Calendario
Info da proba

Gondomar

27/04/2019 18:30 - 21:00
Regulamento 1ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE GONDOMAR

REGULAMENTO DA CARREIRA
1º A Sociedade Atlética Val Miñor organiza o sábado día 27 de a b r i l de 2019 a
“ 1 ª Carreira Popular Concello de Gondomar”, coa colaboración e patrocinio da
Concellería de Deportes do Concello de Gondomar.
As probas de atletismo darán comezo a partir as 18:30 h.
2º Poderán participar cantas persoas o desexen estean ou non federados.
3º O circuíto discorrerá polas rúas de Gondomar para as categorías menores (ata
cadetes inclusive), e polos arredores do Concello para a carreira de (5 km).
4º A orde de saída será a seguinte
HORA CATEGORÍA ANO DISTANCIA
18:30 Sub 16 Femininos/masculinos 2004/2005 2000 m
18:45 Sub 14 Femininos/Masculinos 2006/2007 1.600 m
19:00 Sub 12 Femininos 2008/2009 1.000 m
19:10 Sub 12 Masculinos 2008/2009 1000m
19:20 Sub 10 Femininos 2010/2011 600 m
19:30 Sub 10 Masculinos 2010/2011 600 m
19:40 Sub 8 Femininos 2012/2013 300 m
19:50 Sub 8 Masculinos 2012/2013 300 m
20:00 Pitufos Femininos/Masculinos 2014/2015 100 m
20:30 Carreira absoluta 2003 e anteriores 5 km
21:00 ENTREGA DE PREMIOS
5º Na carreira absoluta haberá as seguintes categorías:
Sub 18 -2002/2003 Femininos/Masculinos Máster B de 45 a 54 anos
Sub 20 - 2000/2001 Femininos/Masculinos Máster C de 55 a anos en diante
Sub 23 -/ Senior 1999 ata Máster F/M Máster A de 35 a 44 anos
Máster A de 35 a 44 anos Máster B de 45 a 54 anos
Máster C de 55 anos en diante
6º INSCRICIÓNS. Será obrigatorio; Nome e apelidos, data de nacemento, localidade,
DNI ou pasaporte, sexo, nº de licenza federativa, teléfono de contacto e nome do club no
caso de non ser independente. O prazo de inscrición remata o 23 de abril de 2019 as
20:00 h.
A organización será rigorosa co período de peche das inscricións. Na carreira absoluta (de
xuvenís a veteranos) a inscrición farase na paxina web: www.carreirasgalegas.com . Esta
terá unha taxa de 5 € que deberá aboar a través da pasarela de pago e cubrir os datos
solicitados no formulario. Nas categorías menores a través da mesma páxina web:
www.carreirasgalegas.com , estas categorías non teñen taxa.
1ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE GONDOMAR
7º Os dorsais e chisps serán entregados o día anterior a proba na praza do Concello en
horario de 18:00 a 21:00 h., e o mesmo día da proba, ata 30 minutos antes da celebración
de cada carreira, debendo os atletas levar o dorsal visible e sen dobreces no peito, e
respectar a publicidade impresa se a houbese durante tódalas probas.
8º Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: Non realizar
todo o circuíto da carreira, non levar o dorsal ou manipulalo, falsificar os datos persoais.
9º A carreira será controlada por os xuíces da federación Galega de atletismo que terán
como máximo responsable o xuíz árbitro. Tódalas reclamacións serán atendidas ata
30 minutos máximo despois da finalización da proba.
10º O peche do control na carreira absoluta, producirase o cabo de 1 hora e 15
minutos do comezo da proba.
11º Premios: Outorgaranse trofeos aos tres primeiros de cada categoría tanto feminina
como masculina e medallas conmemorativas na categoría de pitufos. Haberá agasallos
conmemorativos nas categorías prebenxamíns ata absoluta. Os trofeos non serán
acumulativos.
12º A organización poderá esixir a documentación de todos aqueles participantes que
leven premios.
13º A organización declina toda responsabilidade respecto aos incidentes ou psicolóxicos,
inmediatos ou posteriores, que poidan acontecer aos participantes desta carreira.
14º Haberá un servizo de ambulancia con médico durante todo o evento.
15º Tódolos participantes polo feito de tomar a saída aceptan o presente
regulamento.
16º As reclamacións deberán facerse verbalmente ó xuíz árbitro, non máis tarde de 30
minutos despois da comunicación oficial dos resultados.
17º O non previsto neste regulamento resolverase de acordo co manual da IAAF,RFEA
ou FGA en vigor.
18º Os gastos de desprazamento dos participantes correran do seu cargo.
19º Tódolos atletas durante a carreira estarán cubertos cun seguro de responsabilidade
civil e de accidentes.
20º Haberá servizo de duchas no campo de fútbol Municipal de Gondomar (AS CERCAS)
1ª CARREIRA POPULAR CONCELLO DE GONDOMAR
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil
e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou
sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante
cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de
Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador
e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de
ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.