Calendario
Info da proba

Ortigueira

25/05/2019 17:00 - 19:30
Regulamento REGULAMENTO XERAL
Art. 1. Os Concellos de Cariño e Ortigueira e a Federación Galega de Atletismo
organizan, o vindeiro sábado 25 de maio de 2019, o I Medio Maratón
Ortegal21k, que será á súa vez Campionato de España de Medio Maratón
Máster 2018/2019 e XXIX Campionato de Galicia de Medio Maratón.
A proba disputarase sobre unha distancia homologada de 21.097,50 metros.
Art. 2. A saída da proba terá lugar ás 17.00 horas desde a Alameda, no Concello
de Ortigueira. Os corredores que o soliciten serán trasladados en autobuses
dende o Concello de Cariño cara á saída en horarios a determinar nunha circular
da proba.
Art. 3. O percorrido consistirá nunha saída desde a localidade de Ortigueira e un
traxecto lineal ata o Concello de Cariño. O circuíto estará homologado pola Real
Federación Española de Atletismo (RFEA).
Art. 4. A carreira estará baixo o control do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo.
Art. 5. O peche da proba realizarase ás 19.30 horas (2 horas e 30 minutos
despois da súa saída). Así mesmo, establecerase un tempo de 1 hora e 15
minutos para o paso polo km 10.
Pasado o tempo límite correspondente tanto ao primeiro tramo da carreira, como
á distancia total, a persoa participante que siga en carreira deberase retirar do
circuíto oficial de competición.
Art. 6. Estableceranse as seguintes categorías de competición do I Medio
Maratón Ortegal21k:
CATEGORÍA IDADE
Sub20 Nados/as en 2000 - 2001
Sub23 Nados/as en 1997 - 1998 - 1999
Sénior Nados/as en 1996 ata 1985
Máster 1 Nados/as en 1984 ata 1979
Máster 2 Nados/as en 1978 ata 1970
Máster 3 Nados/as en 1969 ata 1960
Máster 4 Nados/as a partir do ano1959
Para o Campeonato de España e o Campionato de Galicia realizaranse as
categorías establecidas nas correspondentes circulares do campionato.
Art. 7. As inscricións populares realizaranse a través da pasarela da páxina web
www.carreirasgalegas.com ata o mércores 22 de maio ás 23.59 horas.
A inscrición para os Campeonatos de España e de Galicia realizarase no ligazón
https://isis.rfea.es/sirfea2/
O prezo da inscrición é de 15€.
Art. 8. Informarase proximamente sobre os lugares e horarios para a retirada de
dorsais e a bolsa do corredor.
Art. 9. Os dorsais son persoais e intransferibles e deberán ir colocados de forma
totalmente visible por diante, sen dobreces, e así se deberán levar durante toda
a proba. O chip tamén é persoal e intransferible. O incumprimento deste artigo
será motivo de descualificación sempre a criterio do xuíz árbitro da competición.
Non serán admitidos pola organización corredores/as que non estean
inscritos/as ou corran sen dorsal e chip, ou co dorsal e chip correspondentes a
outra carreira. Impedirase que teñan acceso á carreira en defensa dos dereitos
regulamentariamente inscritos.
Art. 10. A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chop-dorsal. Haberá
puntos de control ao longo do percorrido. As persoas participantes que non
cumpran co paso por todos os puntos de control establecidos poderán ser
descualificadas se así o decide o xuíz árbitro da proba, coa consecuente
eliminación dos resultados finais oficiais.
Art. 11. Instalaranse postos de avituallamento nos kilómetros 5, 10, 15 e meta.
Art. 12. A proba dispoñerá dos servizos médicos conforma a lei vixente para
competicións deportivas.
Art. 13. A organización poñerá a disposición das persoas participantes dun
servizo de transporte entre os dous Concellos, tanto previa á saída como
posteriormente á entrega de premios.
As persoas participantes dispoñen dun servizo de gardarroupa na saída e na
meta, así como servizo de duchas e vestiarios.
Art. 14. Premios individuais: Os/as tres primeiros/as atletas clasificados/as de
cada categoría recibirán unha medalla conmemorativa da carreira. Sendo de
obrigado cumprimento acudir ao protocolo de premiacións. No caso contrario,
non se fará entrega da medalla. Os/As atletas que participen nnos Campionatos,
non poderán optar a ningún premio popular, se non fan o abono da cota da
inscrición popular na carreira Medio Maratón Ortegal21k.
Art. 15. A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e
o Comité Galego de Xuíces da FGA. Todas as reclamacións deberán facerse
directamente ó xuíz árbitro da proba como máximo ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
Art. 16. Os/as atletas participantes no campionato, deberán deberán pasar por
cámara de chamadas con identificación que estará aberta entre as 16.15 e as
16.45 horas. Unha vez rematado este tempo, non se admitirá a participación do/a
atleta agás casos debidamente xustificados. O horario de cámara de chamadas
poderá ser modificado en función do número de inscritos/as.
Art. 17. Todo o non disposto no presente regulamento resolverase de acordo,
por esta orde, ás normas da FGA, RFEA e IAAF.
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos
os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia das leis,
da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo
desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler,
entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en
bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese
derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e
demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus
dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e
tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de
xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña
o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o
corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta
entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de
accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking
popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de
Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de
Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.