a 54 anos
MÁSTER C De 55 a 64 anos
MÁSTER D Maiores de 65
ABSOLUTA
INSCRICIÓN
a) As inscricións realizaranse na páxina web [www.deportesourense.com] facendo constar
todos os datos requiridos no procedemento de inscrición, o que dará dereito á cobertura dos
seguros de RC e de accidentes.
Ojo morado O prazo para inscribirse comeza o día 20 de marzo e remata o mércores anterior a cada
carreira, volvéndose abrir o luns seguinte a cada proba.
c) O límite para as inscricións por equipos poderanse facer ata a data de peche da segunda
carreira.
d) A inscrición no circuíto ten un custe de 7€ (6 carreiras) para as categorías sub18, sub23, senior
e máster. Para as demais categorías será gratuíta.
e) Unha parte da inscrición irá destinada a axudar a un colectivo social. Os/as participantes que
así o desexen poderán facer unha aportación económica a un colectivo social.
f) A inscrición e o dorsal son únicos para todo o Circuíto, por tanto, os/as atletas inscritos/as
nalgunha carreira do Circuíto quedan automáticamente inscritos/as para todas as restantes e
deben conservar o dorsal en boas condicións. É obrigatorio levar o chip na zapatilla e o dorsal
ben visible no peito.
g) Unha vez realizada a inscrición non se devolverá o seu importe.
h) Para as categorías sub18, sub20, sub23, senior e máster é imprescindible que teñan un chip
amarelo de Championchip en propiedade (pódese adquirir no procedemento de inscrición).
Este chip x
6 de 9
k) O chip de préstamo (válido para todas a carreiras desta edición do circuíto) recollerase para a
primeira carreira na que se participe e, obrigatoriamente, terá que devolvelo na última carreira
do Circuíto, na última carreira na que participe ou, por circunstancias particulares, nas oficinas
do Consello Municipal de Deportes de Ourense (CMD), no Pavillón de Deportes dos Remedios,
sita na Avda. Pardo de cela, nº 2, Ourense.
l) Na categoría de pitufos corren sen chip.
m) Ao finalizar o Correndo por Ourense 2019 os/as corredores/as que adquiriron o chip neste
Circuíto:
1) Poden devolvelo nas oficinas do CMD, no Pavillón dos Remedios no prazo de 15
días a partires do luns seguinte á última carreira do Circuíto 2019. Ao remate deste
prazo os/as corredores/as que devolveron o chip recuperarán 6€ que lle serán
devoltos na propia tarxeta coa que se fixo o pago a través tamén da “pasarela de
pago” de Championchipnorte.
2) Poden quedar co chip para futuras edicións do Circuíto ou resto de carreiras
controladas por Championchipnorte.
n) A participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas, rexerase polas
normas recollidas na CIRCULAR Nº: 178/2018: “REGLAMENTO PARA LAS COMPETICIONES DE
CAMPO A TRAVÉS, MARCHA, RUTA, TRAIL Y REUNIONES DE PISTA CUBIERTA Y AIRE LIBRE
2018-2019”
o) http://www.rfea.es/sirfea/ficheros/comunicados/documentos/2018629104429.pdf
p) Aqueles atletas que sabendo da súa imposibilidade para participar nesta proba, proporcionen
datos falsos para poder facelo, serán descualificados.
q) A Organización, de acordo coa normativa RFEA e previo informe da FGA, rexeitará a inscrición
dos corredores federados doutras federacións autonómicas que excedan os límites fixados
pola RFEA para competicións de ámbito autonómico.
r) A recollida presencial dos chips e dorsais realizarase o sábado 4 de maio de 2019 no
Pavillón dos Remedios de 10:00h. a 20:00h. Con carácter extraordinario poderase recoller na
secretaría da primeira competición na que participe dende 90 minutos ata 30 minutos antes
de que empece a primeira proba.
s) O control das inscricións, dorsais, chips, resultados e secretaría será realizado por
procedementos automatizados.
t) Gravarase a chegada para salientar calquera reclamación.
u) Todos os participantes coa súa inscrición aceptan integramente o presente regulamento e
autorizan á Organización para poder facer uso das imaxes, fotografías e/ou vídeos do evento.
7 de 9
CLASIFICACIÓN E PREMIOS
a) A puntuación en cada carreira correspóndese co posto alcanzado na clasificación
(diferenciada entre homes e mulleres), de maneira que os/as que teñan menos puntos serán
os/as primeiros/as clasificados/as.
Ojo morado Todos/as os/as que estén na Clasificación Xeral por participar en 5 carreiras recibirán un
agasallo e os/as tres primeiros/as de cada categoría recibirán un trofeo. Na clasificación
absoluta haberá 2 modalidades:
o Clasificación Xeral Individual: masculina e feminina.
