Calendario
Info da proba

Santiago

11/04/2019 19:30 - 20:30
Regulamento V CARREIRA UNIVERSITARIA SOLIDARIA CAMPUS
NA NUBE – RUN4MED
O concesionario do Servizo de Reprografía, Edición e Impresión dixital, Campus
na Nube, S.L., da Universidade de Santiago de Compostela e a asociación de
alumnos da USC Run4Med, en colaboración coa Universidade de Santiago de
Compostela, a Fundación USC Deportiva e a Federación Galega de Atletismo,
organizan o XOVES 11 DE ABRIL DE 2019, na zona do Campus Sur da Universidade
de Santiago de Compostela a V Carreira Universitaria Solidaria, (Campus na Nube
- RunForMed), coa finalidade de recadar fondos que axuden a "ASOCIACIÓN DE
FAMILIARES E AMIGOS DE ENFERMOS MENTAIS,FONTE DA VIRXE”.
Esta Asociación traballa coa finalidade de promover a recuperación dos enfermos
mentais, a súa integración social, a mellora da asistencia e a súa calidade de vida, así
como a defensa dos seus intereses e dereitos. A Asociación pretende, por unha
banda, cubrir o baleiro existente de protección deste colectivo, promovendo e
potenciando iniciativas que favorezan a súa integración laboral e social.
Toda a información sobre esta asociación podédela consultar na web
http://www.fontedavirxe.org .
As probas estarán suxeitas ao seguinte:
REGLAMENTO
Nesta esta carreira poderán participar tanto atletas federados como NON federados
das categorías de SUB 16 e superiores (2005 e anteriores).
LUGAR DE SAIDA, HORA E DISTANCIA DAS PROBAS
Todas as categorías sairán ás 19:30 horas da Avenida Antonio R. Ibáñez, a carón
das Pistas de Tenis da Universidade de Santiago, e o punto de chegada será no
interior do Estadio de Atletismo da Universidade de Santiago de Compostela, onde se
habilitará un servizo de duchas e vestiarios para todos os participantes.
A carreira constará de 2 voltas a un circuito para sumar un total de 5,5 km
aproximadamente. A primeira volta serán 2,4 km e a segunda 3,1 km aprox.
2
CATEGORIAS DE PARTICIPACIÓN
Estableceranse as seguintes categorías na proba:
✓ SUB 16 nados/as no 2004 e 2005
✓ SUB 18 nados/as no 2002 e 2003
✓ SUB 20 nados/as no 2000 e 2001
✓ SUB 23 nados/as no 1997, 1998 e 1999
✓ SENIOR nados/as entre 1985 e 1996
✓ MÁSTER 1 nados/as entre 1975 e 1984
✓ MÁSTER 2 nados/as entre 1965 e 1974
✓ MÁSTER 3 nados/as en 1964 e anteriores
INSCRICIÓNS
As inscricións en todas as categorías faranse:
On-line, na páxina web da Federación Galega de Atletismo
www.carreirasgalegas.com . Tamén poderán acceder á mesma a través das webs
www.atletismo.gal . O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o luns 8 de abril
ás 23:59 horas. Deberán rellenar o formulario de datos presente nesta web e realizar
o pago da inscrición pola mesma web.
Presencial, en todos os locais de Campus na Nube ubicados nas Facultades de
Farmacia, Dereito, Psicoloxía, Medicina, Filoloxía, e Económicas con prazo límite o
luns 8 de abril as 19:00 horas.
Dado o carácter solidario da proba en beneficio da asociación mencionada, as
inscricións terán un donativo de 5 euros + 3 euros de gastos de organización. O
citado donativo irá dirixido íntegramente a ASOCIACIÓN DE FAMILIARES E AMIGOS
DE ENFERMOS MENTAIS FONTE DA VIRXE e será entregado públicamente ao
remate da proba na zona de entrega de premios ubicada no Estadio de atletismo da
Universidade de Santiago de Compostela.
Aquelas persoas que non poidan participar na proba e desexen colaborar
altruistamente con esta causa, poderán facer as súas donacións no DORSAL 0 da
inscripción on-line.
3
RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais recolleranse a partir do mércores día 10 de abril no local de Campus na
Nube na Praza do Seminario de estudos galegos, a carón da Facultade de Farmacia
en horario de 08:30 a 19:30 horas, e ate unha hora antes da saída da proba (11 de
abril as 19:30 horas.). Recoméndase chegar con suficiente tempo de antelación para
evitar colas de última hora.
Habilitaráse un servizo de guardarroupa o día da proba, nas instalacións de Campus
na nube para todos aqueles participantes que desexen deixar as súas pertenencias e
nas propias instalacións das pistas de atletismo da Universidade de Santiago de
Compostela.
DESCALIFICACIÓNS
Toda persoa que incumpra as normas da competición ou as reflexadas nos
regulamentos das probas en ruta pola FGA e RFEA será descalificada a criterio do
xuíz/a árbitro/a da competición.
CONTROL DAS PROBAS
O cronometraxe e control técnico das probas correrá a cargo do Comité Galego de
Xuices da Federación Galega de Atletismo que colabora altruistamente con esta
causa. Empregarase un sistema de CHIP-DORSAL para o cronometraxe da proba.
PREMIOS
Ao finalizar as probas farase a entrega dos premios e agasallos das empresas e
entidades colaboradoras.
PREMIOS e AGASALLOS
• TROFEO os 3 primeiros clasificados das categorías establecidas no presente
regulamento así como os / as 3 primeiros / as da clasificación xeral da proba
absoluta.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á
organización; nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na
zona de saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están
facultados para retirar da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado
físico durante o desenvolvemento da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba. Quedan
excluídos os casos derivados dun padecimiento latente, imprudencia ou inobservancia
das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos
producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A
inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais
4
ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo
participante cede os seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de
acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse
e tomar a saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou
de xurdir alguna situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que
dispoña o Comité Organizador e polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu
nome e imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a
xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo caso e tal como establece a lei de
Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación,
cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda.
de Glasgow 13 15008 A Coruña.