Calendario
Info da proba

Arteixo

01/05/2019 10:15 - 13:15
Regulamento REGULAMENTO XXII CARRERA POPULAR CONCELLO DE ARTEIXO
HORARIO:
10.15 h Prebenxamín 210 metros
10.45 h Benxamíns-Alevíns 960 metros aprox.
11.00 h Infantil-Cadete-Xuvenil 2.800 metros aprox.
11.45 h Participantes en silla de atletismo e handbike
11.46 h Categoría Especial
11.50 h Sénior en diante 11.700 metros aprox.
LUGAR DE SAÍDA: Pazo dos Deportes
CATEGORIAS:
• Seniors (Masculino e feminino) Desde os nados en 1996 ata os 34 anos. Os atletas
junior (nados entre 2000 e 2001) e promesa (nados entre 1997 e 1999) considéranse
sénior nesta proba.
• Prebenxamín: nacidos 2012-2014 Homes e mulleres
• Benxamín: nacidos 2010-2011 Homes e mulleres
• Alevín: nacidos 2008-2009 Homes e mulleres
• Infantil: nacidos 2006-2007 Homes e mulleres
• Cadetes: nacidos 2004-2005 Homes e mulleres
• Xuvenil: nacidos 2002-2003 Homes e mulleres
• Veteranos: A: 35 a 50 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos B: 51 a 64 anos inclusive Homes e mulleres
• Veteranos C: 65 anos en diante Homes e mulleres
• Sillas de atletismo e handbike
• Categoría especial, de 2014 en adiante
A CARREIRA É TOTALMENTE GRATUÍTA. O Concello de Arteixo coa colaboración do Club
Atletismo Arteixo organizan a XXII Carreira Popular Concello de Arteixo na que poderán tomar
parte todas aquelas persoas interesadas. A distancia será de 11.700 metros aproximadamente.
Cada quilómetro do percorrido estará sinalizado. Haberá avituallamentos no quilómetro 6 do
percorrido e ao finalizar a proba. O percorrido das distintas categorías será o seguinte:
Carreira de pre-benxamíns:
• Hora: 10.15 h. Distancia 200 metros
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o
resto de atletas
• Está terminantemente prohibido o acompañamento aos participantes por parte de
persoas alleas á organización da proba. As persoas participantes deberán ser
autónomas na realización do percorrido.
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa. Ao ser unha proba non
competitiva, non haberá clasificación nin trofeos
CIRCUÍTO A (Benxamíns-Alevíns)
• Hora: 10.45 horas Distancia: 960 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias ata Glorieta e volta.
CIRCUÍTO B (Infantís-Cadetes-Xuvenís)
• Hora: 11.00 horas Distancia: 2.800 metros aprox.
2
• Percorrido: Dúas voltas ao seguinte circuíto, saída do Pavillón, Avda. Arsenio Iglesias,
Paseo Fluvial ata entrada na parte posterior da piscina municipal.
CIRCUÍTO C (Senior en diante e sillas de atletismo e handbike)
• Hora sillas de atletismo e handbike: 11.45 horas Distancia: 11.700 metros aprox.
• Hora sénior en diante: 11.50 horas Distancia: 11.700 metros aprox.
• Percorrido: Avda. Arsenio Iglesias, Ponte dos Brozos, Paseo Fluvial, A Ponte do Va, O
Cancelo, O Igrexario, Manoi, Os Laranxos, O Val, Mins, Allán, Ervedins, Marciñado, O
Foxo, A Ponte do Va, Paseo Fluvial, Ponte dos Brozos, Avda. Arsenio Iglesias e
chegada ao Pazo dos Deportes
Carreira categoría especial
• Hora: 11.46 h. Distancia 200 metros aprox
• As inscricións faranse na páxina web www.championchipnorte.com, ao igual que o
resto de atletas
• A organización non dispón de persoal de atención directa ás persoas participantes,
debendo estas ser autónomas ou ter acompañante que axude no desenvolvemento da
proba.
• Todos os participantes recibirán unha medalla conmemorativa
A organización resérvase a potestade de cambiar os percorridos definidos, probas convocadas
ou propoñer a modificación das bases, circunstancias que serán comunicadas ás persoas
participantes coa suficiente antelación.
INSCRICIÓNS:
• As inscricións estarán limitadas a 2.500 participantes no cómputo de todas as
categorías
• Poderanse formalizar gratuitamente e exclusivamente en: www.championchipnorte.com
• MOI IMPORTANTE: A data tope de recepción de inscricións será o xoves 25 de abril,
ás 24.00 horas non admitíndose baixo ningún concepto ningunha inscrición posterior a
devandita data, nin por suposto o mesmo día da competición.
RECOLLIDA DE DORSAIS E CHIPS:
• O martes 30 de abril en horario de 10.30h a 13.30, e de 17.30h a 21.00h, en Sherpani
Outdoor Sports, Av Balneario 31, Arteixo.
• O mesmo día da proba no Pazo dos Deportes ata media hora antes do inicio de cada
competición. Recoméndase chegar con antelación suficiente para evitar colas de última
hora.
• Unha vez finalizada a proba, os participantes non propietarios de chip deberán devolver
o chip que a organización lle facilitou nos lugares habilitados ao efecto. No caso de
perda ou non devolución, deberán abonar á empresa propietaria dos chips o custe dos
mesmos.
• Para a retirada do dorsal, todas as persoas participantes deberán acreditar a súa
identidade á hora de recoller o dorsal, e o chip, de ser o caso, con calquera dos
seguintes documentos oficiais:
o Maiores de 14 anos: DNI, ou outro documento oficial
o Os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do pai/nai/titor/a.