▪ 1º/1ª clasificado/a: Trofeo e 300€ en material deportivo.
▪ 2º/2ª clasificado/a: Trofeo e 200€ en material deportivo.
▪ 3º/3ª clasificado/a: Trofeo e 100€ en material deportivo.
c) Clasificación Equipos mixtos dobres parellas: grupos integrados por 2 homes e 2 mulleres.
Sumaranse os postos dos 4 integrantes e gañará o equipo que menos puntos sume en total.
d) Recibirán Trofeos o 1º, 2º e 3º equipo clasificado.
e) Un corredor non poderá inscribirse en máis dun equipo.
f) Os integrantes dos equipos tamén optan á Clasificación Xeral Individual.
g) Para poder recoller os premios e os trofeos deberase xustificar documentalmente o ano de
nacemento dos atletas por medio de DNI ou documento legal en vigor.
h) A entrega de trofeos (19 h.) e agasallos (de 10 a 20 h.) terá lugar o sábado 16 de
novembro de 2019 no recinto feiral de Expourense, no Salón do Deporte e Turismo Activo
Sportur 2019. En caso de cambio de lugar será comunicado aos/ás atletas con antelación
suficiente.
i) Na categoría de Pitufos, todos os participantes que cheguen a meta recibirán un agasallo en
cada carreira. Poderanse facer varias quendas de saída, a criterio da Organización, para un
mellor desenvolvemento da chegada á meta, a entrega de medallas e a seguridade dos
cativos.
j) Todos os trofeos que non se recollan o día da entrega oficial estarán a disposición dos
corredores na sede do organizador ata 8 días despois. A partir desa data enténdese que se
renuncia a eles.
8 de 9
k) No caso de empate resolverase coa suma de postos na clasificación xeral, resultando
gañador o que menos puntuación obtivera. De persistir o empate será o Comisión Técnica
do Correndo por Ourense quen decida o criterio para resolvelo.
RESPONSABILIDADE
a) É imprescindible estar inscrito/a para ter cobertura dos seguros de RC e de accidentes.
Ojo morado Todos/as os/as inscritos participan voluntariamente baixo a súa responsabilidade e admiten
gozar dun nivel de condición física suficiente para afrontar esta carreira.
c) A Organización:
1) Responsabilízase dos accidentes que se rexistren dentro do percorrido, pero declina
toda responsabilidade en caso de padecemento latente, accidente por abandono do
itinerario establecido ou neglixencia do/a participante.
2) Contará con servizos médicos a disposición dos/as corredores/as e coa colaboración
da Policía Local de Ourense e de Protección Civil nos puntos máis estratéxicos do
percorrido.
3) Recoméndalle aos/ás participantes someterse a un recoñecemento médico previo
coa fin de minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.
4) Non se fai responsable dos obxectos de cada participante, pero disporá no Pavillón
dos Remedios de taquillas, tendo en conta que para o seu uso é necesario traer un
candado.
5) Porá a disposición de todos os participantes duchas e servizos de aseo.
6) Non se fai responsable dos danos que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen
os/as participantes deste circuíto.
7) Non se fai responsable das consecuencias que se deriven dunha inscrición
defectuosa e/ou errónea por parte do/a corredor/a ou en quen delegue.
Molón A Organización prohíbe a utilización de reprodutores de música con auriculares pola
seguridade dos propios participantes nas carreiras
9 de 9
DESCUALIFICACIÓN
a) Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
1) Non seguir a sinalización específica da carreira (vallas, cintas...) ou as directrices do
persoal que intervén na Organización, que irá debidamente identificado.
2) Non completar todo o percorrido ou non pasar os controis.
3) Non levar dorsal ou manipulalo.
4) Falsificar datos persoais, ou a suplantación da identidade.
5) Utilizar vehículos de axuda ou mesmo bicicletas, patíns, carriños de bebé e/ou
similares.
6) Ir acompañado doutras persoas que non sexan participantes inscritos na proba ou
inscritos noutras categorías.
7) Cando continuar a participación supoña un risco para a súa propia seguridade, para
outros atletas ou para o desenvolvemento da proba.
Molón Calquera outra circunstancia non prevista no presente regulamento pero que a
Organización considere que é motivo de descualificación.
RECLAMACIÓNS
a) As reclamacións deberán ser feitas ao xuíz árbitro ata 30 minutos despois da publicación
oficial dos resultados.
Ojo morado Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA,
RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias
superiores.
O presente Regulamento pode ser modificado para a súa mellora por parte da Organización.