Calendario
Info da proba

Poio

06/04/2019 19:30 - 20:30
Regulamento I CARREIRA NOCTURNA MÓVETE POR SAN
SALVADOR
REGULAMENTO
Data da proba:
Sábado 6 de abril de 2019.
Lugar e hora de saída:
Parque de Ankar, San Salvador – Poio
Probas de menores: 18:30h
Proba absoluta: 19:30h
Organiza:
Concello de Poio
Lodeco S.L.U.
Patrocinan:
Concello de Poio
Regulamento:
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de vehículos
de axuda. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos atletas
acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen poder
facer ningunha modificación nel.
Será obrigatoria a utilización do chip de cronometraxe suministrado pola organización
excepto para os propietarios de chip amarelo que poden utilizar o seu.
Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións. A
participación leva implícita a aceptación do regulamento da proba.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento
Percorrido proba absoluta:
O percorrido, con saída e Meta nas inmediacións da pista deportiva da Rúa Oliveira
constará de dúas voltas polas rúas próximas ,cunha distancia total aproximada de 4,1 km
Categorías:
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas nas probas de menores:
MiniBenxamín: Nados entre os anos 2012 e 2014 - 500m aprox. NON COMPETITIVA
Benxamín : Nados entre os anos 2010 e 2011…………...…1.000m aprox.
Alevín : Nados entre os anos 2008 e 2009……………….…1.000m aprox.
Infantil : Nados entre os anos 2006 e 2007…………………1.500m aprox.
Cadete: Nados entre os anos 2004 e 2005……………….…1.500m aprox.
Estableceranse as seguintes categorías masculinas e femininas:
-Absoluta……………… todos os participantes.
-Veteranos ……………..nados en 1984 e anteriores.
INSCRICIÓNS:
Inscricións on-line na páxina
www.championchipnorte.com
Poba gratuíta
Peche de inscricións o mércores 3 de abril.
A organización reservarase o dereito de non inscribir a que non cubra correctamente os
datos requeridos e, polo tanto, non deixalo participar na proba.
ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS DE CRONOMETRAXE CHAMPIONCHIP
Os dorsais e os chips de cronometraxe entregaranse o día da proba na carpa da
organización de 17:30 a 19:00
PEMIOS POR CATEGORÍAS
1º/1ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
2º/2ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
3º/3ª Clasificad@ de cada categoría………..Trofeo
Todos os premios son acumulables.
Regalo conmemorativo da carreira e avituallamento final para tod@s @s atletas que
rematen a proba co dorsal correctamente colocado, na zona habilitada pola
organización.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
-Avituallamentos: Avituallamento final sólido e líquido ó finalizar a proba.
-Gardarroupa: todos aqueles que o desexen poderán facer uso do servizo gardarroupa
habilitado pola organización.
-Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos atletas as duchas no
C.E.I.P. Viñas
+INFO: lodeco@lodeco.es