Calendario
Info da proba

Corme

06/04/2019 20:00 - 21:00
Regulamento REGULAMENTO
1ª POPULAR “FARO RONCUDO”
1º Nome da actividade, número cronolóxico da edición e data de celebración
Nome: 1ª Popular Faro Roncudo.
Edición: Primeira vez.
Data de celebración: 6 de abril ás 20:00 h.
2º Regulamento da proba
a) Horario da proba e categorías establecidas.
Carreira única ás 20:00 h, establecendo as seguintes categorías:
HORARIO CATEGORÍA SUBCATEGORÍA DATA NACEMENTO DISTANCIAS
20:00 h
Carreira adaptada:
Handbike Masculino e feminino Nados no 2003 e anteriores
6,200 km aprox.
Carreira adaptada:
Cadeira de rodas atletismo Masculino e feminino Nados no 2003 e anteriores
Sub 18 Masculino e feminino No 2002 e 2003
Sénior Masculino e feminino Entre 2001 e 34 anos
A1 Masculino e feminino Entre 35 e 45 anos
A2 Masculino e feminino Maiores de 46 anos
A saída da carreira adaptada farase as 20.00 h e ás 20:01 sairán os demais participantes,
exclusivamente por motivos de seguridade.
A entrega de trofeos farase ao rematar a carreira.
Ojo morado Lugar, prazo, inscrición e retirada de dorsais.
As inscricións formalizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o xoves, 4 de
abril ás 23:59h.
Inscribirse supón, por parte do/a participante a declaración de que:
▪ Está en bo estado físico para participar na carreira.
▪ Autoriza e acepta a publicación dos seus datos e fotografías nos medios de comunicación,
internet, etc., para a promoción desta actividade. Calquera persoa inscrita poderá prohibir o
uso da súa imaxe, previa solicitude expresa por escrito.
As/os atletas participantes levarán un chip que controle o tempo invertido na carreira. A retirada
destes chips e de dorsais farase nun espazo habilitado para tal fin, na praza da Ribeira (Corme Porto),
a partir das 18:00 h e permanecerá aberta ata 30 minutos antes do inicio da carreira. Calquera atleta
con circunstancias médicas a ter en conta (alerxia, atencións especiais…) deberá facelo constar no
momento de recollelo dorsal e levarao anotado no reverso do dorsal durante a proba.
ADEMÁIS
▪ Esta proba deportiva ten un carácter aberto e popular, na que poderán participar dende atletas
federados ata persoas as que lle guste correr, dende a idade 16 anos.
▪ Ésta é unha proba oficial da FGA con distancia non homologada.
▪ Os/as participantes inscritos/as estarán cubertos por unha póliza de seguro de accidentes da
Federación Galega de Atletismo e a organización por unha póliza de responsabilidade civil do
concello.
Estarán excluídos os derivados dun padecemento latente, imprudencia, neglixencia inobservancia
das leis, etc., tamén estarán excluídos os producidos por desprazamentos a ou dende o lugar no
que se desenvolva a proba.
▪ Só se permite aos membros da organización a utilización de vehículos para o seguimento e
control da proba, estando prohibido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda, sendo motivo de descualificación.
▪ Toda persoa que participe na carreira sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non
estará cuberta polos seguros da carreira nin poderá participar nos premios.
▪ A organización contará con servizo de ambulancia e médico.
▪ Na metade do percorrido, aproximadamente, proporcionarase a cada corredor/a auga e ao final
da proba auga e unha peza de froita.
▪ Os/as participantes poderán facer uso do pavillón municipal de Corme, para ducharse e/ou
cambiarse a partir das 21:00 h.
▪ A organización resérvase o dereito de decidir sobre calquera aspecto ou circunstancia non
contemplada neste regulamento e o dereito de “modificar ou suspender o que sexa necesario”
por razóns de seguridade.
▪ Os/as participantes que tomen saída na 1ª Popular “Faro Roncudo”, aceptan este regulamento, e
no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non reflectida, no mesmo, estarase ao que
dispoña o comité organizador. Todo o aquí non recollido rexerase polas normas da FGA.
DESCALIFACIÓNS
▪ O servizo médico da competición está facultado para retirar durante a proba a calquera atleta
que manifeste un mal estado físico.
▪ Quen corra por fóra do percorrido ou non o realice completo.
▪ Quen non pase polos controis da carreira establecidos.
▪ Quen non leve o dorsal no peito durante o recorrido.
▪ Quen chegue á meta sen dorsal ou chip.
▪ Quen participe cun dorsal doutro corredor.
▪ Quen entre fóra da hora prevista pola organización da proba.
▪ Facer a inscrición alterando os datos de forma intencionada.
▪ O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
▪ Non atender as indicacións dos membros da organización ou xuíces.
▪ Calquera outra de análoga natureza, que a xuízo do comité poidan ser consideradas como
conduta antideportiva merecedora de sanción disciplinaria.
d) Clasificación e premios.
A entrega de premios farase ao rematar a carreira. Serán premiados os tres primeiros clasificados en
cada categoría diferenciados por xénero.
Levarán un agasallo especial o gañador e gañadora absoluta.
Tamén será premiado o atleta local de maior idade
As reclamacións que haxa ao respecto deberán facerse verbalmente ao xuíz árbitro, non mais tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
3º Croquis preciso do recorrido, itinerario, perfil
A proba terá un percorrido de 6 km 200 metros e unha duración máxima dunha hora. Trátase dunha
carreira popular por asfalto xa que transcorre pola estrada que vai dende a Praza da Ribeira en
Corme Porto ata o Cabo Faro Roncudo (ida e volta).
ITINERARIO
O itinerario é ida e volta pola estrada que vai dende a Praza da Ribeira (Corme Porto) ata o Cabo Faro
Roncudo. Non hai que coller ningún desvío, nin cruce.
➢ A hora de saída será as 20:00 h.
➢ Chegarase ao Faro Roncudo sobre as 20:20 h.
➢ Entrada en meta sobre as 20:45 h.
Peche de meta as 21:00 h
4º. Seguros de responsabilidade civil e de accidentes.
Tódolos participantes inscritos estarán amparados por unha póliza de seguro de accidentes a
través da Federación Galega de Atletismo e a responsabilidade civil será a que hai contratada
polo Concello de Ponteceso.
OUTRAS DISPOSICIÓNS
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o desenvolvemento
da mesma.
SEGURO: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan
excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo. A
inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón: Certifico
que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento
puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á
organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO: Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a
saída na carreira, aceptan o presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir alguna
situación non prevista no mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e
polas normas da FGA, RFEA e IAAF en vigor.
LOPD: Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta.
En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no
futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou
correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.