Calendario
Info da proba

Muros

05/05/2019 All Day Event
Regulamento X Carreira do Espíritu Santo



Data: Domingo 05 de Maio do 2019.
Hora: As 11:30 carreira absoluta, a partir das 12:15 categorias menores.
Lugar: No lugar de Campo de cortes, concello de Muros.
Distancia: 8000 metros.
Inscrición: Ata o 2 de Maio. Ver no regulamento.
Organiza: A.C.R.D "O Rumial".


DESCRIPCIÓN
A A.C.R.D "O Rumial", coa colaboración do concello de Muros, organiza a X Carreira Popular do Espiritu Santo, o domingo 5 de Maio no lugar de Campo de Cortes, en Muros.

RECORRIDO
A proba na categoría absoluta contará cun recorrido de 8000 metros, que discorrerá por pistas forestais e asfalto.
O recorrido nesta categoría, estará marcado en cada kilómetro.

INSCRICIÓN
Na páxina web de galitiming.com, ata o xoves 2 de Maio, facendo constar, nome e apelidos, data de nacemento, DNI, localidade de procedencia, e clube en caso de telo.
A carreira é SOLIDARIA e GRATUITA PARA TÓDOLOS CORREDORES.
O prezo da inscrición será de alo menos un dos productos dos que máis necesidade teñen no banco de alimentos de Cáritas (lista máis abaixo) que se entregará no momento de recollida do dorsal. Os productos que se recollan serán doados na sede de "Cáritas" en Muros.
▪Leite
▪Aceite
▪Salsa de tomate
▪Maionesa
▪Papel hixiénico
▪Papel cociña
▪Servilletas
▪Compresas
▪Desodorantes
▪Esponxas
▪Xabón lavadora
▪Suavizante
▪Lexía
▪Fregachans
▪Lavavaixelas
▪Fregonas
Poderase retirar os dorsais ata 30 minutos antes do inicio da carreira.
Todas as persoas que non aparezan o xoves día 2 de Maio nos listados definitivo da web, non estarán debidamente inscritas.

CATEGORÍAS E PREMIOS
- Chupetes, de 0 a 3 anos: (80m)
Medallas para tódolos participantes.

- Benxamíns, de 4 a 6 anos : (300m)
Medallas para tódolos participantes.

- Alevíns, de 7 a 9 anos: (450m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.

- Infantís, de 10 a 12 anos: (600m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.

- Cadetes, de 13 a 15 anos: (1200m)
Trofeos para os tres primeiros clasificados/as e medallas para o resto dos participantes.

- Absoluta, atletas de 16 anos ou máis. (8000m)

Trofeos para os tres primeiros clasficados/as.

- Veterano A: Atletas entre 36 e 45 anos.(8000m)
Trofeos para o primeiro clasficado, e medallas para o segundo e terceiro clasificados.

- Veterano B: Atletas entre 46 e 55 anos. (8000m). Trofeo para o primeiro clasificado, e medallas para o segundo e terceiro clasificados.

-Veterano C: Atletas de 56 anos ou máis. (8000m).
Trofeo para o primeiro clasificado, e medallas para o segundo e terceiro clasificados.

Haberá unha andaina paralela non competitiva co obxetivo de recoller máis alimentos, que conta cunha distancia de 3000 metros.

-A inscrición nesta proba deportiva conleva a aceptación de todo este regulamento.

- A organización contará ca colaboración dos organismos municipais competentes, que regularán o tráfico.

- Será obligatorio lucir o dorsal tal como o facilita a organización. Tamén se deberá portar o chip debidamente atado nos cordóns das zapatillas.

- Será motivo de descalificación correr sen dorsal ou sen chip.

- O rematar a proba haberá un completo avituallamento para tódolos participantes.

- Haberá servizo de duchas no pavillón municipal de "Miraflores".

- Autorizase a organización para a utilización de calquera imaxe obtida durante a proba.

- Dado o espírito deportivo da proba non se admitirán reclamacións.

- Tódolos participantes debidamente inscritos, estarán cubertos por un seguro de responsabilidade civil, e un seguro de accidentes .

- A organización da proba reservase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.