CONTROL DE CHEGADA: A cronometraxe correrá a cargo da Empresa Champion Chip Norte
TROFEOS E PREMIOS:
• Recibirán trofeo os 3 primeiros atletas absolutos clasificados da proba, tanto en homes
como mulleres.
• Os 3 primeiros clasificados en categoría benxamín-alevín, tanto en homes como
mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros atletas clasificados de cada unha das categorías na categoría InfantilCadete-xuvenil, tanto homes como mulleres recibirán trofeo.
• Os 3 primeiros clasificados en cada categoría de veteranos, tanto en homes como en
mulleres, recibirán trofeo.
3
• Trofeo ao corredor/a de maior idade que remate a proba.
• Trofeo ao primeiro/a atleta clasificado/a do Concello de Arteixo, ben que resida no
municipio ou ben sexa natural do mesmo. Para optar a este premio deberá facer
constar na inscrición esta circunstancia (será imprescindible). Para recibir o trofeo
deberá acreditar a súa residencia ou nacemento en Arteixo.
• Poderase esixir o DNI para a entrega de trofeos.
• Farase entrega dos mesmos ao finalizar a proba.
• Os gañadores dos trofeos deberán estar presentes na entrega dos mesmos.
• Todos o nenos e nenas participantes recibirán unha medalla conmemorativa
• Todas as persoas participantes na categoría especial recibirán unha medalla
conmemorativa
• Anunciarase por megafonía a localización e o momento no que as clasificacións de
cada carreira estean colocadas ao público.
• Os/as atletas que non se presenten á recollida do seu premio no momento da entrega
poderán perder o dereito para recollelo. Aquelas persoas que poidan alegar unha
causa xustificada deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes nun
prazo máximo de 15 días desde a realización da carreira, para acordar a entrega
posterior do premio. Cumprido o dito prazo perderán o dereito a recollelo.
• A organización poderá obsequiar con un agasallo a cada participante.
CONDICIÓNS XERAIS:
• A organización da proba resérvase o dereito de modificar o percorrido por causas de
forza maior, así como de aprazar ou suspender a organización dalgunha proba, sen
que exista dereito a reclamar ningunha compensación
• A organización non se fai responsable dos danos morais ou materiais que a si mesmo
ou a outras persoas ocasionen os participantes desta carreira, así como das
neglixencias ou imprudencias que poidan cometer durante o seu transcurso.
• Todas as persoas participantes declaran expresamente non sufrir ningún problema de
saúde que lle impida a práctica deportiva e a disputa desta carreira.
• A organización resérvase o dereito de admisión de aquelas persoas inhabilitadas ou
imputadas por causas que afecten ao espírito deportivo da proba (doping, violencia...)
• Dado o carácter deportivo e popular da proba non se admitirán reclamacións,
esperando o mellor espírito e comportamento deportivo de todos os participantes. A
organización resérvase o dereito de modificar este regulamento se as circunstancias
así o aconsellasen, avisando na medida do posible. O non recollido no mesmo
resolverase segundo o criterio da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A
participación leva a total aceptación do regulamento desta proba.
• O atleta terá a obriga de levar o dorsal claramente visible na camiseta de competición
no momento de disputa da carreira.
• Soamente se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o
seguimento da proba, estando rigorosamente prohibido o acompañamento dos
participantes mediante o uso de vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.
• A organización conta cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes, así como
ambulancia e médico na carreira. Durante a carreira, persoal sanitario seguirá o
desenvolvemento da mesma, para poder actuar no caso de que se precise os seus
servizos.
• A proba contará co apoio de Protección Civil e Policía Local de Arteixo, así como de
voluntarios de diversas entidades de Arteixo.
• Facilitarase servizo de duchas e gardarroupa, que estarán situadas no Pazo dos
Deportes
• Haberá un espazo de ludoteca para os máis pequenos na instalación da Piscina
Municipal. Inscrición en recepción da Piscina Municipal
• Estará a disposición dos corredores e corredoras un servizo de fisioterapia
• Haberá un “coche escoba” para todos aqueles corredores que non estean en
condicións de finalizar a proba
• Os resultados publicaranse nas webs do Concello de Arteixo, así como nas distintas
webs de ámbito deportivo que así o estimen oportuno
4
CATEGORÍA SILLAS DE ATLETISMO E HANDBIKE
Poderán participar en handbike ou silla de atletismo, sendo estas categorías independientes,
todas aquelas persoas que cumpran os requisitos establecidos neste regulamento e que sexan
maiores de idade con discapacidade física que xustifique a súa participación en esta
modalidade. O percorrido será o mesmo que para a categoría sénior
Os atletas deberán presentarse na carpa de control 60 minutos antes do inicio da proba para
pasar o control de material e recibir o briefing da carreira. No control de material revisaranse os
seguintes elementos, que deberán estar homologados e funcionar correctamente: casco,
chasis, banderín de visibilidade, rodas, sistema de freado e sistema de dirección.
DESCUALIFICACIÓNS: A descualificación dun/ha atleta na proba pode ser polos
seguintes motivos:
o Por deterioración física do/a atleta. Nestes casos a decisión será tomada pola
organización da proba a instancias dos servizos médicos dela, e a súa decisión será
inapelable.
o Non levar o dorsal perfectamente colocado en toda a súa extensión (no peito durante
todo o percorrido) ata a súa entrada na meta.
o Non atender as indicacións da organización ou xuíces.
o Entrar fóra do control, previamente establecido, ou non realizar o percorrido completo.
o Non inscribirse na proba.
o Correr co dorsal ou chip doutra persoa ou con máis dun chip. Serán descualificadas
ambas as persoas.
o Por condutas antideportivas ou contra o medio ambiente.
o Realizar a inscrición alterando os datos de forma maliciosa.