Calendario
Info da proba

Barreiros

21/04/2019 11:00 - 14:00
Regulamento BASES “VII CARREIRA POPULAR DAS PRAIAS”
ORGANIZA: Asociación cultural e deportiva Praias de Comado
COLABORA: Café Bar Moderno – Hotel Ría do Masma – Peña Barcelonista San Miguel - Casa
Elena Turismo Rural - Taxi Valea - Pinturas Centeno - Concello de Barreiros - Agrupación
Protección Civil de Barreiros
DATA: 21 de abril de 2019
HORA: 11:00 H. Probas infantiles
12:15 H. Proba adultos
LUGAR: PUNTA ANGUIEIRA – SAN BARTOLO – BARREIROS – (LUGO). Diante Hotel Ría
do Masma.
SAÍDA ADULTOS: Praia de Arealonga, Santiago de Reinante, xunto Restaurante La Yenka.
CHEGADA ADULTOS: Diante do Hotel Ría do Masma
CARREIRAS INFANTILES: En praia de Altar
RECOLLIDA DE DORSAIS: Hotel Ría do Masma (zona meta, antes de coller o autobús), ata 30
minutos antes da carreira na mesa adicada a tal fin diante do Hotel Ría do Masma, en Punta
Anguieira, San Bartolo.
CRONOMETRAXE: Adultos con chip a través da empresa Galitiming.
INSCRIPCIÓNS: Inscripción e información a través da web
www.carreiradaspraias.galitiming.com e www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com
PRECIO : Adultos: 6 €. O día da carreira podería quedar algún dorsal con un precio de 10€. Nenos
ata juvenil, gratuita. O prazo remata o día 19 de abril.
Tfnos: 649 571 360
Datos a aportar polos participantes: Apelidos e Nome, DNI, data nacemento, sexo, tfno. contacto, email.
CATEGORIAS E DISTANCIAS:
- PITUFOS: NADOS 2015 – 2019 / 80 m. Carreira non competitiva.
- PREBENXAMIN: 2012- 2014/ 150m. Carreira non competitiva.
- BENXAMIN: 2010 – 2011 / 400 m.
- ALEVIN: 2008 – 2009 / 600 m.
- INFANTIL: 2006 - 2007 / 1.200 m.
- CADETE: 2004 – 2005 / 1500 m.
- JUVENIL: 2001 – 2003 / 1500 m.
CATEGORIAS ADULTOS – 10 KM
- ALTAR: 1984 – 2000
- LONGARA: 1974 – 1983
- AS PASADAS: 1964 – 1973
- AREALONGA: Nacidos antes de 1964.
PREMIOS:
Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados de cada categoría, tanto masculino como
femenino. Asimesmo haberá premio para os gañadores absolutos masculino e femenino. A
organización ofrecerá obsequios varios e avituallamento ós participantes.
Por tratarse dunha proba deportiva popular non haberá premios en metálico.
PERCORRIDOS:
Os percorridos infantís serán na propia praia de Altar, con varias distancias dependendo das
categorías.
Adultos. Saida na Praia de Arealonga (en Santiago de Reinante, xunto ó Restaurante La yenka) e a
chegada será na praia de Altar, diante do Hotel Ría do Masma.
Existirá un avituallamento líquido a metade de carreira.
Con este percorrido, os participantes pasarán por toda-las praias de mar do Concello de Barreiros,
Arealonga, As Pasadas, Lóngara, Fontela-Balea, Coto, Remior, San Bartolo e Altar. Asimesmo
pasaremos polo Castro de San Miguel de Reinante, carreiros de pescadores e paseo marítimo, algo
que fai esta carreira especial.
VARIOS: A organización poñerá a disposición dos participantes un servicio de autobús para o
desprazamento dende a zona de meta á zona de saida. O servizo de autobuses empezará ás 11:00 h e
remata ás 11:50 h.
Os participantes, se así o desexan, poderán mandar algunha prenda de abrigo dende a liña de saida
ata a meta. Estas prendas, etiquetadas co número de dorsal, entregaranse a un responsable da
organización antes da saida e poderanse recoller na zona de meta á sua chegada, identificándose co
dorsal. Haberá servizo de duchas na zona de meta.
Por tratarse dunha proba deportiva e popular, sen ánimo de lucro, a organización non se fai
responsable dos danos físicos, materiais, morais e de calquer índole que poidan sufrir os
participantes ou os seus acompañantes.
Os participantes deberán levar sempre visible e na parte dianteira o dorsal que facilitará a
organización. En caso contrario poderán ser descalificados, coa conseguinte pérdida de dereitos. Os
participantes deberán pasar por todos os puntos sinalados do percorrido. O incumprimento disto
dará lugar á descalificación do infractor. Os participantes poderán ser descalificados por
comportamento antideportivo ou outro tipo de acción que a organización considere inapropiadas.
Os participantes aceptan o regulamento desta proba, así como autorizan á organización á
publicación de fotografías, vídeos, e clasificacións nas que poidan aparecer. A organización poderá
pedir un documento acreditativo da identidade.
Aseos e aparcadoiro na área de Punta Anguieira.
Os circuitos poderanse consultar na web da carreira.