Calendario
Info da proba

Vilalba

10/03/2019 12:45 - 14:00
Regulamento III ANDAINA POLA IGUALDADE – VILALBA 2019
REGULAMENTO:
1. O Concello de Vilalba é o organizador da III ANDAINA POLA IGUALDADE.
2. A Andaina terá lugar o domingo 10 de marzo de 2019.
3. A participación está aberta a todas as persoas que o desexen, sendo a inscrición gratuíta.
4. O prazo de inscrición será dende o 25 de febreiro ata o 7 de marzo, ámbolos dous incluídos.
5. As inscricións poderán formalizaranse vía web na páxina www.championchipnorte.com ou
persoalmente na oficina do Centro de Información as Mulleres do Concello de Vilalba.
6. As e os menores de 12 anos deberán ir acompañados por unha persoa adulta.
7. A Andaina transcorrerá por un percorrido circular pechado ao tráfico, por distintas rúas do
centro de Vilalba, tal e como se reflexa no mapa ao final do presente Regulamento e no
seguinte enlace:
https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=15hKzcSaq4EBQA8o2uyMRVghrMCEZKnj&usp=sharing
8. A distancia aproximada da ruta será de 2,5 km.
9. A saída e a chegada serán na Praza da Constitución.
10. A saída será ás 12:45 h. do domingo 10 de marzo de 2019.
11. A recollida de dorsais será o mesmo día na Praza da Constitución dende as 12:00 ata as 12:40 h.
12. A organización porá a disposición das persoas participantes avituallamento líquido ao final da
Andaina; tamén, e cumprindo coa lexislación vixente, as persoas participantes contarán cun
seguro de responsabilidade civil e un seguro de asistencia sanitaria.
13. As persoas participantes deberán aterse ás normas do vixente Código de Circulación, sendo
persoalmente responsables das infraccións que poidan cometer.
14. O mero feito de inscribirse na Andaina, supón a aceptación do presente Regulamento.
15. A organización resérvase o dereito de modificar ou anular o presente Regulamento se as
circunstancias o aconsellan.